Monthly ArchiveXaneiro 2011



Clarisadas &Escolas e escolantes 15 Xan 2011 09:08 p.m.

IES Alcalde RAMA BECERRA

Esta é unha historia máis de caciqueo; unha historia, como outras moitas que se poderían contar, sobre aqueles que levan xa unha eternidade mandando na Laracha, eses da ghaviota, e do afán do seu xefe, antes tamén alcalde, por controlalo todo, por satisfacer a súa egolatría e pretensións mafiosas, coa inestimable colaboración de Monchinho de Xoios: o Enviado.

Hai xa doce ou trece anos, cando había que bautizar cun nome ao IES de A Laracha, convocárase unha reunión do Consello Escolar, máximo órgano de decisión do centro para que este decidiría cal ía ser o nome que ía levar aquel instituto que levaba un par de anos xa de funcionamento (e que caía a cachos e se lle inundaban as aulas). O Consello Escolar, para quen non o sepa, é o órgano onde se toman as decisións máis importantes que afectan a un centro educativo, e conta con representantes do profesorado, do alumnado, do resto do persoal (conserxes, limpadores, etc), dos pais e do concello, aínda que neste caso os representantes do concello e dos pais representabano mesmo, sendo unha soa voz en cada reunión, votando a favor das mesmas decisións e apoiando en cada reunión todo o que o alcalde de agora (antes concelleiro de cultura), mandaba. De feito, algún dos representantes dos pais viña ás reunións no coche do agora alcalde, signo inequívoco de que o concello, cando se anunciaban eleccións a representantes dos pais, tiña a uns cantos candidatos ao seu favor que conseguía que gañaran e ocuparan os postos reservados a representantes dos pais de alumnos no consello escolar, co fin de asegurar votos a favor das súas correntes de opinión e ter máis forza no Consello Escolar.

O caso foi, que, nunha iniciativa saída da dirección do centro, e co obxectivo de que todos e todas poideran participar dalgunha maneira na demoninación que levaría o que ata daquela era coñecido simplemente como IES de A Laracha, abriuse, un mes ou dos antes da reunión final na que se lle poría o nome, unha recollida de propostas anunciada entre o alumnado co fin de que o Consello Escolar escollera entre elas. Os alumnos entón comezaron a propoñer diferentes denominacións, como Agra de Leborís, Rosalía de Castro, e outros que o autor deste artigo xa non é quen de lembrar. Os do concello, que ben sabemos que o queren controlar todo, non souberon sin embargo que se abrira un prazo de recollida de propostas que se pecharía uns días antes da reunión definitiva na que o institituo quedaría definitivamente bautizado. Por aquel entón, xa o que fora concelleiro de cultura e represante do concello no Consello Escolar pasara a ser alcalde, e fora sustituído polo señor Monchiño de Xoios, que era o novo concelleiro de cultura e representante do caciquismo no Consello Escolar.

Antes das reunións, enviábase unha carta á casa a tódolos representantes dos diferentes colectivos coa orde do día, isto é, os puntos que se ían a tratar e, conseguintemente, os temas sobre os que se ía decidir. Os do concello, co Clariso xa na sombra, manexando fíos por detrás, e o que fora representante do concello no Consello Escolar xa de alcalde, enteráronse de que o punto principal da orde do día era a decisión sobre o nome que levaría o instituto, e, inocentes eles, descoñecedores de que houbera un proceso democrático de presentación de propostas, chegaron co seu nome para propoñer na mesma reunión, que non podía ser outro que o do alcalde vello: Alcalde Rama Becerra. Moncho de Xoios foi o encargado de presentar unha proposta que respondía ao más feroz caciquismo e á egolatría dese tipo mafioso que popularme é coñecido como O Clariso.

