Sen clasificar 29 Dec 2009 03:37 p.m.

A LENDA DE “O VENTOSO”

O VENTOSO 4

Ventoso era un mozo da Gallaecia, que nacera e vivía na aldea de Erboedo. Este xoven  galaico collera unha vella baiuca (taberna) que había na aldea veciña de Coiro. Doulle un novo aire a cociña da terra e a súa sona espallouse por todo o val Brigantino. Un tempo despois  quixo facer unha fonda para cabalos, mais para iso precisaba ben cartos. Din que de Roma daban unhas axudas e el pediunas. Se as cousas lle saian ben, poderíalle dar traballo a mais xentes das aldeas , e así estas non terían que irse as vilas e cidades.

Pero o Demo cruzouse no seu camiño. O xefe das tribos da volta, un galaico-romanizado  chamado Kaseirum, fixo todo o posible para que esas axudas non lle fosen concedidas. E así perdeunas case todas, pero acabou facendo a Fonda das Bestas. Celebrouno  convidando a veciñanza , e tamén foron algúns galaicos-romanizados , entre eles o xefe das tribos locais Kaseirum. Despois das trabas que lle puxo o rapas aínda tivo a coraxe de irse encher , pero claro tiña que facerse ver para cando chegaran as xuntas tribais e ser elixido de novo.

Ese dia un Raio de sol brilou na faciana do Ventoso.

6 ResponsesA LENDA DE “O VENTOSO” to “”

  1. on 03 Xan 2010 at 9:12 p.m. 1.Roxo said …

    Estes do PP nin foden nin deixan foder

  2. on 08 Xan 2010 at 2:30 p.m. 2.jaja said …

    ja ja ja é que me parto, por que non lle dis ó teu colega o ventoso que entregara os papeis que lle pediron en tempo, así podería disfrutar dos cartos da Xunta, Menos lobos caperuciña.

  3. on 10 Xan 2010 at 9:53 p.m. 3.Cochiquí said …

    Carallo como cambiou o conto…daquela aseghun ti,a culpa foi da Carapuchiña non do lobo…

  4. on 12 Xan 2010 at 6:14 p.m. 4.jaja said …

    Eu coido que antes de sacar a lingua a pacer hai que informarse, nin nada máis nin nada menos, o teu amiguiño ventoso é un pouco mentireiro….

  5. on 13 Xan 2010 at 5:23 p.m. 5.Cochiquí said …

    “Sacar a lingua a pacer”.
    No ceo!!, vaia frase 100 por 100 galega.Se foras muller de seguro que tiñas pelos nas tetas, do bravismo que es.Imos a ver, para falar de “O Ventoso” non teño que ser amigo, nin colega. Falas de que non entregou uns papeis que lle pediron en tempo…Se queres contar o conto, contao enteiro. Sen medo “Canta claro”, “canta claro” home. Pra rematar vou-no a facer cunha frase tamén 100 por 100 ghalega:
    ” A apastar a cocha por ahí”.

  6. on 31 Xan 2010 at 4:30 p.m. 6.ROXO said …

    Ostia vaia liorta que me perdín. A verdade e que non me conectei esta tempada. Eu tamén quería comentar algo e que conste que non son colega do Ventoso nin coñezo o Cochiquí este.Ao rapas este seino eu que lle tiñan parado o proxecto na Xunta por orden dos do concello.O pai nin el son simpatizantes do PP e xa se sabe que se non lles caes ben soen facerche a vida imposible, como xa lle fixeron a outra xente a hora de darlle os permisos e outra historia, que os vacilan.Non sei se nalgun intre lle faltoú algun papel pero o que é claro e que a ninguen lle sobran os cartos e se pode coller algunha axuda, non desaproveita a ocasión.Por iso dubido de que deixase de entregar os papeis de que fala “jaja”. Eles son moi amigos de facer verlle os demais de que a culpa é sempre dos outros e non de eles.
    Sorte o rapas este co seu proxecto dos cabalos, espero que a teña.