Sen clasificar 21 Abr 2010 03:38 p.m.

QUEREMOS INTERNET NAS ALDEAS!!!

Eu sempre pensei que o fume das cachelas que fan por aí nas aldeas eran de limpar as leiras  dos restos de louza, silvas… e por iso se queimaban. Pois non oh. Resulta que eran sinais de fume, un método antigo que utilizan no rural para comunicarse. Un Exemplo:

-Un de Lemaio: (Dúas afumadas ghrandes e unha pequena)Ei Chuco  como vai por aí o tempo?

-Un de Lestón: (Unha afumada ghrande  e unha pequena) Parece que ven unha tronada carallo.

Pois resulta que este método de comunicación  a xuventude  de hoxe pouco lle ghusta. Disque se afuman todos e que por moito perfume que botan, sempre van cheirando a fume e as mozas non lles ghustan así.

Coñas  aparte, a xuventude está ata o carallo ( e ata a cona tamén) de que nas aldeas non cheghe o internet, e o pouco que cheghe ( e a onde chegha) mal e arrastro. “O Porco de pé” do Cortello da Laracha prometeu facer unha rede wimax para que internet cheghara a tódolos currunchos do cortello, pero “pasou o día, pasou a romaría (eleccións)” .Mentres queden eiras que asfaltar, farolas   que poñer, cunetas que limpar nas vesperas das festas… que é o  pouco que piden os vellos, ben lles importan o que pidan os novos.

Menos mal que sempre nos quedaran as cachelas para facer sinais de fume.

2 ResponsesQUEREMOS INTERNET NAS ALDEAS!!! to “”

  1. on 11 Mai 2010 at 12:52 p.m. 1.tacirupeca said …

    Boas,
    mirade o que poñen na web do Concello, que temos que esperar…até finais do 2011 e ainda estamos case empezando o 2010… e menos mal que teñen contactos coas altas esferas, que senón ainda habería que esperar ao próximo século…
    As TIC’s ainda non se van poder utilizar na Laracha, que mágoa…!!!!

    NOVA DO CONCELLO do (03-05-2010)

    ” O 82% da Poboación da Laracha Terá Acceso á Banda Larga en 2011

    Antes de que finalice o ano 2011, máis do 82 por cento da poboación do Concello da Laracha contará coa posibilidade de acceder desde a súa vivenda e a través de conexión ás redes de telecomunicacións fixas, a un servizo de banda larga de calidade e cunha velocidade de, canda menos, dous megabytes por segundo.

    Esa é a conclusión principal do estudo elaborado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, no que se informa sobre as actuacións que se levarán a cabo no termo municipal da Laracha no marco do Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013 proxectado pola Xunta de Galicia.

    No mesmo estudo técnico saliéntase que o resto da poboación, un 18 por cento, tamén poderá acceder ao servizo de banda larga mediante conexión vía satélite, polo que a cobertura sería integral en toda a superficie da Laracha.

    Este foi un dos principais temas tratados polo alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a máxima responsable da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira Álvarez, nunha reunión de traballo mantida nos últimos días en Santiago de Compostela.

    Actualmente no Concello da Laracha xa se ofrece unha cobertura total de acceso á banda larga nos tres cascos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e tamén en determinadas zonas rurais, especialmente as situadas xunto á estrada AC-552. O obxectivo final é que nos case 127 quilómetros cadrados de superficie cos que conta A Laracha poida accederse a internet cun servizo de calidade, sexa nos cascos urbanos ou en calquera dos 311 núcleos de poboación rural que existen no municipio.

    No pasado mes de outubro, o Concello da Laracha presentou aos seus veciños o Plan Director para o Desenvolvemento da Sociedade de Información no municipio, un amplo documento no que se definiu a situación actual da Laracha con respecto ás telecomunicacións e as actuacións que sería preciso realizar para dar resposta tanto ás necesidades existentes na actualidade como as que, segundo se estima, poidan xurdir nun futuro a curto ou medio prazo.

    Desde o Concello da Laracha facemos unha valoración moi positiva, en primeiro lugar, destas previsións reais da Xunta de Galicia no municipio, xa que o acceso á banda larga é hoxe en día un servizo fundamental para as empresas e tamén para o uso persoal, especialmente entre a xuventude. Ofrecer unha conexión de calidade a internet fóra dos cascos urbanos é un elemento fundamental para potenciar o desenvolvemento no rural e ofrecer nesas zonas as mesmas oportunidades que nas cidades.

    En segundo lugar, tamén consideramos como moi positivo que a Xunta de Galicia se estea involucrando coas novas necesidades sociais e tecnolóxicas elaborando e financiando plans de actuación nos Concellos, dado que a inmensa maioría dos municipios non teñen a capacidade económica para desenvolver por si mesmo este tipo de actuacións.”

  2. on 11 Mai 2010 at 6:56 p.m. 2.Cochiquí said …

    Graciñas Caparuchiña.Estas en todo eh. A verdade e que eu non me fio das promesas dos políticos e menos dos do Cortello. Os políticos tiñan que facer coma os cientificos. Cando inventan ou descubren algo dano a coñecer.Eso é o que non fan os políticos , primeiro din que van facer e despois ou o fan ou non.Saudos.