Património 06 Xan 2010 09:11 p.m.

BREOGHAN ERA DO PPeido ??

BREOGHAN 1

Que contentiño ia estar  Breoghán,  aghora que os políticos do  PPeido  tentan  recuperar  O Castro de  MontesClaros . Debeulles entrar a sensibilidade arqueolóxica despois de tantos anos no poder. Pero a realidade non é así . O patrimonio da Laracha leva sufrindo durante anos unha chea  de desfeitas, incluído o dito castro. Sen ir mais lonxe  en dous castros da Laracha, estes meses pasados meteron maquinaria pesada para sacar madeira,  desfacendo parte dos muros. O mesmo lle sucedeu o Castro de Montes- Claros  fai un par de anos pra sacar os alcolitos (por certo que está espeso deles) meteron tamén maquinaria  que fixo desfeitas . Tamén os de Hidroeléctrica Laracha colleron e plantaron un poste da lus de cemento. E para colmo dos males, no plan xeral aparece parte do castro edificable e alghúns  dos terreos que lindan con el. Todo o mundo sabe como se fixo o “flane a quen beneficiaron  as suas partes.  Xa se sabe “ Tu me das cremita, yo te doy cremita ( ou vaselina  seghún…).  Aghora veñen vendendo a moto  e saíndo  no xornal amigho “ A Rros de Ghalisia “  o Kaseiro  e o    Barba-eito, dous ex-cortelleiros de cultura. Desapareceu mais patrimonio estando estes no cortello  que en centos de anos atrás. Estes políticos terían que ir o trullo se se fixera cumplir a “ley” ( que ben eu sei por onde a pasan).

Se  BREOGHAN erghera a cabeza, ía repartir mais OSTIAS que alcolitos hai no Castro de Montes-Claros.

3 ResponsesBREOGHAN ERA DO PPeido ?? to “”

  1. on 07 Xan 2010 at 9:50 p.m. 1.esKrapote said …

    Non sabería que pensar… este repentino entusiasmo por salvar un castro do que pasaron olímpicamente durante anos. A ver se ó lado van facer unha urbanización de chalets adosados para os amigos.

    O de “A Rros de Ghalisia” non ten nome, máis manipulación á carta, e non só neste tema. Neste xornal publican o que lle convén ó mellor postor. Penoso.

  2. on 13 Xan 2010 at 8:13 p.m. 2.O tirapedras said …

    Bem. Alédome nom só por este tema se nom por toda a bitácora. Por fim alguém que fai algo na Laracha. Os meus parabéns por tanta valentia, por bater contra o mundo e darse conta.
    A ver se este rapas nos contaxia e espertamos dunha ves. Hai que luitar, é o único que podemos facer contra todos os que nos malghovernan, contra os caciquinhos de sempre, contra os abusos, contra este mundo de inxustizas, contra os ricos, contra os pobres que simulan seren ricos, polos que morreron loitando…
    Ánimo, companheiro, que non che falte saúde e unha cunca de caldo para seguir turrando.
    O tirapedras.

  3. on 14 Xan 2010 at 1:13 p.m. 3.Cochiquí said …

    Graciñas Tirapedras polo comentario, que sempre axuda a tirar pra diante.A ver ata onde cheghamos,eso sempre cunha cunca de caldo quente pra quentar o peito, e como dis ti pra seghir turrando.