Category ArchiveClarisadas



Clarisadas 12 Mar 2011 06:11 p.m.

O CORRUPTO II

Esta fin de semana tocou ir ao cine coa churri. Antes de ver a peli  collemos un caldeiro de folerpas de millo e un litrazo de refresco de cola, a rutina de sempre. Pois nada, vimos un peliculón  (seghún as súas amighas).  Peliculón decian elas… vaia tostón de película. Pero a quen se lle ocorre ir ver unha historia da mafia italiana. Pero si os italianos as únicas películas boas que tiñan, eran aquelas de Jaimito nas que facía de paloias  e nas que saia sempre unha tipaza que che facía subir o libido ata … E tamén como non esas da Chicholina…  bueno eu estas  teño sentido falar de elas eh, hahaha. 

A primeira parte disque era moito mellor ca seghunda ( nunca seghundas partes foron boas) que había máis ostias, corrupción e tias boas, claro. Bueno vou resumir un pouco a historia, así afórrovos o traballo de ir a vela.

É a continuación da que contaba a historia dun aprendiz de xastre, Clarisini, que   cheghara a ser xefe da camorra e tamén o máis rico dun pobo italiano. Este mafioso sacara da rúa a un rapas de unha familia humilde chamado Lope-tuso Varelini. Este mozo fillo de unha familia de esquerdas e simpatizante de un partido nacionalista aceptou traballar para el a cambio de non facer o servizo militar. Co vello aprendeu tódalas mañas habidas  e por haber sobre a corrupción, branqueo de cartos … Un dia tivo tivo que poñerse a fronte da camorra, xa que ao vello estábanlle pisando os pes a xustiza. O vello aínda que retirado, seghía tirando dos fíos por atrás, máis pouco a pouco o novo padriño foise desmarcando do patrón . E cheghoulle o seu dia. Fixo un plan urbanístico a súa medida e os dos seus secuaces.  O políghono industrial aparte de poñelo onde tiña terreos outro mafioso colegha de el, un tal Epifanini, estaban case peghados a onde a súa familia tiña terreos de pouco valor económico. Para disimular, no primeiro proxecto nos incluíu,pero para sorpresa da veciñanza cando foi aprobado o proxecto final os terreos da súa familia e en especial os de un tío seu aparecían incluídos no políghono. O tío de este era un pobre home que se emborrachaba e que non tiña fillos, A súa herdanza iria parar aos seus dous sobriños, un de eles o novo padriño. Os terreos pasaron de non valer case nada a valer unha fortuna. Un día o Padriño levou ao tío a cobrar os cartos dos terreos, pero coma ía todo borracho e mexado deixouno quedar tirado na veira da estrada. Xa lle collería os cartos outro día… (ostias  a mafia non ten ninghún escrúpulo). O señoriño este morrería de frío  enriba de un vello colchón e na miseria, mentres o seu sobriño comía percebes cos seus compinches.

   Outro dos pelotazos armouno cun cacique do pobo mariñeiro  CALLONezia. Enghanaron e roubáronlle os terreos  aos mariñeiros para que os ricos puideran facer vivendas de luxo con vistas ao mar.

Non conto máis,que penso que xa abonda. Bueno pra ser sinceros, conto o que vin, xa que a outra parte estiven peghando a orella ao sillón, hahaha.

CONCLUSIÓN: Tostón de película e que cartos máis mal tirados. Os actores, malos malos, malotes  “en el peor sentido mas peyorativo  del termino” ( esta frase non é miña  é dunha tal Rosa Diez , que usou para definir aos ghaleghos). Os cartos se os ghastara de viños na rúa da Estrela da Cruña e nunhas tapas na Bombilla irían mellor empreghados.

DEDUCCIÓN: Que o caciquismo a Ghalisia trouxérono os Romanos hai 2000 anos.

Clarisadas 13 Feb 2011 08:09 p.m.

CLARISOLIX, o ghalaico que cambiaba os marcos das leiras

Non fai moito atopouse nunha escavación arqueolóxica na Laracha, restos de unha pedra cunha inscrición co nome dun cacique ghalaico. Falan os libros de historia que ese cacique de pequeno caera no pote das remillas pros cochos. As remillas, que eran de enghorde, en ves de matar o rapás déronlle unha pillaría fora do normal ( descoñecese se daquela xa se inventaran as remillas transxénicas). Dende aquela déuselle por andar cambiando nos marcos das leiras. El dicíalle a nai:  “miña nai eu quero ser marmolista”. “Ti as ser xastre que da máis cartos” respostáballe a nai. E así foi. O cativo acabou sendo aprendis de xastre; vendedor de recibos pra enterrarse nos dolmens que daquela era o que se levaba; encarghado dunha fabrica de ladrillos de un cacique romano chamado Epifanius. Pero as consecuencias do pote de remillas non curaran, e a pillaría ia á  máis . Clarisopolis acabou  roubándolle  carros de ladrillos a Epifanius.  Epifanius  soubo que  lle roubaba, e en ves de botalo díxose: “ Este é listo coma un allo . Ei no  poñer de alcaldex e alí pode pillar o que queira e tamén me bota unha man a min. Non pago un puto peso de impostos a Roma e contamino o que queira sen que o concellux me diga nada. E así foi.

