Porras 10 Feb 2010 12:56 p.m.

1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA

Moitos e moitas de vós preghuntarédesvos a que ven isto da “1ª Porra do Cortello da Laracha”.Pois ven a conto de que convocan unha praza para auxiliar administrativo no cortello, e como xa é sabido,  estas prazas xa están adxudicadas antes de que se convoquen.Eu, coñecendo das cualidades adiviñadoras da xente, propúxenme facer este concurso. A cousa é moi doada. Como as porras de fútbol dos bares na que a xente aposta polo resultado dos partidos, pois aquí  é o mesmo. Só hai que dicir quen crees que ghañou …perdón, quen crees que ghañará a praza. Para o que acerte vai haber   como aghasallo unha “botella de cacique 500, ghran reserva”. Como hai quen non lle ghusta o cacique, pódolla cambiar por unha botella de licor café ou caña do pais  para ghalegos e ghalegas bravas. Prova as tuas dotes de vidente, e deixa nos comentarios o nome ou nomes do/a ghañador/a da praza.

Recorda unha botella de cacique 500 pode ser túa. Participa!!

28 Responses1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA to “”

  1. on 11 Feb 2010 at 1:25 p.m. 1.Cochiquí said …

    Vaia moita leria pero aínda non apareceu nenghun nome.Vaia secadra é que o premio non convence.O mellor tería que sortear un cocho.A ver pra vindeira ves. Daquela vou romper o xeo cun nome. Elena, por dicir algho.

  2. on 11 Feb 2010 at 6:49 p.m. 2.Anarquista de Salón said …

    Eu nomes de posible candidatos non che sei, non me movo en círculos tan selectos e exquisitos como para ter unha idea de quen pode ocupar o posto. O que sí sei é que será alguén moi agradecido ao señor alcalde e concelleiros, que de seguro lles devolverá o favor, e que probablemente será alguén que non teña puta de escribir a máquina, nada de cultura xeral, e arrastrará a súa ineptitude e incompetencia con prepotente chulería e cara de cocho/a ata o día da súa xubilación. Vamos, nada ao que non estemos acostumados. A culpa non é deles (dos que mandan), eles só miran polos seus intereses, e vender favores é unha maneira máis de mirar por eles. A culpa é do pobo que lle lo permite. O que máis me gusta de todo isto é a idea de regalar unha botella de CACIQUE, co cal me botei unhas boas risas, o nome da marca alcólica non podía ser máis apropiado. O posto, non lle lo envidio nada. Val a pena traballar de peón que non ser un pallasiño servil e agradecido.

  3. on 11 Feb 2010 at 6:51 p.m. 3.Anarquista de Salón said …

    Cando falaba dos concelleiros, referíame aos do partido que goberna, entendémonos…

  4. on 11 Feb 2010 at 11:45 p.m. 4.xa said …

    eu aposto por Consuelo de Vilaño…

  5. on 12 Feb 2010 at 1:54 p.m. 5.verdia said …

    A gorda

  6. on 14 Feb 2010 at 1:05 p.m. 6.esKrapote said …

    Como tamén quero optar á botella, voto por Iria, que tamén choia de vez en cando no Concello, e seguro que ten papeletas para a praza.

  7. on 15 Feb 2010 at 10:08 p.m. 7.Estantia said …

    Estou seguro que o porco depe “don caseiro” a atopar algunha persoa cualificada con falta de inorancia pa cubrir esa praza igual que atopou a Maica,Belen de cabezas,a filla da ghorila,a das rañeiras,rocio de estramil ou iria,pero nn me estrañaria nada q metesen a muller de Xoios q tamn cumpre cos requisitos.

  8. on 15 Feb 2010 at 11:37 p.m. 8.Un de San Román said …

    Eu escollo a neta do Jorila de San Román. Por certo a min se me toca prefiro a botella de licor café, o cacique non me justa nin o nome.

