Monthly ArchiveSetembro 2010



Sen clasificar 28 Set 2010 12:20 p.m.

AQUÍ QUEN CARRALLO TRABALLA?

Xa hai tempo que nós mandaron esta foto, por se nós serbia de algho.  E hoxe secadra é o dia. Mañan é a folgha e fálteme  deus se vai pasar nada. Seghuiran os mesmos vivindo da moca, políticos, reis, condes, patróns explotadores, vividores do conto…. e seghiran os mesmos traballando. Os mesmos de sempre.

A verdade e quen sacou a fotoghrafía reflexa moi ben a realidade da situación laboral que se da neste país. Na foto sae o alcalde da Laracha, concelleiro de obras e patrón coas mans nos petos ( o quentiño) e sen peghar pau. No chan o obreiro “currando”. Daquela preghuntome eu, para que serven os outros tres larpeiros?. Ademais  de non servir son os que máis cobran, e por non facer nada.

Así nos vai, un traballa e tres miran.

Sen clasificar 27 Set 2010 02:11 p.m.

QUEN QUEIMOU A PISCINA DA CARRACHA??

É un secreto a voces. Hai un rumor que é ben coñecido por todos. O día que ardeu a piscina alghuén viu unha misteriosa sombra cunhas  ferramentas entrar na sauna, que foi onde se iniciou  o lume despois.  Casualidade da vida que eses días acabase a concesión da piscina. A sombra tamén a viron na piscina de Betanzos, e que casualidade, alí tamén o lume comezou pola sauna… En Santa Pomba, haberá 9 anos, cando rematou a concesión  hai quen aseghura que unha sombra queimou con ácido as tubarias, e tiveron que levantar a piscina enteira para poñer todas as tubarias. Será un mito, unha superstición, unha  crenza maldita  a visión de esta sombra. Hai quen aseghura que é tan certo que a teñen visto coma que ardeu a piscina. Estarán as piscinas enmeighadas?. Haberá que chamar a un cregho para exorcizalas? ( o de Soandres non que sae moi caro, mellor chamar o de Torás que cuns viños xa se apaña)

O outro día disque se escoitaban berros dentro, coma choros dun neno. O tío Manuel de Leborís  xa dixo que non eran berros se non que era unha ghata que ten Carballido que andaba toda quente a xaneira. Outros disque eran Psicofonias, a sombra que berraba de noite. Haberá que chamar os de Cuarto Milenio para que resolvan este misterio…..

Sen clasificar 24 Set 2010 01:51 p.m.

ROUBOS E TIMOS NA LARACHA

Os roubos non paran. En Montemaior  entraron nunha casa da Ferreira e leváronlle unha televisión destas novas, das planas oh. En Lestón tamén estes días pasados a outro veciño tamén lle levaron a caixa tonta. A un veciño de Peisaco entráronlle tamén na casa e disque  que lle levaron 600 ouros que tiña no peto do pantalón ( carallo pra xente que aghora xa non anda con catro pesos no peto). Tamén un veciño de Erboedo nos enviou unha mensaxe, informándonos dun roubo que alí houbo : “…hai novos roubos en Erboedo,una veciña saíu da casa as 11 da maña pra ir a farmacia na Laracha e voltou as 12 menos vinte cando chegou roubaranlle as xoias todas sen revolver nada e con a súa nai enferma na cama, comentase que ela sospeita do sobriño e do “pillagaliñas ” que o parecer son moi amigos…”

 Ei que carallo pasa na terra dos da Bocaneghra?, como carallo deixades que estes trepas rouben as patronas ?.  Noutra hora isto non pasaba. Eu douvos un consello. Collédelos e atádeslle os pes cunha corda e levádelos a Ponte do Nó . Logho tirádelos no río Ghrande ata que se lle laven ben esas malas ideas. Xa veredes como se lles cura a enfermidade da roubeta.

