Monthly ArchiveXullo 2010



Natureza &Património 08 Xul 2010 12:05 p.m.

DESFEITOS OS CAMIÑOS DO MONTE DA MEDA

Este inverno pasado os fraghueiros (madeiristas) estiveron cortando nos alcolitos nos montes  da Pedra  da Meda en Soandres e Montemaor, e devido as choivas e a maquinaria que utilizan para quitar a madeira os camiños quedaron todos  desfeitos. Cheghou o verán e os camiños seguen sen amañar. E normal que teñan que sacar a madeira dos montes, pero o que non é normal e que desfaghan os carreiros e logho nos aranxen. Mentres ninghén se fagha cargho  de facelos transitables ( concello ou fraghueiros?) por alí non hai quen pase. Ademais de desfacer os camiños, tamén deixaron alí tirados moreas de latas de bebidas, botellas de plástico e latas de aceites e ghasolina ( algho moi común en eles), cometendo un delito ecolóxico nunha zona de nacemento de fontes.

A Pedra da Meda é a extrema de Soandres e Montemaor, ademais de ser a zona máis alta de Soandres ( 547m.). Alí tamén se divide a comarca de Ordes da de Berghantiños. A Pedra da Meda é unha fermosa pedra da que se contan ben contos-lendas.

No plan xeral do concello da Laracha aparece o lugar sinalado coma unha zona de posibles xacementos arqueolóxicos, i eu dou fe de iso. O concello fai algho o respecto??. NON.

Outro dia falarei deste monte máxico e as súas pedras.

Sen clasificar 03 Xul 2010 06:27 p.m.

PINTADAS EN GHROBA – GHOLMAR

Hai uns días un tal “Dalleavolta”, enviounos unhas fotos ( ó cal aghradecemos) o correo do Cortello, dicíndonos se sabiamos algho de elas. E a verdade e que algho sentimos. 

Disque no lughar de Ghroba en Gholmar, unha parella mercou unha casiña, e xusto nas leiras que están de par deles, van e  fan unhas plantacións de piñeiros. Estes denunciaron, xa que por lei non se pode nin facer plantacións en terreos aghrícolas e menos peghadas as casas. E claro o concello lavase as mans. Ben seghuro que os donos dos piñeiros son votantes do PePe, e os novos veciños como son “venideros”, que lles den.  Se volta o lume, como fai uns anos e lles arde a casa?. Ou e que aghora como están os do PP na xunta non arden os montes?. Non sei non sei se estes serán os do misto e utilízano sempre coma escusa para cheghar o poder.

Que corten os piñeiros de unha ves, porque sen tempo non é. Se non que sexa o pobo o que fagha xustiza.