O VENTOSO 4

Ventoso era un mozo da Gallaecia, que nacera e vivía na aldea de Erboedo. Este xoven  galaico collera unha vella baiuca (taberna) que había na aldea veciña de Coiro. Doulle un novo aire a cociña da terra e a súa sona espallouse por todo o val Brigantino. Un tempo despois  quixo facer unha fonda para cabalos, mais para iso precisaba ben cartos. Din que de Roma daban unhas axudas e el pediunas. Se as cousas lle saian ben, poderíalle dar traballo a mais xentes das aldeas , e así estas non terían que irse as vilas e cidades.

Pero o Demo cruzouse no seu camiño. O xefe das tribos da volta, un galaico-romanizado  chamado Kaseirum, fixo todo o posible para que esas axudas non lle fosen concedidas. E así perdeunas case todas, pero acabou facendo a Fonda das Bestas. Celebrouno  convidando a veciñanza , e tamén foron algúns galaicos-romanizados , entre eles o xefe das tribos locais Kaseirum. Despois das trabas que lle puxo o rapas aínda tivo a coraxe de irse encher , pero claro tiña que facerse ver para cando chegaran as xuntas tribais e ser elixido de novo.

Ese dia un Raio de sol brilou na faciana do Ventoso.