Hai un par de semanas andou pola parroquia de Lendo un fulano timando  a veciñanza facéndose pasar por un do butano e cambiándolle a ghoma da bombona. E ala paquetazo lle metia aos patróns.

Este mesmo, déuselle por ir facer a mesma operación a Estramil e claro o fulano non sabía onde se metía. Acabárono correndo  os veciños e veciñas cos ghavillos.  A quen se lle ocorre querer timar aos de Estramil, a xente máis brava da parroquia de Torás. Aí Estramil, lume cos timadores!!!

Sen clasificar 19 Set 2010 05:05 p.m.

CORRUPSIÓN EN CAIÓN

Vaia peliculón están a botar no cine. A “peli” discorre nunha vila mariñeira. Un dos casiques locais que é patrón maior da cofradia de mariñeiros da vila, que está confabulado co alcalde do consello, dan un “ ghran pelotaso urbanístico”. Venden terreos da cofradia coa escusa de que van para vivendas para os vesiños e o final resulta que é falso. O que se van a faser alí son vivendas para os ricos. O pelotaso é ben soado. Todo quisque fala del. Leria por aquí, leria por alá, pero só lerias. Daquela aparese como caído do seo o bo da “peli”. Un diretor dun xornal de Ghalisia que lles destapa o entramado que tiñan os corruptos e denúnsiaos a xustiza. Un peliculon, onde se pode ver corrupsión, visio, cochazos…faltan as tipas boismas, pero no ía ter todo. Ide a vela se podedes. Non vola perdades. É da produtora ghalegha “Juan-de-bros” e está nominada os premios do alprende do festival de Cans.

Máis información nas carteleiras:

http://www.sietecruces.com/asociacion/index.php

http://xornalgalicia.es/Article25961.phtml

Sen clasificar 07 Set 2010 11:34 a.m.

DE QUÉN É ESTA BOSTA?

                                                

                                                  BANDO            

                                     DO ARCALDE DA CARRACHA

 

Dende aghora “a nova ordenanza cívica”  prohibe as vacas caghar nos camiños e corredoiras públicas. O dono das infractoras vaille caer unha multa que se vai a caghar pola pata abaixo.

 

                                                O   ARCALDE

 

Aínda que parece unha “coña”, non o é. Estes do PP a cabeciña non lles da pra máis, que copiaron o pé da letra “ a nova ordenanza cívica” do concello de Castro Urdiales ( Cantabria ). Non sei porque non se “irmanaron” con estes e non cos ghavachos xa que lle gustaban tanto as súas leis.  Alí en Cantabria se cadra teñen ben ensinadas as vacas e caghan na corte antes de ir pros pastos.

Xa sabedes labreghos e labreghas, poñede a caghar as vacas ( ovellas, cabras, cochos…) antes de saír da casa, ou poñédelle un caldeiro no cu pra que non caghen nos camiños públicos, se non o arcalde vaivos meter un paquete.

Sen clasificar 02 Set 2010 08:46 p.m.

O CORTELHO GHAÑA UN CONCURSO ANTI-CACIQUIL

O Cortelho da Laracha ghaña o Iº Concurso de Arte Anticaciquil do Subcomandante Marcos da Portela, co fotomontaxe chamado “Liñares na comedeira”. O premio foi de un exemplar de “Catecismo do labregho” de Valentín Lamas Carvajal, unha botella de ron Cacique 500, e 100 exemplares da imaxe ghañadora en papel de peghatina a cor . A botella ímola ghardar para o vindeiro concurso ou porra do Cortelho.  

A fotomontaxe representa  ao alcalde de Cerceda “Liñares”( que ben podía ser outro alcalde de calquera concello caciquil) papando na comedeira. A famosa comedeira da que todo o mundo fala e na que parece que sempre hai que papar.

Boa idea  do concurso  deste bloge-anticaciquil da Comarca de Ordes http://marcosdaportela.blogspot.com/ 

O Arte tamén pode ser denuncia.