Monthly ArchiveMarzo 2010



Património 25 Mar 2010 08:17 p.m.

DENUNCIAN A CORTELLEIRA DO PP DE GHOLMAR EN PATRIMONIO

Mira ti oh, do que se entera un, e non por ese xornal neutral “A Rros de Ghalisia” ( tan neutral coma estes árbitros de partidos do Real Madrid contra o Racing de Estramil …). Pois o que ia , cheghou os meus oídos a leria do pobo. Disque denunciaron  a cortelleira do PePerrete de Gholmar en patrimonio por facer un cacharuzo pros cans peghado a Casa do Cregho, que está cataloghada coma edificio patrimonial. A verdade é que hai xente que lle pide o corpo leña. A quen se lle ocorre facer un cocho pros cans peghado a un edificio cataloghado por patrimonio, no que a Deputación acaba de inaughurar   “O Museo dos Muiños”. Só lle faltaba meter os cans dentro da Casa Rectoral. E o Cortello que?. Outra ves máis se ve o que lles importa os dos PePes o patrimonio da Laracha. Por certo se o cacharuzo non está con permisos imaxino que menos permisos terá o poste de cemento que espetoú alí Hidroelectrica Laracha. Cacharuzo e poste de cemento, duas novas animaladas contra o patrimonio Laraches.

E como decia “Super-Ratón: No se vayan todavia,que aun hay mas…”. Pero iso será en outro episodio do Cortello da Laracha.

Sen clasificar 07 Mar 2010 04:27 p.m.

COIDADIÑO COS DA “BOCA NEGHRA”

A parroquia de Erboedo, “Os da Boca Neghra”,  e coñecida pola súa bravura. Famosas son as súas liortas entre mozos de Erboedo e Soandres, que os máis vellos acostuman a contar nas tabernas e os días das festas. Os anos pasaron e os de Erboedo pásalles coma a eses volcáns  que botan anos apaghados,  pero o día que menos se pense unha caramuiña prenda a bravura do seu peito e boten fora o lume que levan dentro, coma pasou fai uns días.

Sentin decir que no lughar de Vilar mercaron unha casa uns que viñeron de Pamplona. Estes teñen un fillo ó que  se lle ocorreu  andar cambiándolle os veciños as cousas de sitio (outros chámanlle roubar). Valíalle todo, dende cartos ata motos. E pasou o que tiña que pasar. Unha noite cando o rapas saia a facer das súas, (coma estes veciños que aproveitan a noite para ir cambiar nos marcos das leiras) saíronlle o paso e metéronlle unha boa quenta ou o que é o mesmo, unha boa somanta de ostias e paus a antigha usanza. O rapas disque dicía : “Ya me voy, ya me largo de aquí para siempre….”.

A verdade e que estes da “Boca negha” non andan con contos. Como dicía un veciño meu: “uns bos sopapos a tempo libran a un da roubeta”.