  9. on 18 Feb 2010 at 6:24 p.m. 9.eu tamen quero vivir do bote said …

    Eu voto por Iria, tamén tiña na mente a Elena de Vilaño pero polo que me dixeron xa a colocaron para algún choio coa Caixa Galicia dende o Untamento. A jorila de San Román xa ten posto alí, así que non pode contar.
    Oes e se hai empate que fas? Repartes a botella en chupitos ja ja. Saudos a todos

  10. on 19 Feb 2010 at 8:10 p.m. 10.Litoral said …

    Eu coido que unha das favoritas é Elena López Varela, que aínda que se apelida coma o Sr. Alcalde non ten nada que ver con el, familiarmente refírome, si que comparten afiliación política… Así que aposto por esta muller.

  11. on 19 Feb 2010 at 8:12 p.m. 11.Litoral said …

    Ah, a Elena nomeárona como representante na asamblea de Caixa Galicia, pero iso non é un posto de traballo, cobrará algunha dieta pero non é un traballo remunerado, así que aínda está por colocar

  12. on 22 Feb 2010 at 4:41 p.m. 12.brétema said …

    nunca pensei que na 2ªplanta do concello houbese tanta xente detrás deses viombos. Foi todo unha sorpresa cando un dia me asmei. Eu vou votar por Elena a de vilaño pa que a poñan diante do viombo.
    saúdos

  13. on 22 Feb 2010 at 5:37 p.m. 13.Cochiquí said …

    Nunca pensei que ía participar tanto a xente. A todo isto se hai empate sortearei botella entre os acertantes. Se non acerta ningún sorteareina entre os participantes, e sen enchufe claro.
    PUNTUACIÓN ATA O DE AGORA:
    ELENA 2
    IRIA 2
    CONSUELO 1
    GORDA(?) 1
    JORILA 1
    A MULLER DE XOIOS 1
    A porra durará ata que saia “a” ou “o” elexido

  14. on 23 Feb 2010 at 10:16 p.m. 14.cuchoo vee said …

    podriase propoñer algun home,que parece que non hai home ninjun na Laracha.asi q eu voto por Xoias,e q vaian os dous,

  15. on 25 Mar 2010 at 9:21 p.m. 15.un de fora said …

    Hoxe foi o ghran dia, e taban todos moi nerviosos por si se lles descubria o tapadillo. Así que en vista do éxito de hoxe….. eu voto por….. UN/UNHA DE FORA.

  16. on 26 Mar 2010 at 2:10 p.m. 16.tacirupeca said …

    Boas a todos/as, a miña aposta vai por Elena López Varela, xa que se vedes as bases, para ser un auxiliar de servizos sociais, valoran a licenciatura
    *Licenciatura na rama de administración, empresariais, económicas ou Ciencias do Traballo: 2 ptos (que é o caso de Elena) ¿E logo, aquí non habería que valorar a diplomatura de traballador/a social? en ningunha parte das bases, fala desa categoría, xa me dirás as funcións dun auxiliar de servizo sociais non ten que saber tanto de economía, nin de empresariais, xa que as funcións serán as de pasar a ordenador os informes que emita a traballadora social ou a educadora social.
    mirade que risa que no temario só fan referencia dos 20 temas ao 19 e ao 20 sobre o posto a desenvolver.

    Tema 19. Lei de Servizos Sociais.

    Tema 20. Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía personal e atención ás persoas en situación de dependencia. Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración do Programa individual de atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de compatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

    A ver como sae a cousa…cousiñaaaaa…

    E logo que dicides da praza de DE EDUCADOR FAMILIAR que foi con tanto secretismo… a ver quen pode ser a finalista? xa me diredes…..

    Unha aperta.

  17. on 29 Mar 2010 at 5:51 p.m. 17.Cochiquí said …

    Graciñas pola información Carapuchiña. Parece que cada ves está máis claro, que van a ENCHUFAR a tal Elena, pero quen sabe o mellor hai sorpresas. E o da praza de Educador Familiar, a verdade e que non me enterei. Ostias vaia fallo. O espia que teño no Cortello falloume,hahaha. A ver quen entra. Veña xa queda menos para o remate da PORRA. Pero ainda se pode seguir participando.

