Monthly ArchiveMarzo 2011



Clarisadas 12 Mar 2011 06:11 p.m.

O CORRUPTO II

Esta fin de semana tocou ir ao cine coa churri. Antes de ver a peli  collemos un caldeiro de folerpas de millo e un litrazo de refresco de cola, a rutina de sempre. Pois nada, vimos un peliculón  (seghún as súas amighas).  Peliculón decian elas… vaia tostón de película. Pero a quen se lle ocorre ir ver unha historia da mafia italiana. Pero si os italianos as únicas películas boas que tiñan, eran aquelas de Jaimito nas que facía de paloias  e nas que saia sempre unha tipaza que che facía subir o libido ata … E tamén como non esas da Chicholina…  bueno eu estas  teño sentido falar de elas eh, hahaha. 

A primeira parte disque era moito mellor ca seghunda ( nunca seghundas partes foron boas) que había máis ostias, corrupción e tias boas, claro. Bueno vou resumir un pouco a historia, así afórrovos o traballo de ir a vela.

É a continuación da que contaba a historia dun aprendiz de xastre, Clarisini, que   cheghara a ser xefe da camorra e tamén o máis rico dun pobo italiano. Este mafioso sacara da rúa a un rapas de unha familia humilde chamado Lope-tuso Varelini. Este mozo fillo de unha familia de esquerdas e simpatizante de un partido nacionalista aceptou traballar para el a cambio de non facer o servizo militar. Co vello aprendeu tódalas mañas habidas  e por haber sobre a corrupción, branqueo de cartos … Un dia tivo tivo que poñerse a fronte da camorra, xa que ao vello estábanlle pisando os pes a xustiza. O vello aínda que retirado, seghía tirando dos fíos por atrás, máis pouco a pouco o novo padriño foise desmarcando do patrón . E cheghoulle o seu dia. Fixo un plan urbanístico a súa medida e os dos seus secuaces.  O políghono industrial aparte de poñelo onde tiña terreos outro mafioso colegha de el, un tal Epifanini, estaban case peghados a onde a súa familia tiña terreos de pouco valor económico. Para disimular, no primeiro proxecto nos incluíu,pero para sorpresa da veciñanza cando foi aprobado o proxecto final os terreos da súa familia e en especial os de un tío seu aparecían incluídos no políghono. O tío de este era un pobre home que se emborrachaba e que non tiña fillos, A súa herdanza iria parar aos seus dous sobriños, un de eles o novo padriño. Os terreos pasaron de non valer case nada a valer unha fortuna. Un día o Padriño levou ao tío a cobrar os cartos dos terreos, pero coma ía todo borracho e mexado deixouno quedar tirado na veira da estrada. Xa lle collería os cartos outro día… (ostias  a mafia non ten ninghún escrúpulo). O señoriño este morrería de frío  enriba de un vello colchón e na miseria, mentres o seu sobriño comía percebes cos seus compinches.

   Outro dos pelotazos armouno cun cacique do pobo mariñeiro  CALLONezia. Enghanaron e roubáronlle os terreos  aos mariñeiros para que os ricos puideran facer vivendas de luxo con vistas ao mar.

Non conto máis,que penso que xa abonda. Bueno pra ser sinceros, conto o que vin, xa que a outra parte estiven peghando a orella ao sillón, hahaha.

CONCLUSIÓN: Tostón de película e que cartos máis mal tirados. Os actores, malos malos, malotes  “en el peor sentido mas peyorativo  del termino” ( esta frase non é miña  é dunha tal Rosa Diez , que usou para definir aos ghaleghos). Os cartos se os ghastara de viños na rúa da Estrela da Cruña e nunhas tapas na Bombilla irían mellor empreghados.

DEDUCCIÓN: Que o caciquismo a Ghalisia trouxérono os Romanos hai 2000 anos.

Sen clasificar 02 Mar 2011 09:30 p.m.

ADEUS AO CORTELHO DA LARACHA

Cando comezamos este bloge, a verdade e que nunca pensamos que chegariamos ata aquí e menos que iamos ter tantas entradas, máis O Cortelho da Laracha coma case todo ten o seu ciclo. Ciclo que algúns pretenden perpetuar de por vida coma O Porco Triunfante,( obra de George Orwell  e que dende aquí recomendamos a súa lectura).

Coma dixemos nalgún comentario,chegamos a estar moitas veces entre os blogues máis visitados de Blogaliza. Non fomos primeiros nunca, para que imos a mentir. Nós nunca poderiamos competir con editoriais, políticos…máis para ser un bogue local non temos queixa.

Dende O Cortelho intentamos achegarvos a tradición oral. Esa cultura que non se ve, que non se copia e se pega, como fan outras páxinas que ao final repítense máis ca unha empanada de cebola. Tamén que vexades que aí fora hai unha natureza incribel, só tedes que pararvos un pouquiño e observala. De feito é raro que tódalas semanas   non teñamos entradas de buscar información sobre as orquídeas salvaxes  que se dan na Laracha, ademais de outras anotacións sobre a natureza.

Máis ben seguro que para moitas e moitos ( ou polo menos nos comentarios así se ven reflexados) o tema estrela sexan os anti-caciquiles e as súas foto-montaxes. A verdade e que  a cabeza e o photoshop dan para moito, hahaha.

Bueno dixemos que pretendiamos deixalo, aínda que para algúns sexa unha antroidada (quen sabe)  e comezar unha nova andaina. Pedíronnos que seguiramos …. e que carallo , O Cochi-guevara segue con ganas de Revolución. Aínda lle quedan algúns cartuchos no cargador, iso si o último é para el. Ademais coas “Erecións munisipais” as portas non nos iamos a retirar. Se cadra presentamos unha candidatura para o Cochiqui.

Mentres non nos corten as ás, seguiremos voando.

Porque paxaro que non voa morre…