Memória Histórica 29 Xan 2010 04:13 p.m.

RÚAS FEIXISTAS NA LARACHA

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/__ZdhCvxwd0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

No nas queren  e  no nas queren …. quitar !!!.

 O que está claro e que simpatizan co réxime de Franco. E que non veñan con escusas de que “non lle cheghan as cartas os veciños”. E logho cantos veciños viven na Praza do generalisimo?. Preocúpalle  aghora  o cortello que non cheghen as cartas cando está cambiando  todos os anos os números das casas, elimina nomes de lughares que se chamaron así de toda a vida, e tamén troca os nomes de rúas que non lle interesan. Chámanlle “acto vandálico” arrincar a placa da rúa  Carrero Blanco   en  Caión  e despois eles fan apoloxía do fascismo. De quen dou un gholpe de estado contra a República  e fixo unha limpeza de quen non pensaba coma el. Na Alemaña non hai prazas adicadas a Hitler ,na Italia non hai rúas a Musolini, tampouco en Portugal  a Salazar, pero aquí na Laracha témolas a Franco e Carrero Blanco.

No vídeo da sexta, sae unha veciña decindo que tanto lle da Carrero Blanco  coma Lope de Vega, e non me estraña, tanto monta monta tanto. O tal Lope ese foi o que dixo:”Galicia,nunca fertiles de poetas, mas sí de casas nobles,ilustres capitanes y letrados”. Dous animaliños oh!.

Quero rematar coa frase que dixo a excortelleira do PPrrete  da Laracha:

Es que sino lo tenemos que sacar todo”.  ( Mais claro augha, sobran as palabras)

5 ResponsesRÚAS FEIXISTAS NA LARACHA to “”

  1. on 31 Xan 2010 at 3:41 p.m. 1.ROXO said …

    AINDA QUEDA XENTE CON COLLÓNS, ESO É O QUE HAI QUE FACER, SE NON CUMPLEN COA LEI, QUE SEXAN OS VECIÑOS OS QUE A FAGAN CUMPLIR. POR CERTO A PAISANA QUE SAE NO VIDEO QUE DI QUE LLE DA IGUAL CARRERO BLANCO QUE LOPE DE VEGA É A NAI DO CONCELLEIRO DO PP DE CAIÓN, NORMAL QUE DIGA ESO.QUE AS QUITEN DUNHA PUTA VEZ. ANIMO COA BITACORA ESTA.

  2. on 02 Feb 2010 at 1:08 p.m. 2.O MERLO FALSO said …

    FALANDO NO NOME DOS FASCISTAS DA LARACHA,QUE SOMOS MAIORIA,PORQUE IREMOS SACAR A PRAZA DO XENERALISIMO QUE TANTAS SARDIÑAS NOS VEU COMER A CAION E TANTA PUBLICIDADE NOS DOU POLOS TERRITORIOS CASTELLANOS.FACENDO INCAPÉ NA VOA FE DO SIÑOR FRANCO DEBERIAMOS ADEMAIS DA PRAZA DO CONCELLO CHAMARLLE AS FESTAS DA NOSA SIÑORA,AS FESTA DAS SARDIÑAS,EN HONOR O BO PROVEITO DESTE PERSONAXE QUE TANTAS COUSAS BOAS TROUXO A ESTA CIDADE A PARTE DA CULTURA FASCISTA QUE TEMOS.UN SALUDO E ARRIBA ESPAÑA,QUE NOS MERECE.(POLOS QUE NON FOMOS A MESMA ESCOLA,E POLAS DUVIDAS QUE POIDA ACARREAR ESTE COMENTARIO,ISTO SEÑORES É UNHA IRONIA)

  3. on 11 Feb 2010 at 6:57 p.m. 3.Anarquista de Salón said …

    Fai uns aniños un ilustre señor ou señora do partido que goberna dixera que “é que non tén sentido quitar as calles cos nombres da xente dun bando e poñer as do outro bando”. Éche unha cousa que está moito de moda entre as mentes máis ilustradas, igualar a vítimas e verdugos.

  4. on 20 Abr 2010 at 7:27 p.m. 4.Uxío said …

    Vaites oh, que trinta anos despois moito valente solto hai que hincha o peito en contra de Franco. Os mesmos que cando vivía andaban co rabo entre as pernas ou non naceran sequera. Os mesmos que agora están a favor doutro ditador como Fidel Castro (claro que este ainda ta vivo e mata xente que non pensa coma el, igualiño ca Franco solo que da extrema esquerda en vez da dereita).
    A maioría dos governantes da historia de España non foron demócratas, e gústenos ou non forman parte da nosa historia e non por eso imos agora derrubar o porta de Alcalá polo malo que era Felipe III, por poñer un exemplo.
    Déanselle todos os dereitos ás vítimas e familiares tanto dun bando coma do outro e deixemos atrás unha etapa oscura construindo entre todos máis democracia e menos remexer letreiros e parvadas coma a estatua de Ferrol que á maioría nos da igual que estea nunha praza ca nunha corredoira e que estamos cansos de que se nos malgasten os nosos cartos en que catro iluminados que se van de modernismos crean que fan xustiza facendo paiasadas. Un saludo.

  5. on 21 Abr 2010 at 10:53 a.m. 5.Cochiquí said …

    Co rabo entre as pernas… xustiza …paiasadas…
    Ti eres libre de pensar como queiras, aida que non comparta a tua opinión, ou polo menos en parte , aí queda o teu comentario. Saude meu.