Category ArchiveNatureza



Natureza &Património 08 Xul 2010 12:05 p.m.

DESFEITOS OS CAMIÑOS DO MONTE DA MEDA

Este inverno pasado os fraghueiros (madeiristas) estiveron cortando nos alcolitos nos montes  da Pedra  da Meda en Soandres e Montemaor, e devido as choivas e a maquinaria que utilizan para quitar a madeira os camiños quedaron todos  desfeitos. Cheghou o verán e os camiños seguen sen amañar. E normal que teñan que sacar a madeira dos montes, pero o que non é normal e que desfaghan os carreiros e logho nos aranxen. Mentres ninghén se fagha cargho  de facelos transitables ( concello ou fraghueiros?) por alí non hai quen pase. Ademais de desfacer os camiños, tamén deixaron alí tirados moreas de latas de bebidas, botellas de plástico e latas de aceites e ghasolina ( algho moi común en eles), cometendo un delito ecolóxico nunha zona de nacemento de fontes.

A Pedra da Meda é a extrema de Soandres e Montemaor, ademais de ser a zona máis alta de Soandres ( 547m.). Alí tamén se divide a comarca de Ordes da de Berghantiños. A Pedra da Meda é unha fermosa pedra da que se contan ben contos-lendas.

No plan xeral do concello da Laracha aparece o lugar sinalado coma unha zona de posibles xacementos arqueolóxicos, i eu dou fe de iso. O concello fai algho o respecto??. NON.

Outro dia falarei deste monte máxico e as súas pedras.

Natureza 09 Mai 2010 07:09 p.m.

OS PLATANEIROS (platanus hispanica miller ex münchh)

Os Plataneiros. Así lle chaman na Laracha as árbores que están a veira da estrada  de Torás aos Muíños de abaixo – Coiro. Antigamente habíaos tamén pola estrada xeral, dende o lugar de Cillobre ata o lugar de Santa Lucia. Hai quen recorda cando  facían un túnel natural entre elas. Hoxe xa quedan moi poucas, e as que quedan, teñen que sufrir cada ano unha poda brutal e algunha que outra obra a carón das súas raices que fixo secar varias  .Este ano volveu a repetirse o ciclo de “podamentos”. A quen se lle ocorre podar os plataneiros cando están a botar a flor?. Ademais no plan xeral do cortello aparecen como protexidas. Ista e a maneira que teñen os mandatarios de protexe-los?. É unha magoa que desaparezan ou se traten así estas centenarias árbores orixinarias dos Balcans e o Himalaia. Moito lle queda que aprender a estes políticos de outros de antes. Fai máis de cen anos xa prantaban árbores nas zonas urbanas e hoxe na Laracha, os parques nen teñen erva, nen árbores nin ostias… teñen cemento. “ Eche o que hai oh!”…Por certo pra que carallo lle deixan os cornos eses?, será para espantar  mal de ollo dos do cortello?.