  18. on 29 Mar 2010 at 5:58 p.m. 18.Cochiquí said …

    RESULTADO DA PORRA A DÍA DE HOXE:
    ELENA 3
    IRIA 2
    CONSUELO 1
    GORDA(?)1
    JORILA 1
    A MULLER DE XOIOS 1
    XOIOS 1
    UN/UNHA DE FORA 1

    Sorte os/as participantes, que xa queda menos para a GHRAN ENCHUFADA.

  19. on 31 Mar 2010 at 3:46 p.m. 19.tacirupeca said …

    Boas,
    non sabía onde clasificar esta nova, pero se a podes colgar nalgures….

    mirade o que anda a facer o alcalde de A Laracha…
    picade neste enlace e xa o descubriredes….

    http://www.sietecruces.com/asociacion/Article150.phtml

    ” El alcalde de Laracha atenta contra la Constitución atacando las personas por su ideal político.”

    Deica.

  20. on 13 Abr 2010 at 4:17 p.m. 20.tacirupeca said …

    Ola outra vez,
    hai novas, xa lle están facendo o cocho a outros/as dúas máis no concello…. mirade o BOP Nº 67 – martes, 13 de abril de 2010, para ver que non son supersticiosos estes.

    http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/04/13/2010_0000004872.html

    copiade este enlace e xa veredes as bases, de risa……..hai que facer outra porra jejejeje.
    ou senón lédeo que volo copiei:

    Administración Local

    Municipal

    A Laracha

    Bases selección promoción interna administrativo administración xeral

    Bases selección promoción interna administrativo administración xeral.

    O Alcalde mediante Resolución de data 5 de abril de 2010, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección, mediante promoción interna, de dous funcionarios/as de carreira, para as prazas de administrativo/a de administración Xeral incluídas na oferta de emprego público do Concello do ano 2008, que foron publicadas integramente no BOP nº 292, correspondente ao día 20 de decembro de 2008.

    “BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE, MEDIANTE PROMOCIÓN INTERNA, DE DÚAS PRAZAS DE ADMINISTRATIVO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DA LARACHA (A CORUÑA) PARA O ANO 2008

    Primeira.- Obxecto da convocatoria

    É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade de dúas prazas de administrativo/a encadradas na escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, pertencente ao Grupo C1, incluídas na Oferta de Emprego Público de 2008 (BOP nº 292, do 20 de decembro de 2008), ao amparo da lexislación vixente en materia selección de persoal funcionario ao servizo da administración local.

    Segunda.- Sistema de selección

    O procedemento selectivo será o de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

    Terceira.- Requisitos dos/as aspirantes

    Para ser admitidos a realización destas probas selectivas, os/as aspirantes, deberán reunir os seguintes requisitos:

    – Ter nacionalidade española ou ser nacional doutros Estados conforme aos artigos 56 e 57 do Estatuto Básico do Empregado Público

    – Ter cumpridos 16 anos de idade.

    – Estar en posesión do título de Bacharelato, formación profesional de 2º grao ou equivalente ou ter unha antigüidade de dez anos na subescala de Auxiliares de administración xeral do Concello da Laracha.

    – Ser funcionario de carreira do Concello da Laracha, e pertencer á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar e Grupo de Clasificación C2, do artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.

    – Ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na escala de Administración Xeral, subescala de Auxiliar, o día da finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación, segundo o disposto no artigo 76 do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

    – Non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das tarefas correspondentes á praza á que se opte.

    – Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas, así como non estar incurso en calquera incompatibilidade das previstas na Lexislación vixente.

    Os anteriores requisitos deberanse cumprir con referencia ao último día de prazo de presentación das solicitudes, e será nulo o nomeamento como funcionario de carreira dun aspirante que estea incurso en causas de incapacidade conforme á normativa vixente.

    Cuarta.- Presentación de solicitudes e admisión de aspirantes.

    As solicitudes, dirixidas ó sr. Alcalde-Presidente da Corporación, expresarán que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. ou na forma prevista no art. 38.4 da lei 30/1992, de 26 de novembro. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común..

    Os aspirantes presentarán, de ser o caso, o orixinal ou copia compulsada do Celga 3 ou equivalente de cara á exención do segundo exercicio prevista nestas bases.

