Category ArchivePorras



Porras 01 Xuñ 2011 12:35 p.m.

REMATOU A 2ª PORRA DO CORTELHO DA LARACHA

Ola porreiras e porreiros da Laracha. Saúdos dende a emighrasión. Sinto non rematar o da porra antes pero e que aquí na alemaña non se ven presisamente a pasar o tempo. Pera nada tranquilos\as  que logho volto pra aí , que aghora que ghañou o PP por todos lados vai a comesar a haber traballo arreo. Por serto, xa sei que non ven a conto pero mira que lle chove a Merkel esta. Disque nos quere quitar días festivos, que en Europa os que curran só son os alemáns. E un carallo, xa lle ghustaría aos xermanos estes traballar coma os ghaleghos. Esta fulana aínda nos ha querer quitar a París de Noia . Hai non, por aí si que non pasamos. Nin festivos, nin París de Noia… iso si que non.

Ben o que iamos. Despois da gholeda do PP na Laracha e tunda que levou oposisión toca ver os resultados da Porra. O resultado final foi: PP (13), BNG (2), PSOE (2).  Polo tanto os únicos que asertaron  e ghañaron unha camisola foron Vaites e Maria.  

Pero coma nos sobran tres ímolas sortear entre os outros participantes.

-Dalleavolta    -Fustigadora    -Abcdef , (1, 2)

 -Eskarapote     -Azu      -Eddie Cochram (3,4)

-Raxo con Patacas    -O Roxo    -Yo también quiero chupar del bote   (5,6)

  –Táuntempomatón ,-Pepa de Tuixe    -Porco de Pé  (7,8)    

–Mariasolinha  -Suiza Larachesa   -Español   –Carrachiña (9,0).

Os que partisipastes tedes adxudicado dous números. Se alghún destes nº cadran coa terminasión do sorteo da lotaría nacional do Sábado tócavos a camisola. Se toca no ghrupo último, que  hai catro tócalles ighual a cada un unha. Tamos que tirámola casa pola…

Aos que vos tocou ,podedes disirnos que talla, cor preferides  e a onde queredes que vola enviemos. Mandádenos unha mensaxe ao noso correo electrónico. ocortelhodalaracha@gmail.com

Grasiñas a todos e todas por partisipar, e sinto deixar este bloghe  pero non se pode atender a todo. A ver quen carallo faia aghora as porras e os ghións das películas. Se se anima alghún de vos  xa sabedes no cortelho collemos todos.

Vivan os festivos e as sesións vermuts, e que se fodan os alemáns que nas teñen.

Porras 09 Mai 2011 12:05 a.m.

II Porra “Espesial Eresións Munisipais”

ESPESIAL ERESIÓNS MUNISIPAIS

“ Esperta do teu sono,

que a túa porta están petando

Véñenche  traer, véñenche vender

as marabillas do mundo metido nun sobre…”

 

Bueno sen tempo non era. Cremos que xa se botaba de menos unha boa porriña, e que paresia que estaba a cousa parada. Como dixo alghén por aí “ fai falta chicha”. Esta ves se cadra non é tan doada a preghunta. Aproveitando a estasión das Eresións munisipais propoñémosvos que asertedes cantos conselleiros  vaia sacar cada partido (PPene, BNGhaitas  e PSOEnghaitas).

Esta ves tamén cambiamos o premio. Pasamos da botella de casique. Como o lema do Cortelho é “dalle o que poidas que non se ghasta”,  pensamos en sortear  un palé de condóns. E como non tamén uns latighos e unhas esposas  para amantes das emosións fortes. Tamén pensamos nun tanghita encarnado que lle fasia moita ilusión ao noso ben querido avoghado defensor… O que pasa e que a crise tamén nos afecta a nós. Maghoa que nós non teñamos tamén a variña maxica, esa coa que contan os políticos que che consede o que queiras. Desta imos sortear entre os asertantes unhas  sinco  camisolas  do cortelho da Laracha e tamén un lote de condóns. Tampouco ta tan mal non?,hahaha.

Veña animádevos a partisipar e a ver quen ten a Eresión máis ghrande.

Porras 09 Xuñ 2010 11:27 a.m.

REMATOU a 1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA

Mira ti oh, que caladiño o tiñan!!.  Aínda se presentou ben xente a praza de auxiliar administrativo no Cortello, pero a ghañadora ( como xa se esperaba) foi ” Eleniña Lópes Barre-ela”. Ghañaría por méritos propios, por enchufe, copiaría ou levaría chuleta os exames ???. Quen sabe. Na 1ª porra do cortello da Laracha, dábase como elixida, e así foi. Din que non é da familia do Kaseiro que só se parecen nos apelidos, pero que queredes que vos digha, eu véxolles que teñen un aire…

Pois a dia de hoxe remata a 1ª porra do cortello da laracha, e o ghañador ou ghañadora de esa fantástica botella de cacique 500(pódese cambiar por unha de licor café) serán unha de estas tres persoas ( aínda que eu tamén acertei, non quero entrar no concurso por si se pensa que fagho chanchullos):

Tacirupeca (1-4-7), Brétema (2-5-8), Litoral (3-6-9)

Pois o sorteo vaia ser da seghuinte maneira. Aos acértantes  adxudiqueilles  uns números.  O  que coincida  co primeiro nº  do cupón dos ceghos de este venres 11 de xuño, tócalle a botella. Se tocara ó “0”, repetiríase o sorteo o sábado. Sorte os participantes.

De tódalas maneiras, eu sigho dicindo que teñen un lixeiro parecido….

(“LITORAL” GHAÑADOR  DA 1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA)

Porras 10 Feb 2010 12:56 p.m.

1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA

Moitos e moitas de vós preghuntarédesvos a que ven isto da “1ª Porra do Cortello da Laracha”.Pois ven a conto de que convocan unha praza para auxiliar administrativo no cortello, e como xa é sabido,  estas prazas xa están adxudicadas antes de que se convoquen.Eu, coñecendo das cualidades adiviñadoras da xente, propúxenme facer este concurso. A cousa é moi doada. Como as porras de fútbol dos bares na que a xente aposta polo resultado dos partidos, pois aquí  é o mesmo. Só hai que dicir quen crees que ghañou …perdón, quen crees que ghañará a praza. Para o que acerte vai haber   como aghasallo unha “botella de cacique 500, ghran reserva”. Como hai quen non lle ghusta o cacique, pódolla cambiar por unha botella de licor café ou caña do pais  para ghalegos e ghalegas bravas. Prova as tuas dotes de vidente, e deixa nos comentarios o nome ou nomes do/a ghañador/a da praza.

Recorda unha botella de cacique 500 pode ser túa. Participa!!