Chegado o momento da reunión, procedeuse a votar sobre os nomes que se postularan como propostas de posibles denominacións para o instituto, e ahí foi cando o señor Moncho de Xoios espuxo a súa proposta de Alcalde Rama Becerra, e tentou, por non ter tempo a manipular a reunión a gusto, que esta decisión se adiara, ante a perspectiva de que non había maneira posible de que a súa proposta tivera éxito. Algo tiña entre mans, algo que tiña que planificar e que na mesma reunión non era quen de levalo a cabo. Para empezar, a maioría dos profesores eran partidarios de votar xa sobre as propostas feitas de antemán, e repetían que o prazo de presentación de propostas estaba pechado e polo tanto había que votar sobre as xa existentes. Monchiño, visiblemente nervoso, acojonado, por dicilo dunha maneira máis clara e fiel ao seu estado, interrumpía constantemente, obviaba os argumentos dos demais, e tentaba forzar que a decisión sobre o nome do IES se pospuxera para outra reunión. Ao fin, e vendo que esa estratexia era un fracaso, o discurso mudou co fin de que a proposta Alcalde Rama Becerra fora aceptada na mesma reunión e puidera ser votada. Esperanza tiña, pois os tres representantes dos pais –un deles o actual concelleiro de obras- sabía que ían estar do seu lado, e sumado ao seu propio voto, eran catro votos á mesma denominación, sobre un conxunto de cinco ou seis propostos e dez ou doce persoas na reunión. Os profesores vían a xogada e a maioría eran contrarios a que se aceptara como proposta válida para votala, pero certa profesora alcumada “a conexa” polo alumnado, seguramente simpatizante dos da ghaviota, foi a primeira en pórse a favor de incluír Alcalde Rama Becerra nas propostas a votar: “Dejémosle, si al final los que tenemos que decidir somos nosotros”. Alguén, representante de alumnos por aquel entón, dixo que “que fixera ese tipo pola cultura, que vagaxe tiña para mercerse estar ao lado doutras propostas de personaxes relevantes da cultura”. Entón, puxo dacordo ao demais representantes de alumnos, que parecía que ao lonxe vían a xogada, para votar á mesma denominación, que era a que máis lóxica tiña: Agra de Leborís, por estar ubicado o insituto na zona coñecida como Leborís. Tamén a unha parte dos representantes dos profesores lles parecía a máis axeitada e orixinal, pois Rosalías de Castros ou nomes doutros escritores xa hai moitos centros educativos que se chaman así. Segundos antes de votar, a man alzada, a cara de Moncho era un poema: vermella, non controlaba os nervios, e inda sendo aceptada a súa proposta, insistía en que o mellor era posponer a decisión sobre o nome, erre que erre.

A votación levouse a cabo. Como era de esperar, os tres representantes dos pais e Moncho de Xoios votaron a favor de que o instituto se chamara Alcalde Rama Becerra. Os tres representantes de alumnos votaron a favor de Agra de Leborís, e sen mal non recorda quen esto escrebe, dous ou tres profesores tamén votaron a favor de tal proposta, co cal, o instituto foi bautizado aquel día con nome co que hoxe o coñecemos, que no fondo, é o máis lóxico. A cara de Moncho de Xoios, cobarde mandado, era dun tono voioláceo; non dicía verba, parecía perdido, seguramente abstraído nas presións que recibira para que o insituto levara o nome do mafioso do alcalde vello. Con final feliz, asistimos os que alí estivemos a unha maniobra bochornosa que, sin embargo, non nos estraña aos que estamos acostumados a saber como funcionan as cousas neste concello. Moncho, o cobarde chaqueteiro, foise co rabo entre as pernas, abochornado e avergoñado da súa propia actitude que provocaba unha mestura de noxo e vergoña allea, alucinación nunha parte dos profesores, que sin emabargo, non foron quen de respostarlle con contudencia e botar para atrás as súas pretensións. Os progres é o que teñen, ás veces, pasánse de tolerantes e rematan por rendirse ás pretensións do inimigo. Así imos como imos.

Sen clasificar 09 Xan 2011 05:44 p.m.