    Previamente publicaranse as bases íntegras no BOP da provincia da Coruña e un anuncio extractado da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    O cumprimento de todos e cada un dos requisitos esixidos na convocatoria será referido á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    Ás solicitudes acompañaranse unha copia do Documento Nacional de Identidade, así como unha copia compulsada do Título de Bacharelato, Formación profesional de 2º grao ou equivalente ou certificado de ter unha antigüidade de dez anos na subescala de auxiliares de administración xeral do Concello da Laracha.

    Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o sr. Alcalde, no prazo máximo dun mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello e publicarase no BOP, relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora do comezo do primeiro exercicio, de modo que o exercicio non se celebre antes de quince días contados dende a publicación.

    Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso–administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP.

    Quinta.- Fase do concurso

    A fase de concurso, que será previa á da oposición, non terá carácter eliminatorio, nin a puntuación obtida nela poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición.

    Valoraranse os seguintes méritos:

    • Experiencia profesional na Administración Pública:

    – Por servizos prestados no Concello da Laracha nunha praza do Grupo C2, Auxiliar de Administración Xeral: 0,1 puntos por mes completo de servizos ou fracción de 30 días a xornada completa.

    • Formación:

    – Por formación relacionada coas tarefas propias da Administración Local, impartida pola Administración Pública, Universidades, centros públicos ou concertados, organismos oficiais e demais formación homologada:

    – Cursos de 40 horas ou máis: 0,5 puntos por curso.

    – Cursos de menos de 40 horas: 0,25 puntos por curso.

    – Coñecemento do idioma galego:

    – Por estar en posesión do título de Linguaxe Administrativa de grao medio: 0,5 puntos.

    – Por estar en posesión do título de Linguaxe administrativa de grao superior: 1 punto

    No caso de ter os dous cursos só se valorará o de maior puntuación.

    Os aspirantes presentarán conxuntamente coa instancia para tomar parte no proceso selectivo unha relación dos méritos que aleguen.

    A esta relación acompañaranse os documentos xustificativos dos méritos alegados, orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se terán en conta, nin se valorarán aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación das instancias.

    A experiencia profesional acreditarase coa certificación de servizos prestados da administración pública correspondente, na que claramente consten as datas concretas de prestación de servizos, a categoría profesional e na que se poda comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coa praza convocada.

    A puntuación máxima que se pode alcanzar nesta fase de concurso será a de 15 puntos por todos os méritos valorables.

    Antes do comezo da fase de oposición publicaranse no taboleiro de edictos do Concello a puntuación outorgada a cada aspirante polos méritos alegados e debidamente acreditados.

    Sexta.- Fase de oposición

    A fase de oposición constará de dous exercicios, todos eles de carácter obrigatorio e eliminatorio, e serán os seguintes:

    Primeiro exercicio:

    De carácter teórico-práctico: Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de noventa minutos a/s pregunta/s plantexadas polo tribunal relacionadas co programa da convocatoria (Anexo I) e/ou as funcións propias do posto dentro da Subescala Administrativa de Administración Xeral relacionadas na Relación de Postos de Traballo aprobada polo Concello e que se relacionarán cun suposto/s práctico/s que deberán resolver ou desenvolver como exemplo do aspecto teórico. Neste exercicio avaliarase a formación xeral e académica, a claridade, a orde das ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese. Valorarase como máximo con 15 puntos e será necesario acadar 7,5 puntos para aprobar este exercicio.

    Corresponde ao tribunal determinar o nivel de coñecementos básico para acadar a puntuación mínima.

    – Segundo exercicio:

    Consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto proposto previamente polo tribunal, do castelán ao galego ou do galego ao castelán, de forma escrita, nun tempo máximo de media hora. O exercicio cualificarase como apto ou non apto.

    Estarán exentos/as da realización do terceiro exercicio os/as aspirantes que acrediten a súa capacidade mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de lingua galega Celga 3, ou equivalente, expedido polo organismo oficial competente, no prazo de presentación de solicitudes.

    Sétima.- Cualificación do concurso-oposición

    O primeiro exercicio da fase de oposición será cualificado ata un máximo de quince (15) puntos, e serán eliminados os/as opositores/as que non acaden un mínimo de sete con cinco (7,5) puntos.

