Monthly ArchiveOutubro 2010



Escolas e escolantes 29 Out 2010 02:35 p.m.

NOVO PROFE NO AGHRA DE LEBORÍS

A cousa non é de coña.  Esta nova Xunta dos PPes, co conto da “austeridade” teñen os rapaces do Aghra de Leborís  acurrados a moreas de estudantes na mesma clase, por mor de que lles faltan mestres.  Impórtalles un carallo o fracaso escolar e o futuro destes mozos e mozas. Disque non lles queren traer un novo mestre de matemáticas. E os PP da Laracha que?, seica tamén lles importa  un carallo?. Notase que os raparighos non votan. Iso si a “austeridade” ben sei eu por onde a pasan, porque  aghora para traer o PaPa ben que se ghastan máis de 3 millóns de Euros. Eu digho que para sacarlle partido os cartos que se van ghastar en traer a este, que podía polo menos vir de suplente do mestre de matemáticas mentres non traen un novo. Pero mellor pensado val a pena tar sen el non vaia ser o demo e se lle de por darlle máis ca mates…

Sen clasificar 13 Out 2010 06:08 p.m.

1º ANIVERSÁRIO DO CORTELHO DA LARACHA

Un ano do  Cortello

un ano  non é nada…

Quen o diría, algho que comezou sen querer entre un ghrupo de cortelleiros  que ía a botar un aniño.   E moito menos que ía ter tantas entradas. Miles de entradas en menos de un ano, para un bloghe local, animounos a seghir adiante. Saimos en Chuza, Vieiros, Galizalivre,NovasGZ… Temos entradas ata de Franza, Alemaña, Suiza, Arxentina,Italia…  Pero sobre todo de Portughal e de Brasil. O reintegracionismo  ou ghalegho-portughes fai que pobos diferentes se unan a través de unha linghua común.  A verdade e que as miles de entradas non se reflexa nos comentarios que temos. Animámosvos a facer comentarios e tamén a expoñernos calquera cousa que queirades como xa fixeron alghúns veciños.  Nós seghiremos mentres dure falando de caciques, cultura e natureza. Non sabemos  se “Cochiquí” terá tanta sorte coma o famoso cocho Quinín ou se pro San Martiño lle tocará coitelo … quen sabe. O que si sabemos e que hai a quen non lle ghusta nadiña O Cortelho da Laracha. A estes e estas recomendámoslle como terapia o sexo, que fodan ou faghan o amor ( cada un que lle chame como queira) que é moi bo para levar mellor a vida. Tamén poden ir a  cursos de risoterapia  que case  é tan boa coma o sexo, e que axuda a sentirse mellor.

Xa sabedes para levar esta vida mellor practicade o sexo canto poidades e rídevos moito aínda que sexa de vos mesmos. Ah e non vos esquezades de facer comentarios no Cortelho da Laracha

Sen clasificar 06 Out 2010 02:30 p.m.

TRANSXÉNICOS EN CERCEDA

Hoxe imos sacar algho do cortello limítrofe de Cerceda ou tamén coñecido coma “ A Cochiqueira”.  Procuraremos non meternos moito cos arrabaldes do noso cortello, que ben nos abonda co que temos aquí.

Pois resulta que nun pleno as tres mulleres do BNGhaitas, pediron que Cerceda se declara “concello libre de transxénicos”, e que alí non se poideran prantar ou sementar, coma fixera días antes o concello de Mesía.

A moción só foi apoiada por estas tres concelleiras. Os do PPeido e os do PsoEspañol votaron en contra.

A contestación do arcalde, o tal Liñares, foi “que cada quen que prante nas súas leiras o que queira, menos marighuana e coca”. Que “pavero” o Liñares este. Aghora o fume da erva para el é peor que os fumes da merda que se queima alí. Mira ti oh, aghora os do pp e psoe daselles por colocarse con furanos, pcbs, dioxinas e transxénicos…e cubalibres tamén.

Na entrada de  Cerceda tiñan que poñer un letreiro que poña:

“Benvidos a Cochiqueira . Cortello da merda…e libre de marighuana nas beiras dos camiños”.

Património 02 Out 2010 03:15 p.m.

PRANTAN ALCOLITOS NUN “FORNO DOS MOUROS” EN SOANDRES

Hai un mes xustamente, informabamos aquí da desaparición de unha medorra en Montemaor. A de hoxe non é moito mellor. A un dos Fornos dos Mouros de Soandres fixéronlle unha prantación de alcolitos enriba .  En maio o alcalde da Laracha pedía a inclusión de este e outros monumentos arqueolóxicos no Parque do Meghalitismo.

( http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/05/14/0003_8482536.htm )

E claro o xornal amigho “La coz de ghalisia” sácalle todo o que lle mandan os do PP. Pois tanto o señorito do sillón coma os reporteiros debían de espiñar un pouco as pernas  e mirar primeiro cal é o estado destes dolmens. Dende que se fixo o Plan Xeral da Laracha no 2003, ó patrimonio arqueolóxico sufriu unha animalada de aghresións e estes políticos que terían que protexelos non fa nada de nada.

Estes túmulos funerarios, a nosas pequenas pirámides, chegharon ate os nosos días despois de miles de anos e aghora nun abrir e pechar de ollos están a desaparecer. Que carallo nos está a pasar aos ghalaicos e ghalaicas?. Fomos un pobo que sempre respetou o noso pasado, o que nos deixaron os devanceiros. Proba de elo, os milleiros de restos ( castros, medorras, pedrafitas…) A nosa tribo sempre venerou a natureza, viviu con respeto  co medio. Hoxe desaparecen os bosques ghalaicos que antes eran culto para Nós, córtanse e quéimanse. Desaparecen especies que dende o longho dos tempos víronnos camiñar por esta terra, Ghaliza. E a nosa linghua….

Volvémonos avariciosos , soñadores de cartos rápidos, que importa o mañá…?, cando os anterghos nos deixaron para este mañá. Que lle deixaremos aos que veñen?

Este bloghe non durará tantos anos coma ten O Forno dos Mouros, máis mentres dure, aquí quedan os nomes de quen debían coidar que non desaparecera e non o fixeron. Poden poñer os seus nomes nunha placa no Forno dos Mouros que digha: “Quen deberon coidarte e non o fixeron. José Manuel  López  ( alcalde), José Ramón Martinez ( T. alcalde e ex-concelleiro de cultura) e Patricia Bello (concelleira de cultura)”