Sen clasificar 21 Out 2009 11:05 a.m.

NENOS ABANDONADOS NO OTERO PEDRAYO

neno abandonado

Comentase por aí que algúns cativiños de apenas tres anos andaron perdidos polo C.P. Otero Pedrayo.

Resulta que algunha acompañante dos autobuses escolares lévaos só ata a entrada do recinto escolar e déixaos alí. Os mais grandes saben entrar para a escola, pero os mais pequeniños que escomenzaron este ano se non teñen quen os leve as filas a dentro do edificio, os pobriños desoriéntanse. Xa me comentaron o caso dunha meniña e un meniño o cal estivo dando voltas o recinto, e sorte que o viu unha mestra e recolleuno. Din que as acompañantes non teñen o deber de levalos a filas, pero moitas lévanos. Aí entra o deber ou a ética. Deberían seguir estando estas persoas que en teoría velan pola seguridade dos nenos, de acompañantes?. De quen é a irresponsabilidade se lles pasa algo?.

Penso que é algo moi serio e que se debería SOLUCIONAR XA!!, antes que lle poida pasara algo a algunha cativiña ou cativiño.

Os comentarios están pechados.