    O segundo exercicio da fase de oposición será cualificado como apto ou non apto.

    O número de puntos que outorgará cada membro do tribunal no primeiro exercicio será de 0 a 15 puntos.

    A puntuación de cada proba, será o resultado de dividir a suma dos puntos outorgados por cada membro de tribunal entre o número destes.

    A cualificación da fase de oposición será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios. Será preciso superalos todos para aprobar a oposición.

    A puntuación final dos/as opositores/as aprobados/as estará determinada polo resultado de sumar á puntuación obtida na fase de oposición a dos méritos da fase de concurso.

    Oitava.- Tribunal cualificador:

    1.- O tribunal cualificador designado pola alcaldía – presidencia (en virtude do artigo 21.1.g) de 7/85 de 2 de Abril reguladora das Bases do Réxime Local), e en base ao establecido pola Lei 7/2007 de 12 de abril, Estatuto Básico do Empregado Público, estará integrado polos seguintes membros:

    Presidente/a: Un funcionario/a de Administración Xeral do Concello da Laracha do grupo C1 ou superior.

    Suplente: Un funcionario/a da Administración Local do grupo C1 ou superior.

    Secretario/a: O secretario do concello da Laracha.

    Suplente: Un funcionario/a da Administración Local do grupo C1 ou superior.

    Vocais:

    – Un funcionario/a de Administración Xeral do Concello da Laracha do grupo C1 ou superior.

    Suplente: Un funcionario/a da Administración Local do grupo C1 ou superior.

    – Un funcionario/a de Administración Xeral do Concello da Laracha do grupo C1 ou superior.

    Suplente: Un funcionario/a da Administración Local do grupo C1 ou superior.

    – Un policía Local do Concello da Laracha.

    Suplente: Un funcionario/a da Administración Local do grupo C1 ou superior.

    2.- O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o presidente e o secretario ou persoas que os substitúan. De tódalas reunións que faga o tribunal o/a secretario/a redactará acta.

    3.- Os membros do tribunal absteranse de intervir e o comunicarán á autoridade convocante cando concorran algunhas das circunstancias prevista no artigo 28.2 de Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

    4.- O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan en aplicación das presentes normas así como nos casos non previstos polas mesmas.

    5.- O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas.

    6.- O alcalde, vista a proposta do tribunal, procederá á adopción do decreto correspondente que acordará o nomeamento dos funcionarios/as de carreira.

    Novena.- Presentación de documentos, nomeamento e toma de posesión.-

    Os aspirantes propostos presentarán no prazo máximo de vinte días naturais, contados a partir do momento en que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos de reuni-los requisitos establecidos na convocatoria.

    Como os/as aspirantes propostos polo Tribunal serán, no seu caso, funcionarios/as de carreira do Concello, presentarán tan só os documentos específicos de titulación para esta praza.

    Concluído o proceso selectivo e aprobados os documentos a que se fai referencia, o sr. Alcalde, de acordo coa proposta do Tribunal cualificador, procederá a nomear funcionario/a de carreira aos opositores designados polo Tribunal, que deberán acatar a Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e o resto do ordenamento xurídico, así como tomar posesión como funcionario de carreira no prazo de trinta días naturais a contar dende que se lles faga o nomeamento.

    No caso de non tomar posesión en prazo sen causa xustificada, quedará en situación de cesante coa perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento concedido.

    Décima.- Disposición aplicables.-

    En todo o non previsto nestas bases estarase ó disposto na Lei 7/2007 do estatuto básico do empregado público; na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases do réxime local; no Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; no Decreto do 20 de marzo de 1991 da Comunidade Autónoma de Galicia e nas demais disposicións aplicables e concordantes.

    Undécima. – Impugnación

    A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven desta poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

    ANEXO I. Programa.

    Tema 1. A Constitución española de 1978. Estructura e principios xerais.

    Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

    Tema 3. A organización territorial do Estado na Constitución.

    Tema 4. O Poder Xudicial: principios constitucionais.

    Tema 5. Sometemento da Administración á Lei e ao Dereito. Fontes do Dereito Administrativo: especial referencia á Lei e aos Regulamentos.