Mentres no seu novo traballo, Clarisolix descubriu a súa verdadeira vocación, “politicus-mangantis”. Non daba feito. O que aprendera de rapas, cambiar nos marcos, pero esta ves eran leiras. Daban moitos máis beneficios. Poñía unhas en zona verde e logo mercáballas por menos cartos do que valían. Acababa de inventar a re-calificación e tamén o monopolix. Compraba, compraba, compraba… Non vendía, non vendía…  Edificaba, edificaba … Cobraba cartos por atrás… Pero no fondo botaba de menos o seu soño de ser marmolista, e non se lle ocorreu outra cousa que comezar a poñer placas de marmore en tódalas fontes, ríos de lavar… todas co seu nome: “ Esta obra foi feita sendo alcaldix  O Clarisolix. MMXI.” Acabou sendo o home máis rico do concellux.

E despois din que a historia é aburrida. Isto daba pra unha película ou unha serie de varios capítulos. E se a fai Santiagho Seghura xa seria a ostia, pra flipar…..

Clarisadas &Escolas e escolantes 15 Xan 2011 09:08 p.m.

IES Alcalde RAMA BECERRA

Esta é unha historia máis de caciqueo; unha historia, como outras moitas que se poderían contar, sobre aqueles que levan xa unha eternidade mandando na Laracha, eses da ghaviota, e do afán do seu xefe, antes tamén alcalde, por controlalo todo, por satisfacer a súa egolatría e pretensións mafiosas, coa inestimable colaboración de Monchinho de Xoios: o Enviado.

Hai xa doce ou trece anos, cando había que bautizar cun nome ao IES de A Laracha, convocárase unha reunión do Consello Escolar, máximo órgano de decisión do centro para que este decidiría cal ía ser o nome que ía levar aquel instituto que levaba un par de anos xa de funcionamento (e que caía a cachos e se lle inundaban as aulas). O Consello Escolar, para quen non o sepa, é o órgano onde se toman as decisións máis importantes que afectan a un centro educativo, e conta con representantes do profesorado, do alumnado, do resto do persoal (conserxes, limpadores, etc), dos pais e do concello, aínda que neste caso os representantes do concello e dos pais representabano mesmo, sendo unha soa voz en cada reunión, votando a favor das mesmas decisións e apoiando en cada reunión todo o que o alcalde de agora (antes concelleiro de cultura), mandaba. De feito, algún dos representantes dos pais viña ás reunións no coche do agora alcalde, signo inequívoco de que o concello, cando se anunciaban eleccións a representantes dos pais, tiña a uns cantos candidatos ao seu favor que conseguía que gañaran e ocuparan os postos reservados a representantes dos pais de alumnos no consello escolar, co fin de asegurar votos a favor das súas correntes de opinión e ter máis forza no Consello Escolar.

O caso foi, que, nunha iniciativa saída da dirección do centro, e co obxectivo de que todos e todas poideran participar dalgunha maneira na demoninación que levaría o que ata daquela era coñecido simplemente como IES de A Laracha, abriuse, un mes ou dos antes da reunión final na que se lle poría o nome, unha recollida de propostas anunciada entre o alumnado co fin de que o Consello Escolar escollera entre elas. Os alumnos entón comezaron a propoñer diferentes denominacións, como Agra de Leborís, Rosalía de Castro, e outros que o autor deste artigo xa non é quen de lembrar. Os do concello, que ben sabemos que o queren controlar todo, non souberon sin embargo que se abrira un prazo de recollida de propostas que se pecharía uns días antes da reunión definitiva na que o institituo quedaría definitivamente bautizado. Por aquel entón, xa o que fora concelleiro de cultura e represante do concello no Consello Escolar pasara a ser alcalde, e fora sustituído polo señor Monchiño de Xoios, que era o novo concelleiro de cultura e representante do caciquismo no Consello Escolar.

