Category ArchiveEscolas e escolantes



Clarisadas &Escolas e escolantes 15 Xan 2011 09:08 p.m.

IES Alcalde RAMA BECERRA

Esta é unha historia máis de caciqueo; unha historia, como outras moitas que se poderían contar, sobre aqueles que levan xa unha eternidade mandando na Laracha, eses da ghaviota, e do afán do seu xefe, antes tamén alcalde, por controlalo todo, por satisfacer a súa egolatría e pretensións mafiosas, coa inestimable colaboración de Monchinho de Xoios: o Enviado.

Hai xa doce ou trece anos, cando había que bautizar cun nome ao IES de A Laracha, convocárase unha reunión do Consello Escolar, máximo órgano de decisión do centro para que este decidiría cal ía ser o nome que ía levar aquel instituto que levaba un par de anos xa de funcionamento (e que caía a cachos e se lle inundaban as aulas). O Consello Escolar, para quen non o sepa, é o órgano onde se toman as decisións máis importantes que afectan a un centro educativo, e conta con representantes do profesorado, do alumnado, do resto do persoal (conserxes, limpadores, etc), dos pais e do concello, aínda que neste caso os representantes do concello e dos pais representabano mesmo, sendo unha soa voz en cada reunión, votando a favor das mesmas decisións e apoiando en cada reunión todo o que o alcalde de agora (antes concelleiro de cultura), mandaba. De feito, algún dos representantes dos pais viña ás reunións no coche do agora alcalde, signo inequívoco de que o concello, cando se anunciaban eleccións a representantes dos pais, tiña a uns cantos candidatos ao seu favor que conseguía que gañaran e ocuparan os postos reservados a representantes dos pais de alumnos no consello escolar, co fin de asegurar votos a favor das súas correntes de opinión e ter máis forza no Consello Escolar.

O caso foi, que, nunha iniciativa saída da dirección do centro, e co obxectivo de que todos e todas poideran participar dalgunha maneira na demoninación que levaría o que ata daquela era coñecido simplemente como IES de A Laracha, abriuse, un mes ou dos antes da reunión final na que se lle poría o nome, unha recollida de propostas anunciada entre o alumnado co fin de que o Consello Escolar escollera entre elas. Os alumnos entón comezaron a propoñer diferentes denominacións, como Agra de Leborís, Rosalía de Castro, e outros que o autor deste artigo xa non é quen de lembrar. Os do concello, que ben sabemos que o queren controlar todo, non souberon sin embargo que se abrira un prazo de recollida de propostas que se pecharía uns días antes da reunión definitiva na que o institituo quedaría definitivamente bautizado. Por aquel entón, xa o que fora concelleiro de cultura e represante do concello no Consello Escolar pasara a ser alcalde, e fora sustituído polo señor Monchiño de Xoios, que era o novo concelleiro de cultura e representante do caciquismo no Consello Escolar.

Antes das reunións, enviábase unha carta á casa a tódolos representantes dos diferentes colectivos coa orde do día, isto é, os puntos que se ían a tratar e, conseguintemente, os temas sobre os que se ía decidir. Os do concello, co Clariso xa na sombra, manexando fíos por detrás, e o que fora representante do concello no Consello Escolar xa de alcalde, enteráronse de que o punto principal da orde do día era a decisión sobre o nome que levaría o instituto, e, inocentes eles, descoñecedores de que houbera un proceso democrático de presentación de propostas, chegaron co seu nome para propoñer na mesma reunión, que non podía ser outro que o do alcalde vello: Alcalde Rama Becerra. Moncho de Xoios foi o encargado de presentar unha proposta que respondía ao más feroz caciquismo e á egolatría dese tipo mafioso que popularme é coñecido como O Clariso.

