Monthly ArchiveFebreiro 2011



Memória Histórica 23 Feb 2011 05:48 p.m.

CONCELLEIRAS FRANQUISTAS NA LARACHA

Fai unhas semanas os do BNGhaitas   volveron a sacar a proposta para a retira da Rúa Carrero Blanco en Caión e e a praza do Generalisimo Franco en Torás. E outra vez o mesmo, o PP levantou o brazo EN CONTRA de que se sacara. En novembro do 2009 o alcalde afirmaba na televisión que ían a cumprir a lei da memoria histórica”

 ( http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/2009/11/24/65/ ), pero a lei pasouna polo forro. Pero bueno alá el, hoxe non vai a ser o protagonista do artigo, xa lle tocará outro día. Hoxe son elas, as concelleiras, as que tamén ergueron a man para aprobar que non quitaran o nome das rúas.  Dóeme especialmente o que lle pasou as mulleres no Franquismo, toda a represión que pasaron é inexplicable en poucas liñas, máis quería contalo.

“Lo llevaron a  bautizar y no me lo devolvieron. Yo reclamaba el niño, y que si estaba malo, que si no estaba. No lo volví a ver”. Este é o testemuño  de Emilia Girón que dou a luz  no hospital da cárcere de Salamanca, en 1941. O seu único delito ser irmán de un guerrilleiro.

Este é un dos 30.000 casos de nenos roubados no franquismo a familias non afectas ao réxime.

O rapto converteuse en legal pola orden do 30 de marzo de 1940 que daba a patria potestade ó Estado. O Xeneral e médico Vallejo Nájera, formado na Alemaña e ideólogo do réximen, afirmaba que era necesario “ extirpar el gen marxista” e recomendaba o traslado dos nenos a hospicios  para “ la eliminación de los factores ambientales que conducen a la degeneración”.

Moitos nenos eran de presas que nada máis dar a luz eran fusiladas. E tamén o seu único delito defender a República que fora votada polo pobo “ó 14 de abril de 1931”.

Nais acenadas nas cárceres  cos seus fillos, mal nutridos, cheos de piollos,sarna … morrían a moreas. Moitas embarazadas ían para os conventos e despois de dar a luz, as monxas ou curas levábanlle as criaturas e dábanllas en adopción a ricos, militares….

A igrexa tamén cortaba o bacallau en hospicios, maternidades, carceres… “ Desde los cinco años, todos los días  nos levantaban a las 5h. de la mañana para ir a misa. Los domingos venían familias y las monjas nos ponían en fila y decían  ` me gusta ese´, y se lo llevaban. Un día me toco a mi… mi madre se suicidó”. Isto  contábao Victoriano Ceruelo.

Hoxe, 70 anos despois a igrexa ten todos os datos nos seus arquivos e ningunha lei lles obriga a abrilos. 

Juana Capdevielle era a muller do gobernador civil da Coruña cando o golpe de estado dos fascistas. Contaba con 35 anos de idade. Permaneciu ao lado do seu home os primeiros días. Logo ela estivo agachada na casa duns amigos en Culleredo. O seu home, Francisco Pérez Carballo foi fusilado. A ela collerona e matarona o 19 de agosto de 1936 nun monte en Rábade Lugo. Recibiu varios tiros no peito e na cabeza. Estaba embarazada. Os asesinos nin tiveron a humildade de darlle unha carta que o seu home lle escribirá minutos antes de que o mataran. A familia conserva esa carta que di:

Juana:

Has sido lo más hermoso de mi vida.
Donde esté y mientras pueda pensar, pensaré en ti. Será como si estemos juntos. Beso tu anillo una vez cada día. Te quiero

Paco

Para Juana Capdevielle, mi querida esposa.
Viernes, 24 de Julio de 1936, cinco de la madrugada

Na Laracha tamén houbo represión, sobre todo violacións por parte dos falanxistas, da que falarei se me deixan algún día, por suposto sen dar o nome das vítimas.

Quero rematar, pedíndolle a estas mulleres concelleiras da Laracha, que a vindeira ves que levanten a man para aprobar que o nome da praza do concello continue chamandose Generalisimo Franco, se acorden de Juana Capdevielle; de eses nenos roubados a súas nais; de esas mulleres que tiñan esas criaturas na súa barriga que nada máis nacer roubabanlla coa vida tamén. Que pensen na dor que tiveron que pasar,se poden pensar claro, porque a min non me da a cabeza para pensar canto sufrimento tiveron que pasar.

