Património 25 Mar 2010 08:17 p.m.

DENUNCIAN A CORTELLEIRA DO PP DE GHOLMAR EN PATRIMONIO

Mira ti oh, do que se entera un, e non por ese xornal neutral “A Rros de Ghalisia” ( tan neutral coma estes árbitros de partidos do Real Madrid contra o Racing de Estramil …). Pois o que ia , cheghou os meus oídos a leria do pobo. Disque denunciaron  a cortelleira do PePerrete de Gholmar en patrimonio por facer un cacharuzo pros cans peghado a Casa do Cregho, que está cataloghada coma edificio patrimonial. A verdade é que hai xente que lle pide o corpo leña. A quen se lle ocorre facer un cocho pros cans peghado a un edificio cataloghado por patrimonio, no que a Deputación acaba de inaughurar   “O Museo dos Muiños”. Só lle faltaba meter os cans dentro da Casa Rectoral. E o Cortello que?. Outra ves máis se ve o que lles importa os dos PePes o patrimonio da Laracha. Por certo se o cacharuzo non está con permisos imaxino que menos permisos terá o poste de cemento que espetoú alí Hidroelectrica Laracha. Cacharuzo e poste de cemento, duas novas animaladas contra o patrimonio Laraches.

E como decia “Super-Ratón: No se vayan todavia,que aun hay mas…”. Pero iso será en outro episodio do Cortello da Laracha.

7 ResponsesDENUNCIAN A CORTELLEIRA DO PP DE GHOLMAR EN PATRIMONIO to “”

  1. on 26 Mar 2010 at 1:42 p.m. 1.esKrapote said …

    Cando me puxen a ler esta nova, alucinei un pouco, porque, cando a un lle falan dun cacharuzo para os cans, pois un pensa nunha caseta de cans na que lle colle medio corpo a unha persoa, e claro, que denuncien a unha persoa por poñer unha caseta deste tipo ó lado dun edificio catalogado, pois tampouco penso que sería xusto. Pero vendo a foto, que tampouco é moi clara, eso máis que un cacharuzo parece unha vivenda de verán. Non sei de que raza serán os cans desa muller.

  2. on 28 Mar 2010 at 8:14 p.m. 2.Cochiquí said …

    SINTO PERO POR UN PROBLEMA DE BLOGALIZA NON SE PODEN MANDAR COMENTARIOS, AVER SE SE AMAÑA ISTO LOGO

  3. on 28 Mar 2010 at 8:50 p.m. 3.Pericám said …

    Comentário de prova

    Curiosidade: Por que no rolho este de verificar que o comentário nom seja spam aparece “albanian of”? Conspiraçom ianque??

  4. on 29 Mar 2010 at 5:36 p.m. 4.Cochiquí said …

    A ESKARAPOTE: A verdade e que non me dera conta ata que sentín que a denunciaran, estiven-me fixando e ten moito terreo para poñer o chavolo de verán como lle chamas. Por eso digo que o corpo pidelle leña, foino pegar nin máis nin menos que o mesmo muro.
    A PERICAM:Ei non sei o que pasa, hai máis blogs co mesmo problema, deben de ser os ianquis ou os do PP. Veña un saudo.

  5. on 14 Abr 2010 at 11:05 a.m. 5.chuza.org said …

    Concelheira do PP da Laracha denunciada perante Património por umha caseta dos cans…

    A concelheira do PP da Laracha, que tem a casa em Golmar, construiu o caseto para os cans juntos ao lado da Casa do Crego, protegida por Património, e onde a Deputaçom acaba de inaugurar o “Museu dos Moinhos”. Todo um exemplo de civismo……

  6. on 04 Ago 2010 at 1:16 a.m. 6.Gholmarense said …

    Boas, eu son d Ghlomar d toda a vida e ese “cacharuzo” pos cans xa taba feito antes de que “a casa do cregho” estivera restaurada e cataloghada como patrimonio.
    O edificio era unha vivenda abandonada, e ali xa taban os cans de Manolo. Aghora a xente ven protestando porque non ten outra cousa mais que facer.
    -A ESKRAPOTE:
    Lo ti onde vives oh!!! porque parece que nunca estiveches na Ghaliza, ou na Laracha!!!!
    Chamarlle vivenda a un cierre pos cans!!!Elo que che parece que “los perritos duermen en jaulitas pequeñitas”!!!
    Vaia por Deus. . .como din as cantareiras de ardebullo:
    -Haber, para los de la Coruña; un cacharuzo o cierre pra los cans no es una jaula pequeñita, ni una vivienda!!!

  7. on 04 Ago 2010 at 10:50 a.m. 7.Cochiquí said …

    A ver Gholmarense, de toda a vida:
    Eso deque o dono dos cans xa tivera alí os cans antes de que estivera protexida a casa do cregho, dilo ti. A vivenda xa estaba protexida nas “normas subsidiarias” da Laracha, antes do Plan Xeral. Que a vivenda estivese abandonada non quita de que se poida facer o que a un lle dé a ghana. Se fixera o cacharuzo do outro lado, sen estar peghada ao muro penso que o mellor ninghen diria nada.No sei. De todolos xeitos meu, ti de que parte estás, dos que destruen o patrimono sexa quen sexa ou dos que o protexen?.
    Así nos vai, destruen a nosa lingua, o patrimonio cultural, arquolóxico e natural , e danos o mesmo (ou a algúns\algunhas).