Ola porreiras e porreiros da Laracha. Saúdos dende a emighrasión. Sinto non rematar o da porra antes pero e que aquí na alemaña non se ven presisamente a pasar o tempo. Pera nada tranquilos\as  que logho volto pra aí , que aghora que ghañou o PP por todos lados vai a comesar a haber traballo arreo. Por serto, xa sei que non ven a conto pero mira que lle chove a Merkel esta. Disque nos quere quitar días festivos, que en Europa os que curran só son os alemáns. E un carallo, xa lle ghustaría aos xermanos estes traballar coma os ghaleghos. Esta fulana aínda nos ha querer quitar a París de Noia . Hai non, por aí si que non pasamos. Nin festivos, nin París de Noia… iso si que non.

Ben o que iamos. Despois da gholeda do PP na Laracha e tunda que levou oposisión toca ver os resultados da Porra. O resultado final foi: PP (13), BNG (2), PSOE (2).  Polo tanto os únicos que asertaron  e ghañaron unha camisola foron Vaites e Maria.  

Pero coma nos sobran tres ímolas sortear entre os outros participantes.

-Dalleavolta    -Fustigadora    -Abcdef , (1, 2)

 -Eskarapote     -Azu      -Eddie Cochram (3,4)

-Raxo con Patacas    -O Roxo    -Yo también quiero chupar del bote   (5,6)

  –Táuntempomatón ,-Pepa de Tuixe    -Porco de Pé  (7,8)    

–Mariasolinha  -Suiza Larachesa   -Español   –Carrachiña (9,0).

Os que partisipastes tedes adxudicado dous números. Se alghún destes nº cadran coa terminasión do sorteo da lotaría nacional do Sábado tócavos a camisola. Se toca no ghrupo último, que  hai catro tócalles ighual a cada un unha. Tamos que tirámola casa pola…

Aos que vos tocou ,podedes disirnos que talla, cor preferides  e a onde queredes que vola enviemos. Mandádenos unha mensaxe ao noso correo electrónico. ocortelhodalaracha@gmail.com

Grasiñas a todos e todas por partisipar, e sinto deixar este bloghe  pero non se pode atender a todo. A ver quen carallo faia aghora as porras e os ghións das películas. Se se anima alghún de vos  xa sabedes no cortelho collemos todos.

Vivan os festivos e as sesións vermuts, e que se fodan os alemáns que nas teñen.