Chegado o momento da reunión, procedeuse a votar sobre os nomes que se postularan como propostas de posibles denominacións para o instituto, e ahí foi cando o señor Moncho de Xoios espuxo a súa proposta de Alcalde Rama Becerra, e tentou, por non ter tempo a manipular a reunión a gusto, que esta decisión se adiara, ante a perspectiva de que non había maneira posible de que a súa proposta tivera éxito. Algo tiña entre mans, algo que tiña que planificar e que na mesma reunión non era quen de levalo a cabo. Para empezar, a maioría dos profesores eran partidarios de votar xa sobre as propostas feitas de antemán, e repetían que o prazo de presentación de propostas estaba pechado e polo tanto había que votar sobre as xa existentes. Monchiño, visiblemente nervoso, acojonado, por dicilo dunha maneira máis clara e fiel ao seu estado, interrumpía constantemente, obviaba os argumentos dos demais, e tentaba forzar que a decisión sobre o nome do IES se pospuxera para outra reunión. Ao fin, e vendo que esa estratexia era un fracaso, o discurso mudou co fin de que a proposta Alcalde Rama Becerra fora aceptada na mesma reunión e puidera ser votada. Esperanza tiña, pois os tres representantes dos pais –un deles o actual concelleiro de obras- sabía que ían estar do seu lado, e sumado ao seu propio voto, eran catro votos á mesma denominación, sobre un conxunto de cinco ou seis propostos e dez ou doce persoas na reunión. Os profesores vían a xogada e a maioría eran contrarios a que se aceptara como proposta válida para votala, pero certa profesora alcumada “a conexa” polo alumnado, seguramente simpatizante dos da ghaviota, foi a primeira en pórse a favor de incluír Alcalde Rama Becerra nas propostas a votar: “Dejémosle, si al final los que tenemos que decidir somos nosotros”. Alguén, representante de alumnos por aquel entón, dixo que “que fixera ese tipo pola cultura, que vagaxe tiña para mercerse estar ao lado doutras propostas de personaxes relevantes da cultura”. Entón, puxo dacordo ao demais representantes de alumnos, que parecía que ao lonxe vían a xogada, para votar á mesma denominación, que era a que máis lóxica tiña: Agra de Leborís, por estar ubicado o insituto na zona coñecida como Leborís. Tamén a unha parte dos representantes dos profesores lles parecía a máis axeitada e orixinal, pois Rosalías de Castros ou nomes doutros escritores xa hai moitos centros educativos que se chaman así. Segundos antes de votar, a man alzada, a cara de Moncho era un poema: vermella, non controlaba os nervios, e inda sendo aceptada a súa proposta, insistía en que o mellor era posponer a decisión sobre o nome, erre que erre.

A votación levouse a cabo. Como era de esperar, os tres representantes dos pais e Moncho de Xoios votaron a favor de que o instituto se chamara Alcalde Rama Becerra. Os tres representantes de alumnos votaron a favor de Agra de Leborís, e sen mal non recorda quen esto escrebe, dous ou tres profesores tamén votaron a favor de tal proposta, co cal, o instituto foi bautizado aquel día con nome co que hoxe o coñecemos, que no fondo, é o máis lóxico. A cara de Moncho de Xoios, cobarde mandado, era dun tono voioláceo; non dicía verba, parecía perdido, seguramente abstraído nas presións que recibira para que o insituto levara o nome do mafioso do alcalde vello. Con final feliz, asistimos os que alí estivemos a unha maniobra bochornosa que, sin embargo, non nos estraña aos que estamos acostumados a saber como funcionan as cousas neste concello. Moncho, o cobarde chaqueteiro, foise co rabo entre as pernas, abochornado e avergoñado da súa propia actitude que provocaba unha mestura de noxo e vergoña allea, alucinación nunha parte dos profesores, que sin emabargo, non foron quen de respostarlle con contudencia e botar para atrás as súas pretensións. Os progres é o que teñen, ás veces, pasánse de tolerantes e rematan por rendirse ás pretensións do inimigo. Así imos como imos.

Escolas e escolantes 29 Out 2010 02:35 p.m.

NOVO PROFE NO AGHRA DE LEBORÍS

A cousa non é de coña.  Esta nova Xunta dos PPes, co conto da “austeridade” teñen os rapaces do Aghra de Leborís  acurrados a moreas de estudantes na mesma clase, por mor de que lles faltan mestres.  Impórtalles un carallo o fracaso escolar e o futuro destes mozos e mozas. Disque non lles queren traer un novo mestre de matemáticas. E os PP da Laracha que?, seica tamén lles importa  un carallo?. Notase que os raparighos non votan. Iso si a “austeridade” ben sei eu por onde a pasan, porque  aghora para traer o PaPa ben que se ghastan máis de 3 millóns de Euros. Eu digho que para sacarlle partido os cartos que se van ghastar en traer a este, que podía polo menos vir de suplente do mestre de matemáticas mentres non traen un novo. Pero mellor pensado val a pena tar sen el non vaia ser o demo e se lle de por darlle máis ca mates…

Escolas e escolantes 27 Ago 2010 09:55 a.m.

A CAT-ESCOLA DA LARACHA

Isto que imos a contar pasou poucos días despois de que ó PP ghañara as eleccións a Xunta. Resulta que a nai de un nen@,  cheghou a Ghalescola (ghaliña azul, ou como se chame) é ameazou a unha empreghada, dicíndolle: “Tu a mi hij@ no le hables mas el gallego, le hablas el castellano o se lo digo a José Manuel (polo alcalde) que es mi amigo”. Esta muller disque é catalana, e o seu home é un empreghado da siderurxia “Celsa Atlántica”, tamén catalán. Ademais de iso á paisana téñena escoitado nas tabernas do concello andar dicíndolle as súas amighas: “ Nosotros a   nuestr@ hij@ en casa le hablamos el catalán. Es que el catalán es …(así ou andando, o mellor do mellor). El gallego… el gallego no vale para nada….” A tipa menos ghuapo o ghalegho, chámalle de todo.

