Património 23 Xan 2010 08:35 p.m.

DESTRUEN UN SARTEGHO EN SOANDRES

SARTEGO Soandres-A Laracha

Estes días pasados saían na prensa amigha “ A Rros de Ghalisia “ (facendo  o paripe en Soandres)  a cúpula do ghoberno  local, o señor abade do Priorato (cregho ou como se lle queira chamare) e o director xeral de patrimonio, que resultou ser o ex alcalde do PP de Carballo. Aínda que non ven a conto da ghusto ver como o PP pon a xente cualificada no ghovernno da Xunta. Ten mais idea de patrimonio o noso can que todos estes xuntos.Disque querían coñecer persoalmente o patrimonio histórico Larachés para poñelo en valor.  Alghún día falarei do que desapareceu  e outras desfeitas no Priorato. Hoxe quero falar do sartegho  que se destruíu. A min  tíñame un parecido cunha pedra formosa , mais na ficha de patrimonio está cataloghado coma un sartegho. Nela aparece unha inscrición en latín. Como se pode ver na fotoghrafía non quedou ben parada. E aghora  que pasará?. Cargharan coa culpa os políticos locais que ghovernan, por non protexer e coidar do patrimonio como lles obriga a “lei” ?. Mandaran o cregho para Teixeiro?. Non lles vai a pasar nada. Coma outras veces, cálase  a boca e canto menos se saiba (fale) mellor.

“Total por unha pedra…”

9 ResponsesDESTRUEN UN SARTEGHO EN SOANDRES to “”

  1. on 23 Xan 2010 at 8:54 p.m. 1.esKrapote said …

    O que vai pasar voucho dicir eu, nada!! Vendo a seriedade coa que se tratan estes asuntos de patrimonio, conservación… O importante son os negocios que deixen moita pasta, urbanizacións, centros comerciais e similares, e se alguén ca súa pala rompe un castro, pois tápase a cousa e xa está. Cando nos demos conta, cando queiramos ver algunha construcción destas imos ter que pillar un libro e miralas fotos, se alguén se acordou de facelas a tempo. Unha lástima, a veces da a impresión que estamos rodeados de paletos que por unha presa de billetes méxanse polos pantalóns.

  2. on 24 Xan 2010 at 5:56 p.m. 2.O Colado do Vento said …

    Menuda desfeita! Coma sempre, non vai pasar nada.
    Un saúdo.

  3. on 24 Xan 2010 at 11:41 p.m. 3.Javi said …

    La verdad es que es una pena. Sobre todo por la pasividad de la gente. Es que luego ves y oyes a los gallegos en el extranjero y estan todo el dia: a miña terra, a miña terra que morriña. Y luego vienes a qui y andan a patadas con la naturaleza y el patrimonio. Pues en vez de tirar tanto cuete al aire y tanta orquesta ya lo podian invertir en cuidar “a terra”. Y con los salarios que se gastan os concelleiros da pataca ya podian moverse un poquito mas por los intereses de los vecinos. Pero como ya se save “Spain is diferent”.

  4. on 24 Xan 2010 at 11:49 p.m. 4.cerzeda_blues said …

    En Cerceda temos uns políticos que intentan dar o pego aínda que so enganen a quen queira ser enganado…lambecús de caciques nunca faltaron!!
    Na Laracha da a sensación desde fora que nin queren dar o pego, van de cara mostrando ao claro a faciana caciquil. Despois do cacique das fontes e lavadoiros máis do mismo…outro pepeiro con políticas franquistas. Cando o pobo votará con sentidiño??

  5. on 26 Xan 2010 at 12:43 p.m. 5.Pincho said …

    Que energúmenos… Nom ham de parar até que acabem com o país inteiro! O que sobreviveu centos de anos, esnaquiçam-no estes em décadas…

    E ânimo ao Cortello de Laracha para que siga a denunciar estas barbaridades!

  6. on 26 Xan 2010 at 5:50 p.m. 6.GalizacapitalBraga said …

    Galiza canibal. Semelha que nom se lhe ocorreu a nenhum \construtor\ do PP (ineptos e corruptos) levar a pedra ao jardim do seu chalé, ao carom do hórreo e o cruzeiro…

  7. on 31 Xan 2010 at 4:18 p.m. 7.ROXO said …

    Terian que meter o crego e ao alcalde na cadea. Eu acordo a meu avó e aos veciños por mandato do crego ir a levantar o chan do mosteiro e alí estaba cheo de tunbas . Colleron os corpos e tiraronos, alguns tiñan aneis de ouro e xoias. Meu avó tivo na man uns zapatos encarnados dun cadaver que estaba nun sartego. Nin tiñan permiso de patrimonio nin ostias.E digo eu osnde foron parar estas xoias?.Desto hai poucos anos.O crego segun meu avó tamén enganou a os donos maiores do Pazo de Paradela para quedarselles co escudo e así vendelo el. Todo mundo sabe en Soandres que é un peseteiro.Tamén me gutaria aproveitar a ocasión para decir que o tal historiador de Soandres pillou documentos do mosteiro e quedouse con eles. Aquí en Soandres o que máis pode máis rouba.Un saudo.

  8. on 26 Abr 2010 at 10:35 p.m. 8.alibaibaba said …

    eu sentín que tamén agacháranse reliquias que apareceron nas novas obras do mosteiro e que o cura tapou con cartos os constructores para que non se enterase patrimonio.

  9. on 27 Abr 2010 at 10:51 a.m. 9.Cochiquí said …

    A verdade e que se fixeron moitas animaladas, e creo que vai a ver que sacar algo sobre todo o que leva pasando estes anos no Priorato de Soandres