Monthly ArchiveMaio 2010



Sen clasificar 24 Mai 2010 02:43 p.m.

AS LETRAS MADRILEÑAS NA LARACHA

A semana pasada celebrou-se en toda a  Galiza  as Letras Ghaleghas. Ben, en toda non. Na Laracha para non perder a tradizón  voltaron a adicar-llas ao escritor madrileño San Isidro.Ghrande escritor e poeta onde os haxa, si señor. Hai poucos coma el. Para celebrar as letras madrileñas, o cortello convidou a centos de vellos\as a unha papatoria.  Alí na festa os\as  cortelleiros\as  recitáron-lles  os ouvidos alghúns versos dese ghrandioso poeta:

. “La pagha que vos dimos”

. “Que bien alumea la farola en la eira”

. “No voteis a las izquierdas (que se comen los niños y matan a los viejos)

. “Que viva España” .Poema que logho versionou Manolo Escobar, e co que se emocionou a patronada toda.

Pero a cousa non quedou aí. Pra rematar a faena como non,unha exposizón de “manualidades”, que ben podían chamar anormalidades.  Xa de paso poideron   montar un concurso de pallas ou peras que tamén son manualidades digho eu.

Pro ano eu recoméndo-lles que “monten” unhas boas corridas , pero non coma as que fan en Madrid en honor do tal Isidro ese.  Aquí que “monten” outro tipo de corridas…(ben eu penso que non teño que explicar isto das corridas, non? .

Natureza 09 Mai 2010 07:09 p.m.

OS PLATANEIROS (platanus hispanica miller ex münchh)

Os Plataneiros. Así lle chaman na Laracha as árbores que están a veira da estrada  de Torás aos Muíños de abaixo – Coiro. Antigamente habíaos tamén pola estrada xeral, dende o lugar de Cillobre ata o lugar de Santa Lucia. Hai quen recorda cando  facían un túnel natural entre elas. Hoxe xa quedan moi poucas, e as que quedan, teñen que sufrir cada ano unha poda brutal e algunha que outra obra a carón das súas raices que fixo secar varias  .Este ano volveu a repetirse o ciclo de “podamentos”. A quen se lle ocorre podar os plataneiros cando están a botar a flor?. Ademais no plan xeral do cortello aparecen como protexidas. Ista e a maneira que teñen os mandatarios de protexe-los?. É unha magoa que desaparezan ou se traten así estas centenarias árbores orixinarias dos Balcans e o Himalaia. Moito lle queda que aprender a estes políticos de outros de antes. Fai máis de cen anos xa prantaban árbores nas zonas urbanas e hoxe na Laracha, os parques nen teñen erva, nen árbores nin ostias… teñen cemento. “ Eche o que hai oh!”…Por certo pra que carallo lle deixan os cornos eses?, será para espantar  mal de ollo dos do cortello?.

Memória Histórica 02 Mai 2010 09:32 p.m.

Ó 1º DE MAIO NA LARACHA

Em 1 º de Maio comemora-se o início das greves em Chicago (EUA) em 1886 polos trabalhadores, reivindicando a jornada de trabalho de 8 horas. Oito de esses obreiros, anarquistas, forom condenados. Três à prisom perpétua, e cinco a morrer na forca.
Dende a República nom se voltou a comemorar o 1 º de Maio na Laracha. Foram os anarquistas da Laracha que também loitaram polos direitos dos trabalhadores e que em resposta, logo receberam paus e até a morte.
Este sábado nom foi celebrado o dia dos trabalhadores mas sim umha verbena. Incrível! Cada dia hai mais gente no desemprego, por nom falar dos direitos dos trabalhadores que 124 anos despois  as oito horas como nas fagam os funcionários o resto nem  de conha… e o povo pensando nas verbenas.
Os que si o celebrarom, forom a CNT em Vigo, ano do centenário do sindicato anarquista. Da CNT foi também Aveleiras, anarcosindicalista de Cabo Vilanho a quem torturarom antes de matá-lo, por defender os direitos dos trabalhadores. Como diria Aveleiras no centenário da Confederaçom Nacional do Trabalho: “Viva a CNT”