Monthly ArchiveXaneiro 2010



Memória Histórica 29 Xan 2010 04:13 p.m.

RÚAS FEIXISTAS NA LARACHA

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/__ZdhCvxwd0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

No nas queren  e  no nas queren …. quitar !!!.

 O que está claro e que simpatizan co réxime de Franco. E que non veñan con escusas de que “non lle cheghan as cartas os veciños”. E logho cantos veciños viven na Praza do generalisimo?. Preocúpalle  aghora  o cortello que non cheghen as cartas cando está cambiando  todos os anos os números das casas, elimina nomes de lughares que se chamaron así de toda a vida, e tamén troca os nomes de rúas que non lle interesan. Chámanlle “acto vandálico” arrincar a placa da rúa  Carrero Blanco   en  Caión  e despois eles fan apoloxía do fascismo. De quen dou un gholpe de estado contra a República  e fixo unha limpeza de quen non pensaba coma el. Na Alemaña non hai prazas adicadas a Hitler ,na Italia non hai rúas a Musolini, tampouco en Portugal  a Salazar, pero aquí na Laracha témolas a Franco e Carrero Blanco.

No vídeo da sexta, sae unha veciña decindo que tanto lle da Carrero Blanco  coma Lope de Vega, e non me estraña, tanto monta monta tanto. O tal Lope ese foi o que dixo:”Galicia,nunca fertiles de poetas, mas sí de casas nobles,ilustres capitanes y letrados”. Dous animaliños oh!.

Quero rematar coa frase que dixo a excortelleira do PPrrete  da Laracha:

Es que sino lo tenemos que sacar todo”.  ( Mais claro augha, sobran as palabras)

Património 23 Xan 2010 08:35 p.m.

DESTRUEN UN SARTEGHO EN SOANDRES

SARTEGO Soandres-A Laracha

Estes días pasados saían na prensa amigha “ A Rros de Ghalisia “ (facendo  o paripe en Soandres)  a cúpula do ghoberno  local, o señor abade do Priorato (cregho ou como se lle queira chamare) e o director xeral de patrimonio, que resultou ser o ex alcalde do PP de Carballo. Aínda que non ven a conto da ghusto ver como o PP pon a xente cualificada no ghovernno da Xunta. Ten mais idea de patrimonio o noso can que todos estes xuntos.Disque querían coñecer persoalmente o patrimonio histórico Larachés para poñelo en valor.  Alghún día falarei do que desapareceu  e outras desfeitas no Priorato. Hoxe quero falar do sartegho  que se destruíu. A min  tíñame un parecido cunha pedra formosa , mais na ficha de patrimonio está cataloghado coma un sartegho. Nela aparece unha inscrición en latín. Como se pode ver na fotoghrafía non quedou ben parada. E aghora  que pasará?. Cargharan coa culpa os políticos locais que ghovernan, por non protexer e coidar do patrimonio como lles obriga a “lei” ?. Mandaran o cregho para Teixeiro?. Non lles vai a pasar nada. Coma outras veces, cálase  a boca e canto menos se saiba (fale) mellor.

“Total por unha pedra…”

Património 06 Xan 2010 09:11 p.m.

BREOGHAN ERA DO PPeido ??

BREOGHAN 1

Que contentiño ia estar  Breoghán,  aghora que os políticos do  PPeido  tentan  recuperar  O Castro de  MontesClaros . Debeulles entrar a sensibilidade arqueolóxica despois de tantos anos no poder. Pero a realidade non é así . O patrimonio da Laracha leva sufrindo durante anos unha chea  de desfeitas, incluído o dito castro. Sen ir mais lonxe  en dous castros da Laracha, estes meses pasados meteron maquinaria pesada para sacar madeira,  desfacendo parte dos muros. O mesmo lle sucedeu o Castro de Montes- Claros  fai un par de anos pra sacar os alcolitos (por certo que está espeso deles) meteron tamén maquinaria  que fixo desfeitas . Tamén os de Hidroeléctrica Laracha colleron e plantaron un poste da lus de cemento. E para colmo dos males, no plan xeral aparece parte do castro edificable e alghúns  dos terreos que lindan con el. Todo o mundo sabe como se fixo o “flane a quen beneficiaron  as suas partes.  Xa se sabe “ Tu me das cremita, yo te doy cremita ( ou vaselina  seghún…).  Aghora veñen vendendo a moto  e saíndo  no xornal amigho “ A Rros de Ghalisia “  o Kaseiro  e o    Barba-eito, dous ex-cortelleiros de cultura. Desapareceu mais patrimonio estando estes no cortello  que en centos de anos atrás. Estes políticos terían que ir o trullo se se fixera cumplir a “ley” ( que ben eu sei por onde a pasan).

Se  BREOGHAN erghera a cabeza, ía repartir mais OSTIAS que alcolitos hai no Castro de Montes-Claros.