Antes das reunións, enviábase unha carta á casa a tódolos representantes dos diferentes colectivos coa orde do día, isto é, os puntos que se ían a tratar e, conseguintemente, os temas sobre os que se ía decidir. Os do concello, co Clariso xa na sombra, manexando fíos por detrás, e o que fora representante do concello no Consello Escolar xa de alcalde, enteráronse de que o punto principal da orde do día era a decisión sobre o nome que levaría o instituto, e, inocentes eles, descoñecedores de que houbera un proceso democrático de presentación de propostas, chegaron co seu nome para propoñer na mesma reunión, que non podía ser outro que o do alcalde vello: Alcalde Rama Becerra. Moncho de Xoios foi o encargado de presentar unha proposta que respondía ao más feroz caciquismo e á egolatría dese tipo mafioso que popularme é coñecido como O Clariso.

Chegado o momento da reunión, procedeuse a votar sobre os nomes que se postularan como propostas de posibles denominacións para o instituto, e ahí foi cando o señor Moncho de Xoios espuxo a súa proposta de Alcalde Rama Becerra, e tentou, por non ter tempo a manipular a reunión a gusto, que esta decisión se adiara, ante a perspectiva de que non había maneira posible de que a súa proposta tivera éxito. Algo tiña entre mans, algo que tiña que planificar e que na mesma reunión non era quen de levalo a cabo. Para empezar, a maioría dos profesores eran partidarios de votar xa sobre as propostas feitas de antemán, e repetían que o prazo de presentación de propostas estaba pechado e polo tanto había que votar sobre as xa existentes. Monchiño, visiblemente nervoso, acojonado, por dicilo dunha maneira máis clara e fiel ao seu estado, interrumpía constantemente, obviaba os argumentos dos demais, e tentaba forzar que a decisión sobre o nome do IES se pospuxera para outra reunión. Ao fin, e vendo que esa estratexia era un fracaso, o discurso mudou co fin de que a proposta Alcalde Rama Becerra fora aceptada na mesma reunión e puidera ser votada. Esperanza tiña, pois os tres representantes dos pais –un deles o actual concelleiro de obras- sabía que ían estar do seu lado, e sumado ao seu propio voto, eran catro votos á mesma denominación, sobre un conxunto de cinco ou seis propostos e dez ou doce persoas na reunión. Os profesores vían a xogada e a maioría eran contrarios a que se aceptara como proposta válida para votala, pero certa profesora alcumada “a conexa” polo alumnado, seguramente simpatizante dos da ghaviota, foi a primeira en pórse a favor de incluír Alcalde Rama Becerra nas propostas a votar: “Dejémosle, si al final los que tenemos que decidir somos nosotros”. Alguén, representante de alumnos por aquel entón, dixo que “que fixera ese tipo pola cultura, que vagaxe tiña para mercerse estar ao lado doutras propostas de personaxes relevantes da cultura”. Entón, puxo dacordo ao demais representantes de alumnos, que parecía que ao lonxe vían a xogada, para votar á mesma denominación, que era a que máis lóxica tiña: Agra de Leborís, por estar ubicado o insituto na zona coñecida como Leborís. Tamén a unha parte dos representantes dos profesores lles parecía a máis axeitada e orixinal, pois Rosalías de Castros ou nomes doutros escritores xa hai moitos centros educativos que se chaman así. Segundos antes de votar, a man alzada, a cara de Moncho era un poema: vermella, non controlaba os nervios, e inda sendo aceptada a súa proposta, insistía en que o mellor era posponer a decisión sobre o nome, erre que erre.

A votación levouse a cabo. Como era de esperar, os tres representantes dos pais e Moncho de Xoios votaron a favor de que o instituto se chamara Alcalde Rama Becerra. Os tres representantes de alumnos votaron a favor de Agra de Leborís, e sen mal non recorda quen esto escrebe, dous ou tres profesores tamén votaron a favor de tal proposta, co cal, o instituto foi bautizado aquel día con nome co que hoxe o coñecemos, que no fondo, é o máis lóxico. A cara de Moncho de Xoios, cobarde mandado, era dun tono voioláceo; non dicía verba, parecía perdido, seguramente abstraído nas presións que recibira para que o insituto levara o nome do mafioso do alcalde vello. Con final feliz, asistimos os que alí estivemos a unha maniobra bochornosa que, sin embargo, non nos estraña aos que estamos acostumados a saber como funcionan as cousas neste concello. Moncho, o cobarde chaqueteiro, foise co rabo entre as pernas, abochornado e avergoñado da súa propia actitude que provocaba unha mestura de noxo e vergoña allea, alucinación nunha parte dos profesores, que sin emabargo, non foron quen de respostarlle con contudencia e botar para atrás as súas pretensións. Os progres é o que teñen, ás veces, pasánse de tolerantes e rematan por rendirse ás pretensións do inimigo. Así imos como imos.