    Tema 6.- O Estatuto de Autonomía de Galicia: estructura, contido e reforma.

    Tema 7. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos: a Administración e o/a administrado/a. Capacidade e representación. Dereitos do administrado/a.

    Tema 8. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación e notificación. Eficacia, executividade e execución forzosa. Suspensión. Validez e invalidez do acto administrativo. Validación, conservación e conversión.

    Tema 9. O procedemento administrativo: concepto e clases. As fases do procedemento administrativo.

    Tema 10. O procedemento administrativo. Iniciación, ordenación e instrución do procedemento.

    Tema 11. O procedemento administrativo. Terminación do procedemento administrativo. O silencio administrativo.

    Tema 12.–Revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos: principios xerais. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición. O recurso extraordinario de revisión.

    Tema 13. Especialidades do procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de documentos: requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

    Tema 14. O expediente administrativo. Concepto. Os/as interesados/as nos expedientes.

    Tema 15.– O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.

    Tema 16.– O Municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación: especial referencia ao empadroamento.

    Tema 17.– Organización municipal. Competencias.

    Tema 18.- Organización municipal do Concello da Laracha.

    Tema 19.–Réxime xeral das eleccións locais.

    Tema 20.–Funcionamento dos órganos colexiados locais: réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos. As resolucións do presidente da Corporación.

    Tema 21.–Ordenanzas, Regulamentos e Bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. Infraccións.

    Tema 22.–A responsabilidade da Administración Pública: evolución histórica e situación actual.

    Tema 23.–O persoal ó servizo das Entidades Locais: funcionarios, persoal laboral, persoal eventual e persoal directivo.

    Tema 24. Dereitos e deberes dos/as empregados/as públicos/as. Principios éticos e de conducta.

    Tema 25.–Réxime xurídico do persoal das Entidades Locais: Dereitos e deberes. Réxime disciplinario. Situacións administrativas. Incompatibilidades.

    Tema 26. Os contratos administrativos. As partes no contrato. Capacidade e solvencia do/a empresario/a. As garantías esixibles na contratación no sector público.

    Tema 27. A selección do/a contratista e a adxudicación dos contratos. Normas xerais. Publicidade. Licitación. Selección do/a adxudicatario/a.

    Tema 28. O contrato administrativo: O procedemento aberto, o procedemento restrinxido e procedemento negociado.Normas específicas de contratación nas entidades locais.

    Tema 29.–Formas de acción administrativa. A actividade de fomento. A actividade de policía: as licenzas. O servizo público: formas de xestión dos servizos públicos.

    Tema 30.–A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

    Tema 31.–Os bens das Entidades Locais. O dominio público. Bens patrimoniais. Bens comunais.

    Tema 32.–A lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana. A Lexislación básica estatal. A lexislación autonómica galega.

    Tema 33. As licenzas urbanísticas. Actos suxeitos a licenza. Procedemento de outorgamento de licenzas. A caducidade das licenzas.

    Tema 34. Deber de conservación e ordes de execución. Protección da legalidade urbanística.

    Tema 35. O Plan Xeral de Ordenación Municipal da Laracha. Réxime xurídico e especialidades para o solo rústico.

    Tema 36.–As facendas locais. Clasificación dos ingresos. As ordenanzas fiscais.

    Tema 37.–Estudio especial dos ingresos tributarios: impostos, taxas e contribucións especiais. Os prezos públicos.

    Tema 38.- As ordenanzas fiscais no Concello da Laracha.

    Tema 39.–Os orzamentos das entidades locais. Procedemento de aprobación do orzamento municipal. Documentación orzamentaria. Modificacións e liquidación do orzamento. O orzamento no Concello da Laracha.

    Tema 40.–O gasto público local: concepto e réxime legal. Execución dos gastos públicos. Contabilidade e contas.

    Xa me diredes.

    Saúdos.

  21. on 13 Abr 2010 at 5:17 p.m. 21.Cochiquí said …

    Graciñas Carapuchiña, logo hai que sacar a segunda porra, veña.