Isto foi o que sementou ó PP, e seghe a sementar ( e tamén alghuns señorit@s  que se fan chamar socialistas). Non lle cheghou con fretar autobuses de falanxistas de Madrid a manifestarse a Compostela en contra do ghalegho. Creou unha semente de odio e desprezo contra a nosa linghua, non só entre os de fora coma esta catalana, senón entre os ghalegh@s mesm@s.

Para ter a ghusto é leda a esta catalana, propoño cambiarlle o nome a “la ghallina azul”  e chamarlle A CAT- ESCOLA  da Laracha. Tamén catalanizar os nomes ghaleghos, Xurxo pasaría a ser Jordi…. E como non para que nas festas se sentise como na casa, correríamos unha vaca marela do país con fachos de lume nos cornos, “A marela al carrer”. Se fai falta tamén tiramos do campanario unha cabra ( aínda que nós pensamos que sería mellor tirar ó cregho ou ó alcalde). E como prato forte cambiarlle o nome a nosa terra. Galiza por CATaliza ou Nova Catalunya. Que escolla o que máis lle ghuste.

Pero como dicía a Tia Chuca da Ponte “Unha boa patada na cona, arreghlabao todo”.

Escolas e escolantes 06 Ago 2010 10:13 a.m.

“A LETRA CON SANGHE ENTRA”

No Priorato, en Soandres hai unha pedra (monólito) que pon “ Soandres os seus devanceiros”. Na pedra recordan os nomes de varias persoas relacionadas coa parroquia. Ben, todas, todas, non eran persoas. Un era un animaliño, e del quero falar, do mestre “Barbeito” (Manuel Barbeito Ramos).

Aínda a dia de hoxe moitos dos que foron alumnos del, recordan a súa maneira de dar  escola e ostias tamén. Máis ben recordan esta última. O paisano tiña varios métodos de represión cos cativos. Unha era botarlle areón no chan e os rapaces que antes andaban con pantalón curto mandáballes poñerse de xeonllos  cos brazos en crus e cun libro en cada man. Outra maneira de poñer os rapaces en verghoña,  era leva-los para a escola do Vilar da Fragha, que era de rapazas. ( Os rapaces ían a escola a Vista Aleghre e as rapazas ao Vilar da Fragha). Alí deixábaos todo o día diante das rapazas para facer burla deles. A alghún tamén o ten castighado sen ir xantar a casa. Pero o castigho máis temido era “a vara”. O Barbeito mandáballes traer as varas aos rapaces. Ten mallado en alghúns cativos máis co labregho máis fero da parroquia os seus animais. Alghún ten botado días sen ir a escola da malleira que levara e non se poder poñer nin en pé. “Te tengo debajo de la muela”, dicíalles como ameaza e ala, erghuía a vara e a zoupar a man alzada.

Ate había alghúns pais que traían aos  fillos de lonxe, xa que o mestre tiña fama de ensinar ben, pero a verdade e que este tiña poucos coñecementos e aos pais que eran analfabetos xa lles parecía que sabía un mundo.

É incríbel que en Soandres  se lle fagha un monumento a esta besta escolante, pero polo visto aínda hai xente que bota de menos aqueles tempos de “A letra con sanghe entra”.

Escolas e escolantes 07 Abr 2010 11:28 a.m.

LEO. “OUTRA MANEIRA DE FACER ESCOLA”

Leo cheghou de sustituto dunha mestra de ghalegho que se dera de baixa no Aghra de Leborís. Só veu por uns meses, e aghora que a paisana curou este foise. De seghuro que foi o mestre que estivo na Laracha que en menos tempo conseghiu o que moitos non chegharian en toda a súa vida.E nono digho eu, dino os rapaces e rapazas os que el lle deu escola. Non se falaba de outra cousa. “ Da-che clase Leo?…que sorte tes”; “El apréndeche dunha maneira que comprendes moito mellor”; “Apréndenos de outra maneira”; “Sempre está cantando…e moi aleghre”; Fora de horas de clase axúdanos co ghrupo de música”; “El non nos aproba pola cara, fainos traballar e mándanos deberes, pero está ben”; Non nos trata coma fracasados coma fan outros, el aníma-nos a loitar”.

Estas e outras historias son as que fala a mocidade del, i eu sei que e moi raro que a xuventude fale así dun mestre. Eu penso que é estraterrestre, a mesma reencarnación de ETÉ, pero no corpo dun ghalegho. Hai xente que val para o ensino coma Leo e outros\as que podían ser tranquilamente militares ou ghuardias siviles. Eu teño unha teoría, os mestres\as que non foden e que van a escola con todo iso dentro e os mestres\as que foden e botan todo o veneno fora. Remato con outra frase da rapazada: “Non hai outro coma el”. http://www.arremecaghona.blogspot.com/