Moreas de ostiazos nunha curva do Ramallal – Gholmar

Dende que  comezaron a estrada que vai dende Torás á Silva  xa non se contan os coches que se escarallaron por mor das obras da estrada.  Quen non recorda ó lote de buratos que botaron tempo e tempo. Cantas rodas,  amortighuadores e coches se escarallaron alí?.  Non nós val a escusa que que se queremos algho temos que aghuantar… Estes días pasados pedíronnos se podiamos informar sobre a morea de accidentes que  está a haber nunha curva desta estrada a altura do Ramallal na parroquia de Gholmar. Disque nunha soa tarde esnafraronse alí catro coches, aparte de outros que foron outros días Descoñecemos se o motivo é por culpa de cómo fixeron a curva ou se é do firme da estrada. O que si está claro e que non é normal que haxa tantos accidentes xuntos nun mesmo sitio e menos en tan pouco tempo nunha estrada nova. Por culpa dos erros dos técnicos que deseñaron a estrada ou da empresa, aghora ten que pagar a xente que perderon  alí os coches. Por sorte aínda non houbo ninghunha morte, pero coma sempre ten que haber mortes para que en verdade se fagha algho. Disque dende o concello se enviaron cartas a De-puta-ción… Isto é de risa. Que si uns que si outros e quen pagha os problemas é  o pobo. Que á arranxen dunha ves e se deixen de pasar a pelota os do concello aos da De-puta-ción e que miren polos veciños.

Sen clasificar 04 Xan 2011 06:36 p.m.

O QUEIMA-PALLOTES

Xa informaramos aquí de que lle prenderan lume al alpacas de herba seca  e tamén a  unha chousa dunha veciña do Campo de Trixezo. Pouco tempo despois prendéronlle lume ao Coto de Trixezo.  Non hai moitos días queimáronlle a un veciño dos Bidueiros  uns rolos de herba seca, que tiña nun pallote na Brea da Alta de Soandres. Outro día queimaron un “contenedor “ da varredura en Bocixa. Tamén se fala que en Golmar queimaron outro pallote.  Moita casualidade de que lle prendan lume máis ou menos na mesma zona. Máis o paxaro que anda prendendo no lume vai caer… tarde ou cedo. E ademais de caer … vanlle caer … e ben delas. Porque os veciños xa están ata o carallo. A ninguén lle chove os cartos do ceo. Agora terán que mercar  máis herba para darlle o gando no inverno. As autoridades fan algo?. Si están nas tabernas controlando que ninguén se salte a lei do tabaco. Pois non hai que ser moi listos para dar co pirómano. Aquí imos dar algunhas pistas para pillalo,(aínda que no podemos probar xa que no vimos cos mistos nas mans… e ata que non se teña probas non se pode condenar … ) .

Ten nome dun personaxe da serie dos Simson. Fáltalle media fervedura… Non é de lonxe dos lumes.

Máis pistas para o vindeiro episodio.

Sen clasificar 03 Xan 2011 08:10 p.m.

Rouban a porta da traída de augas de Paiosaco

Aproveitando a noite levaron a porta da traída de augas de Paiosaco esta fin de semana. Sospeitase duns moinos que andan polas noites pola zona. Estes foron vistos as tantas da noite polos Bidueiros e polo Campo de Trixezo. Disque van nunha furgoneta branca (C15 ??). Será a mesma que intentou entrar no bar O Estanco de Soandres. Non sabemos. Ben seguro que hai máis roubos pola zona, pero moitas veces non son denunciados pola veciñanza. Tamén roubaron os parafusos das vías do tren no Cotaredo en soandres. Alí disque viron uns morenos que andan normalmente o ferro…

Sen clasificar 01 Xan 2011 04:52 p.m.

…e a CABEZA NON PARA !!!

Ei xente xa estamos aquí de novo. Ben seghuro que a alghúns e alghunhas xa lles parecía que o cortello pechara a cancela. Pois non oh. O que pasa e que pillamos unhas (merecidas cremos nós) vacacións. Repuxemos forzas para seghir nesta andaina cultural-ecoloxista e tamén anti-caciquil. E xa temos “mono” de falar do Kaseiro, Barbaeito, avoghados defensores, Klariseiros… Ademais xa se uniron máis informantes a redacción do cortello… Este ano meteremos novas categhorías . E coma xa dixemos outras veces animádevos a  comentar ou a mandarnos calquera cousa para comentar ou denunciar ao noso correo electrónico ocortelhodalaracha@gmail.com  Saúdos a todas e a todos…… e lembrade   “A cabeza non para!!