Festas 30 Nov 2009 03:59 p.m.

A GHRANDE PARTIDA

póker na laracha

Este sábado pasado celebrouse a ghrande partidaileghal” nun lughar da parroquia de Lestón. Pero non foi nin de Tute, nin de brisca,nin de cinquillo… non oh, de póker!!.

Que foi das ghrandes partidas o tute nalghunha taberna de Torás?. Alghunha aínda se celebra, pero nada que ver con aquelas de 500 mil pesetas ata millóns, e non estou de coña. Alghún  perdeu alghunha leira e ata a casa. Pero xa se sabe que os tempos trocan.

 A xuventude leva unha tempada aviciada o póker, e xoghando alghúns ouros. Na partida había 9 mesas,  e a inscrición era de 15 ouros. O gañador levaba 300 de premio.

De isto as Veghas   non queda nin un paso. Xo estou vendo, A Laracha chea de casinos; máquinas tragha-cartos en todos os curros;  letreiros luminosos ghrandes  coma burros (o mais pequeno coma o do Cabalo Branco); igrexas nas que te casarías sen cursos prematrimoniais, e en ves de cantarche Elvis Presley, teriamos a un Pucho Boedo cantando “Viva A Laracha, viva A Laracha…”);   puterio por todos lados; e vicio…. e mais vicio.

 Amancio Ortegha, o de Zara  encomezou  vendendo camisas na Cruña e mira a onde cheghou.

 Xa se sabe “Comer e caghar, todo é empezar”.

One ResponseA GHRANDE PARTIDA to “”

  1. on 03 Dec 2009 at 2:02 p.m. 1.PALOIAS said …

    Quen che dixo a ti que era ilegal?, Cada un na sua casa fai o que lle sal dos collóns. O que ganou foi o Rei do Póker de Fofelle, porcerto a ver se apunta mais xente pra proxima, asi tocan mais cartos a repartir