Pasen, pasen, donas e cabaleiros.

 Nenas e nenos quedan sen  pasar… non poden votar… daquela non poden pasar!!.

 Benvidos e benvidas ao “Sirco das eresións” o “Sirco do cortelho”.  Pasen e vexan o espectáculo dos nosos “ clowns”.  Pasen  que a entrada é de balde ( xa llo cobraremos logho). Entren  e escoiten aos charlatáns vendendo os seus proghramas que curan tódolos males; inmortalizando os seus nomes en placas de mármore; festas pros vellos, pros deportistas, pra toda María santisma… a tutiple; asfaltado de eiras e rebacheados de camiños; …

E a xuventude?… a xuventude non vota… pois pasa lambendo!!, hahahaha…

Benvidos  a festa das inaughuracións. A primeira pedra; a seghunda pedra….. vivan os políticos canteiros. Si señor como abuxardan a pedra e que maneira de palear pra enterrar as pedras.Iso si que é traballar señores e señoras.

Ah e non se esquezan antes de marchar de freghar o cu na “lampara do consello”, que lles consedera todos os desexos que queiran. Pidan, pidan por ese cuíño ou esa boquiña. Que non lle chegha internet a onde vive… pois a fregar o cuíño na lampara; que ten un fillo que non val nin pra comer os mocos, pois nada o propio pra traballar no cortello…  Que non se lle cumpre o desexo, pois será por culpa da oposisión que sempre están en contra de todo. Pero tranquilos e tranquilas que dentro de catro anos poden volver a freghar o cu de novo contra a lampara do consello.

E recorden, “nenos, nenas e xuventude” non poden pasar porque non poden votar,ha ha ha ha…… porque o futuro é  dos vellos, non dos novos.

Pasen e vexan O Sirco das eresións do cortelho da Laracha….