  22. on 05 Mai 2010 at 10:12 a.m. 22.tacirupeca said …

    Ola!!!

    estes do Concello deben ter présa en colocar a esas dúas persoas, en facelos/as funcionarios/as, xa que xa o publicaron no BOE. Mándovos o enlace.É do luns 3 de maio.
    Nesta resolución que saca o concello, do 14 de abril de 2010, non fai alusión, non lle importa o tema transversal da igualdade, xa que cando fai referencia a convocatoria das prazas que se prevén, pon “administrativo” e non (como debería de figurar) adminstrativo/a.

    Que se apuren os/as afortunados/as, que son vinte días contados dende o luns. jejejej

    http://www.boe.es/boe/dias/2010/05/03/pdfs/BOE-A-2010-6999.pdf

    A ver se se fai unha segunda porra.

  23. on 05 Mai 2010 at 12:31 p.m. 23.Cochiquí said …

    Ei Carapuchiña, a praza ista é para promoción interna, para funcionarios que xa están dentro non?

  24. on 06 Mai 2010 at 9:11 a.m. 24.tacirupeca said …

    Ola,
    sí é para xente que xa está dentro, pero a ver se averiguades quen son os/as afortunados/as jejejeej.

    Saúdos.

  25. on 06 Mai 2010 at 1:17 p.m. 25.Cochiquí said …

    A ver que nos contan os/as espias que temos dentro…

  26. on 03 Xuñ 2010 at 4:16 p.m. 26.tacirupeca said …

    Moi boas,
    mirade o que saíu hoxe na Voz de Galicia, a ver quen son os afortunados seleccionados.

    http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/06/03/0003_8524853.htm

    O cuarto obradoiro de emprego do Concello larachés permitirá formar e ocupar a máis de corenta persoas

    Fontes da Consellería de Traballo e Benestar anunciaron onte que a Xunta aprobou a solicitude presentada polo Concello da Laracha para organizar un novo obradoiro de emprego (o cuarto no municipio) que permitirá dar formación e emprego a ao redor de corenta persoas durante un ano.

    O proxecto, que suporá un investimento total de algo máis dun millón de euros, posibilitará ademais executar tres proxectos de adecuación de espazos públicos: o acondicionamento das prazas públicas situadas xunto ás igrexas de Vilaño e Montemaior, e a mellora da contorna do mosteiro de San Pedro de Soandres, completando así as obras xa realizadas na zona mediante a substitución do asfalto dos seus arredores por un firme de pedra máis acorde co monumento.

    O alcalde, José Manuel López Varela, cualificou o anuncio de «moi boa noticia, especialmente nos tempos que corren» e detallou que os 34 alumnos estarán divididos en tres especialidades: carpintería de madeira, albanelería e cantería. Ademais, suporá a contratación doutras sete ou oito persoas, que se encargarán das tarefas docentes e organizativas.

    López Varela explicou que o proxecto inicial do Concello prevía que o obradoiro dese formación a un total de 60 alumnos e incluíse a execución de varios proxectos máis, polo que o seu orzamento roldaba os dous millóns de euros. «Ou recorte fai que teñamos que volver a axustar as cifras, pero, seguramente quedarán nuns 800.000 euros, que poñerá a Xunta, e entre 200.000 e 300.000, que lle corresponderán ao Concello», avanzou. Tamén explicou que realizarán a selección dos alumnos o próximo mes para que as actividades poidan comezar xa en agosto e aproveitar o bo tempo para acometer os primeiros traballos.

  27. on 17 Xuñ 2010 at 1:45 p.m. 27.tacirupeca said …

    Moi boas,
    sigo co mesmo proceso selectivo de promoción interna, estes do concello debían de estar tontos cando fixeron as bases, xa que no Bop do día 15/06/2010 sacan unha rectificación das mesmas.

    Que sorte van ter os/as afortunados/as que van quedar ahi para sempre.

