Festas 04 Abr 2010 02:54 p.m.

O SAN MIGHEL DE SOUTULLO

                                                                                                                                                                                                                                              SAN MIGHEL DE SOUTULLO

SANTO QUE NON BEBE VIÑO

DAME FORZA NO CARALLO

COMA O PORCO NO FUCIÑO

(Isto que vou a contare aconteceu nas festas do San Mighel de Soutullo do ano pasado).

Soutullo  é unha  parroquia pequena pero brava. O sábado foi o dia forte. A misa leva facéndose fai uns anos no campo da festa. Este ano o cregho da parroquia aínda non cheghara e escomezou a misa o cregho das Cardosas. Aínda non escomenzara ben a misa e xa mandou que se fechara o bochinche. Os do bochinche calados rechináron-lle os dentes. E o cregho seghia:” Sinberghuenzas… “.  Daquela Rique da Xesta quentou-se (bon,  quente  xa estaba pero dos bermuts),” Vai-te dahi ohm “. E o cregho seghía dicindo a misa e sermoneando no medio dela.

cregho: “ Había que traballar as terras que están a campo, e limpar os montes…”

Rique:  “ Vainas traballar ti ohm…”

Cregho:  “  Eu traballo coma cinco coma ti (por Rique)”

Rique:  “ Pois ven traballar as miñas …”

Cregho:  “ Sinverghuenza…”

Rique:  ” Baixa pra baixo ohm… “

O remate a cousa quedou-se só en palabras. Pola  noite seghiu a troula. O Campo da festa enchiu-se de xente (bon xente,xente non era… polo menos o remate do baile). Rematou a orquestra de tocar e a xente nova xa quente, rematou a festa na leira de Vilas, que está de par do Campo, a espighazo limpo. Deixaron todo estrado de espighas de millo. Outros, co “depósito cheo” puxéronse a ghastar as rodas nos coches pola Xesta. Dou-lle a vida os dos talleres que alí deixaron un o embraghe e outro o cambio.

Como dicían os Herdeiros da Crus:

” Juventud, juventud,

tende coidado cos paus da lus”

Os comentarios están pechados.