Category ArchiveFestas



Festas 04 Abr 2010 02:54 p.m.

O SAN MIGHEL DE SOUTULLO

                                                                                                                                                                                                                                              SAN MIGHEL DE SOUTULLO

SANTO QUE NON BEBE VIÑO

DAME FORZA NO CARALLO

COMA O PORCO NO FUCIÑO

(Isto que vou a contare aconteceu nas festas do San Mighel de Soutullo do ano pasado).

Soutullo  é unha  parroquia pequena pero brava. O sábado foi o dia forte. A misa leva facéndose fai uns anos no campo da festa. Este ano o cregho da parroquia aínda non cheghara e escomezou a misa o cregho das Cardosas. Aínda non escomenzara ben a misa e xa mandou que se fechara o bochinche. Os do bochinche calados rechináron-lle os dentes. E o cregho seghia:” Sinberghuenzas… “.  Daquela Rique da Xesta quentou-se (bon,  quente  xa estaba pero dos bermuts),” Vai-te dahi ohm “. E o cregho seghía dicindo a misa e sermoneando no medio dela.

cregho: “ Había que traballar as terras que están a campo, e limpar os montes…”

Rique:  “ Vainas traballar ti ohm…”

Cregho:  “  Eu traballo coma cinco coma ti (por Rique)”

Rique:  “ Pois ven traballar as miñas …”

Cregho:  “ Sinverghuenza…”

Rique:  ” Baixa pra baixo ohm… “

O remate a cousa quedou-se só en palabras. Pola  noite seghiu a troula. O Campo da festa enchiu-se de xente (bon xente,xente non era… polo menos o remate do baile). Rematou a orquestra de tocar e a xente nova xa quente, rematou a festa na leira de Vilas, que está de par do Campo, a espighazo limpo. Deixaron todo estrado de espighas de millo. Outros, co “depósito cheo” puxéronse a ghastar as rodas nos coches pola Xesta. Dou-lle a vida os dos talleres que alí deixaron un o embraghe e outro o cambio.

Como dicían os Herdeiros da Crus:

” Juventud, juventud,

tende coidado cos paus da lus”

Festas 30 Nov 2009 03:59 p.m.

A GHRANDE PARTIDA

póker na laracha

Este sábado pasado celebrouse a ghrande partidaileghal” nun lughar da parroquia de Lestón. Pero non foi nin de Tute, nin de brisca,nin de cinquillo… non oh, de póker!!.

Que foi das ghrandes partidas o tute nalghunha taberna de Torás?. Alghunha aínda se celebra, pero nada que ver con aquelas de 500 mil pesetas ata millóns, e non estou de coña. Alghún  perdeu alghunha leira e ata a casa. Pero xa se sabe que os tempos trocan.

 A xuventude leva unha tempada aviciada o póker, e xoghando alghúns ouros. Na partida había 9 mesas,  e a inscrición era de 15 ouros. O gañador levaba 300 de premio.

De isto as Veghas   non queda nin un paso. Xo estou vendo, A Laracha chea de casinos; máquinas tragha-cartos en todos os curros;  letreiros luminosos ghrandes  coma burros (o mais pequeno coma o do Cabalo Branco); igrexas nas que te casarías sen cursos prematrimoniais, e en ves de cantarche Elvis Presley, teriamos a un Pucho Boedo cantando “Viva A Laracha, viva A Laracha…”);   puterio por todos lados; e vicio…. e mais vicio.

 Amancio Ortegha, o de Zara  encomezou  vendendo camisas na Cruña e mira a onde cheghou.

 Xa se sabe “Comer e caghar, todo é empezar”.

Festas 24 Out 2009 08:27 p.m.

GORDA DEVOLVE OS CARTOS

Marqusina

Nesta marquesina, no cruce que vai para  A Tapia en Soandres, apareceron unhas pintadas nas que pon “GORDA DEVOLVE OS CARTOS” ,e no chan “GORDA PUTA”, “CAB..” (acabóuselle a pintura”. A ghorda da pintada debe de ser a tesoureira da comisión de festas 2009 de Soandres, que disque marchou cos cartos das festas. Cando os compañeiros da comisión lle pediron os cartos para pagar os gastos ela díxolle:

EU NOS TEÑO…NON SEI ONDE VAN.

Manda carallo!!.Dáme a risa,  ela é a encarghada dos cartos e non sabe onde van.

Seria abducida por un OVNI e levaríalle os cartos os extraterrestres?.

Atracárana unha banda dos países do leste?.

Desviaría os cartos para un paraíso fiscal nas Bahamas, como fan alghúns políticos, nobles e ricachóns?.

Quen sabe, se algún dia nos enteraremos, xa que a paisana está denunciada.

Xa o dicia miña avoa: A CABRA A CABRA, A  PUTA DA CABRA….

Festas 13 Out 2009 12:49 p.m.

GHANDE POLBADA EN SOANDRES

Grande Polbada

O dia 24 de outubro, van facer unha grande polbada, no Campo de fútbol de Santa Baia. A festa é a partires das 21:30. Hai que mercar un tiquet por 20 euros antes do día 21 nestes locais:

Mesón Paco,Bar Caamaño, O Estanco ( Soandres)

Bar El Puente (Boedo)

Raio de Sol (coiro)

 O Noso Café ( Torás).

E por 20 euros papar a rebentar. Organiza a Asociación “Santa Lucía”, que leva ben anos aí invernando. Aghora espertou e ten gana de polbo. Coma os osos, que cando espertan na primavera teñen unha fame doente. Alghún aínda vai pensar que van facer unha orxía, e que pode ir alí sacarlle o lustre o frenillo. Pois non ohm, a festa é de papar si, pero polbo,”pulpo” en castelán.Pero ben a idea non estaría mal. Sería a hostia. Xa estou vendo, o cura subido o palco dando a misa, iso si en pelotas.As cachondas da orquestra tocándolle  a campaniña o cregho. Abaixo as autoridades, o alcalde, ghuardias e demais caciques, e os lambe-cús coméndolla coma de costume. E todo deus en pelotas fodendo no saque de esquina, na portería e por todo o campo de fútbol….

Carallo coma se me vai a pinza…pero non estaría mal para variar. 

Ei, que me esquecía que ese dia tocan Os Satélites