    Eu xa vou facer dar un nome para unha praza:

    Belén de Cabezas, razón: xa que nesta modificación textual, ela ten o título de técnico:

    1º.- Modifícanse de conformidade co art. 56.1 c) e 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público os seguintes requisitos na base terceira:

    Terceira.- Requisitos dos/as aspirantes

    Para ser admitidos a realización destas probas selectivas, os/as aspirantes, deberán reunir os seguintes requisitos:

    […] – Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

    -************ Estar en posesión do título de Bacharelato ou técnico ou ter unha antigüidade de dez anos na subescala de Auxiliares de administración xeral do Concello da Laracha.********

    http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/06/15/2010_0000008748.html

    Administración Local

    Municipal

    A Laracha

    Rectificación bases selección promoción interna administrativo Administración Xeral

    A Laracha

    Rectificación bases selección promoción interna administrativo administración xeral.

    O Alcalde mediante Resolución de data 8 de xuño de 2010, acordou, á instancia da Dirección Xeral de Administración Local, aprobar a modificación das bases reguladoras do proceso de selección, mediante promoción interna, de dous funcionarios/as de carreira, para as prazas de administrativo/a de administración Xeral incluídas na oferta de emprego público do Concello do ano 2008, que foron publicadas integramente no BOP nº 67 de 13 de abril de 2010 e anunciada á convocatoria no BOE nº 107 de 3 de maio de 2010, sendo as modificacións as seguintes:

    1º.- Modifícanse de conformidade co art. 56.1 c) e 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público os seguintes requisitos na base terceira:

    Terceira.- Requisitos dos/as aspirantes

    Para ser admitidos a realización destas probas selectivas, os/as aspirantes, deberán reunir os seguintes requisitos:

    […] – Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

    – Estar en posesión do título de Bacharelato ou técnico ou ter unha antigüidade de dez anos na subescala de Auxiliares de administración xeral do Concello da Laracha.

    2º.- Modifícanse de conformidade co art. 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e coa disposición adicional 2ª da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, os seguintes requisitos da documentación na base cuarta:

    Cuarta.- Presentación de solicitudes e admisión de aspirantes.

    […] Os aspirantes presentarán, de ser o caso, o orixinal ou copia compulsada do Celga 4 ou equivalente de cara á exención do segundo exercicio prevista nestas bases.

    […] Ás solicitudes acompañaranse unha copia do Documento Nacional de Identidade, así como unha copia compulsada do Título de Bacharelato ou técnico ou certificado de ter unha antigüidade de dez anos na subescala de auxiliares de administración xeral do Concello da Laracha.

    3º.- Modifícase co fin de aclarar a experiencia valorable e a puntuación máxima de concurso de conformidade co art. 38.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado por Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo ao abeiro do apartado terceiro da disposición final cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público os seguintes aspectos da base quinta:

    Quinta.- Fase do concurso

    […] Valoraranse os seguintes méritos:

    • Experiencia profesional na Administración Pública:

    – Por servizos prestados no Concello da Laracha ou noutra Administración Local nunha praza do Grupo C2, Auxiliar de Administración Xeral: 0,1 puntos por mes completo de servizos ou fracción de 30 días a xornada completa.

    […] A puntuación máxima que se pode alcanzar nesta fase de concurso será a de 10 puntos por todos os méritos valorables.

    4º.- Modifícanse de conformidade coa disposición adicional 2ª da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, o seguinte apartado da base sexta:

    Sexta.- Fase de oposición

    […] Estarán exentos/as da realización do segundo exercicio os/as aspirantes que acrediten a súa capacidade mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de lingua galega Celga 4, ou equivalente, expedido polo organismo oficial competente, no prazo de presentación de solicitudes.

    5º.- Modifícanse de conformidade co art. 47.4 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, o seguinte apartado da base novena:

    Novena.- Presentación de documentos, nomeamento e toma de posesión.-

    Concluído o proceso selectivo e aprobados os documentos a que se fai referencia, o sr. Alcalde, de acordo coa proposta do Tribunal cualificador, procederá a nomear funcionario/a de carreira aos opositores designados polo Tribunal, que deberán acatar a Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e o resto do ordenamento xurídico, así como tomar posesión como funcionario de carreira no prazo de trinta días naturais a contar dende o a publicación do nomeamento.

  28. on 17 Xuñ 2010 at 7:26 p.m. 28.Cochiquí said …

    Seghuro que acertas tacirupeca…esa queda aí pra a eternidade