Mira ti oh, que caladiño o tiñan!!.  Aínda se presentou ben xente a praza de auxiliar administrativo no Cortello, pero a ghañadora ( como xa se esperaba) foi ” Eleniña Lópes Barre-ela”. Ghañaría por méritos propios, por enchufe, copiaría ou levaría chuleta os exames ???. Quen sabe. Na 1ª porra do cortello da Laracha, dábase como elixida, e así foi. Din que non é da familia do Kaseiro que só se parecen nos apelidos, pero que queredes que vos digha, eu véxolles que teñen un aire…

Pois a dia de hoxe remata a 1ª porra do cortello da laracha, e o ghañador ou ghañadora de esa fantástica botella de cacique 500(pódese cambiar por unha de licor café) serán unha de estas tres persoas ( aínda que eu tamén acertei, non quero entrar no concurso por si se pensa que fagho chanchullos):

Tacirupeca (1-4-7), Brétema (2-5-8), Litoral (3-6-9)

Pois o sorteo vaia ser da seghuinte maneira. Aos acértantes  adxudiqueilles  uns números.  O  que coincida  co primeiro nº  do cupón dos ceghos de este venres 11 de xuño, tócalle a botella. Se tocara ó “0”, repetiríase o sorteo o sábado. Sorte os participantes.

De tódalas maneiras, eu sigho dicindo que teñen un lixeiro parecido….

(“LITORAL” GHAÑADOR  DA 1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA)