Sen clasificar 25 Abr 2010 04:12 p.m.

O EXIBICIONISTA ATACA DE NOVO

Xa había tempo que non se ouvía falar deste fenómeno. Chámolle  fenómeno, porque o paisano debe de ter unha ferramenta que espanta. De aí que as mulleres   a quen lla mostra , marchan asustadas a fume de carozo. Pois isto disque lle pasou a unha veciña de Vilaño que ía paseando polo camiño de Ronfe cara a Fonte das Meigas. Disque lle saíu un fulano en pelotas e que se lle tirou no chan arrolándose coma as ghatas cando andan a xaneira. Ela ghanou tanto medo que arrincou de alí máis rápida ca un lostregho.

O exibicionista, non sei se é o mesmo que fai uns meses en Erboedo mostroulle a ghaita a unhas vellas con tal mala sorte  que unha de elas en ves de liscar, sacoulle unha navalla. O fulano non tiña nin idea de onde se metía. A quen se lle ocorre baixar as calzas diante das de Erboedo, as da Boca Neghra, as mulleres máis bravas da Laracha. Enriba vellas e seghuro que viúvas.  Sabe deus canto tempo levaban sen ver unha pichola. Tivo sorte se non lla cortaron.

Tamén disque andou pola Areosa en Vilaño. Este que xoghe que calquera día vai ir para a casa sen o punteiro e sen o fol da ghaita.

10 ResponsesO EXIBICIONISTA ATACA DE NOVO to “”

  1. on 26 Abr 2010 at 2:16 a.m. 1.Pericám said …

    Ai de nós! Que se prepare o Nacho Vidal das Silveiras que como o enghanchemos vai ter que mexar sentado po resto da vida.

  2. on 27 Abr 2010 at 10:55 a.m. 2.Cochiquí said …

    Ostia o arghumento dá pra unha película, Unha peli a ghalegha de un exibicionista quue saen de entre as silveiras ou de entre o millo….ou no muiño….

  3. on 27 Abr 2010 at 11:51 a.m. 3.un de lestón said …

    Eló onde é a fonte das meigas en ronfe??

  4. on 27 Abr 2010 at 12:42 p.m. 4.Cochiquí said …

    Arriba de Ronfe, no cruze que vai as Picadizas, un dia ei falar dela, POr certo que o concello cando amañou as pistas creo que a fodeu,e sacou a saida da fonte os tubos do camiño.

  5. on 27 Abr 2010 at 8:45 p.m. 5.Pericám said …

    Algo mais de informaçom sobre o crego facha que escreveu o de “Galicia y el Movimiento Nacional” e a Laracha. No 4º comentário: http://agal-gz.org/blogues/index.php/foucelhas/2010/04/08/a-igreja-em-ordes-da-cruzada-espanola-a-especulacom-urbanistica#comments

    A esse havia que mandar-lhe o exibicionista depois de botar-lhe viaghra no café.

  6. on 27 Abr 2010 at 11:20 p.m. 6.pintega said …

    as vellas deberonlle de limpar ata a recamara!!! jajaaja
    agora nuns dias a de andar tranquiliño o fulano!!!

  7. on 28 Abr 2010 at 12:41 p.m. 7.Cochiquí said …

    Non creo, de seghuro que volta axiña a sacar a burra a pacer e que lla vexan .O fulano debe de tar moi orghuioso do que ten entre as pernas

  8. on 06 Mai 2010 at 1:39 a.m. 8.requerido said …

    Pa picholas a zona de Cerceda….por aquí nestes últimos dous anos tamén houbo un que a amosou en varios lugares…se tedes dscrpción da de Soandres…mandadea…e podemos saber se se trata da mesma…!

  9. on 06 Mai 2010 at 1:16 p.m. 9.Cochiquí said …

    XA xa, a ver se vai ser o mesmo ou está de moda andar sacando a picha por aí. A quen poida falar cas vitimas, se nos pode dar máis datos sobre o aparato, así poder identificar o paisano. POrque non toda-las pichas son ighuais….

  10. on 07 Mai 2010 at 5:54 p.m. 10.sKrapote said …

    Eu sei dun que se chega a facer exhibicinismo e o ven os Hollywood fanlle un contrato de por vida. Este fulano, ten un aparato de tales dimensións que ata as de pago se negan a ofrecerlle os seus servizos. E seica un día, perdeu unha caixa de cervexas por 2 centímetros. El dixo 30 e ó final resultou ser 28 (falo de centímetros). Sabedes de quen falo?