Ah e dende aquí quero decirlle, coma diría un andaluz, ole os vosos collóns ou ovarios, a quen arrincou a placa da Rúa Carrero Blanco en Caión e a quen pintou a placa de Franco na praza do concello.

 Nada máis.

Clarisadas 13 Feb 2011 08:09 p.m.

CLARISOLIX, o ghalaico que cambiaba os marcos das leiras

Non fai moito atopouse nunha escavación arqueolóxica na Laracha, restos de unha pedra cunha inscrición co nome dun cacique ghalaico. Falan os libros de historia que ese cacique de pequeno caera no pote das remillas pros cochos. As remillas, que eran de enghorde, en ves de matar o rapás déronlle unha pillaría fora do normal ( descoñecese se daquela xa se inventaran as remillas transxénicas). Dende aquela déuselle por andar cambiando nos marcos das leiras. El dicíalle a nai:  “miña nai eu quero ser marmolista”. “Ti as ser xastre que da máis cartos” respostáballe a nai. E así foi. O cativo acabou sendo aprendis de xastre; vendedor de recibos pra enterrarse nos dolmens que daquela era o que se levaba; encarghado dunha fabrica de ladrillos de un cacique romano chamado Epifanius. Pero as consecuencias do pote de remillas non curaran, e a pillaría ia á  máis . Clarisopolis acabou  roubándolle  carros de ladrillos a Epifanius.  Epifanius  soubo que  lle roubaba, e en ves de botalo díxose: “ Este é listo coma un allo . Ei no  poñer de alcaldex e alí pode pillar o que queira e tamén me bota unha man a min. Non pago un puto peso de impostos a Roma e contamino o que queira sen que o concellux me diga nada. E así foi.

Mentres no seu novo traballo, Clarisolix descubriu a súa verdadeira vocación, “politicus-mangantis”. Non daba feito. O que aprendera de rapas, cambiar nos marcos, pero esta ves eran leiras. Daban moitos máis beneficios. Poñía unhas en zona verde e logo mercáballas por menos cartos do que valían. Acababa de inventar a re-calificación e tamén o monopolix. Compraba, compraba, compraba… Non vendía, non vendía…  Edificaba, edificaba … Cobraba cartos por atrás… Pero no fondo botaba de menos o seu soño de ser marmolista, e non se lle ocorreu outra cousa que comezar a poñer placas de marmore en tódalas fontes, ríos de lavar… todas co seu nome: “ Esta obra foi feita sendo alcaldix  O Clarisolix. MMXI.” Acabou sendo o home máis rico do concellux.

E despois din que a historia é aburrida. Isto daba pra unha película ou unha serie de varios capítulos. E se a fai Santiagho Seghura xa seria a ostia, pra flipar…..

Sen clasificar 13 Feb 2011 04:04 p.m.

CONSTRUÇONS PANTASMA NA CALVELA – GOLMAR

Que agochara o paissano debaixo da saia? Quanto misterio … mira que 
mesmo se achegarom
a tomar nota a policia municipal e a garda civil do Seprona … e, 
como se lhe colheram
medo ao assunto, nada passou; ali seguiu tapado este anticipo de 
monumento a corruptela continuada,
ate que …
 
nom, nom, ilussos nom;  no cortelho sabem destas cousas mais nom lhes
estarrecem; fam como que nom vem, ademais nom hai nada que ver, nom? 
Bem tapado que esta
por todos lados e pola passividade ou complicidade dos que aspiram 
algum dia em ter participar tamem na ganga da
construçom pantasma. Seica che e de espabilado: para parvos, os que 
pidem pernissos e respeitam as normas.
 
A ver por que, hominhos coma istes, nom vam poder construir o que lhes 
pete, como lhes pete, quando lhes pete, ainda que seja zona de 
proteçom agricola na Calvela … Como se fora enriba dumha mamoa! Nom 
e del a leira, mais a auga, mais a cuneta, e as vistas … ? mais o 
que se lhe ponha por diante.
 
Mais o tempo soe ponher as cousas no seu sitio … e a natureça
botou-lhe abaixo o refaixo …. a ver se poidera botar outra mao para 
lhe tirar a careta aos
artistas que nom se vem na foto. Aos que se vem da-lhes igual, nom ha 
de haver careta que os faga
bons.
 
Os interssados em novas praticas arquitectonicas podedes passar a ver 
a evoluçom do monumento ao disparate urbanistico, e de balde. Seica os 
artistas decidirom retirar o que ficava de telom estes dias.
 
Bem mereceria umha placa dissas tam nossas e tradicionais do tipo “foi 
inaugurado as agachadas, pola comenencia duns poucos e coa beizom do 
grande cacique”.