Memória Histórica 02 Mai 2010 09:32 p.m.

Ó 1º DE MAIO NA LARACHA

Em 1 º de Maio comemora-se o início das greves em Chicago (EUA) em 1886 polos trabalhadores, reivindicando a jornada de trabalho de 8 horas. Oito de esses obreiros, anarquistas, forom condenados. Três à prisom perpétua, e cinco a morrer na forca.
Dende a República nom se voltou a comemorar o 1 º de Maio na Laracha. Foram os anarquistas da Laracha que também loitaram polos direitos dos trabalhadores e que em resposta, logo receberam paus e até a morte.
Este sábado nom foi celebrado o dia dos trabalhadores mas sim umha verbena. Incrível! Cada dia hai mais gente no desemprego, por nom falar dos direitos dos trabalhadores que 124 anos despois  as oito horas como nas fagam os funcionários o resto nem  de conha… e o povo pensando nas verbenas.
Os que si o celebrarom, forom a CNT em Vigo, ano do centenário do sindicato anarquista. Da CNT foi também Aveleiras, anarcosindicalista de Cabo Vilanho a quem torturarom antes de matá-lo, por defender os direitos dos trabalhadores. Como diria Aveleiras no centenário da Confederaçom Nacional do Trabalho: “Viva a CNT”

9 ResponsesÓ 1º DE MAIO NA LARACHA to “”

  1. on 04 Mai 2010 at 12:37 p.m. 1.Pericám said …

    No 1º de Maio toca a Olympus na Laracha, se Marx levanta cabeça!

  2. on 04 Mai 2010 at 11:15 p.m. 2.dalleavolta said …

    Certo é, Cabovilaño foi terra de anarquistas,quedará algun anarquista daqueles anos vivo? Igual ata seguen escapados polo monte…

    A Marx darialle igual, a Bakunin unha volta .

  3. on 05 Mai 2010 at 10:34 a.m. 3.Cochiquí said …

    A verdade e que um de esses anarquistas de Cabo Vilanho botou bem tempo agochado em Monte-Maior até que o pilharom. De aqueles tempos ja nom queda nemgum.

  4. on 05 Mai 2010 at 8:34 p.m. 4.braisinho said …

    Como era aquelo?: Unión, Acción, Auto-xestión! CNT, quen te viu e quen te ve…eu inda teño o carné no caixón do escritorio…

  5. on 05 Mai 2010 at 8:56 p.m. 5.dalleavolta said …

    sempre estarán na nosa memoria

  6. on 11 Mai 2010 at 10:31 a.m. 6.Pericám said …

    José Esmorís Esmorís “Abelairas”

    Paseo

    Home de 42 anos, Xornaleiro/a
    Natural de A Laracha (A Coruña)
    Veciñanza: Cabo Vilaño, A Laracha (A Coruña)
    CNT, Do Sindicato de agricultores e profesións varias de Cabo Vilaño
    Morto o 13 de setembro de 1936

    Morte rexistrada a causa de lesións por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Fonte Loureira de Armentón-Arteixo.

    Mais gente da Laracha: http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?buscar=natural%3ALaracha

    A LUITA CONTINUA!

  7. on 11 Mai 2010 at 6:52 p.m. 7.Cochiquí said …

    Chamavanlhe Aveleiras(Abeleiras) porque nasceu nesse lugar de Cabo Vilanho. Tambem estava na FAI (Federaçom Anarquista Iberica) Cando toque falarei dos seus assasinos.

  8. on 13 Mai 2010 at 10:05 p.m. 8.república ecosocialista galega said …

    Outro cenetista (aínda que non anarquista) de cerca foi o meu propio bisavó, o Tío Rey, que inda está vivo na memoria popular pola súa inmensa personalidade e dignidade, e inda hai xente que o coñeceu e se emociona ao recordalo.

  9. on 13 Set 2010 at 5:29 p.m. 9.Pericám said …

    José Esmorís Esmorís “Abelairas”
    Paseo
    Man 42 years old, Xornaleiro/a
    Natural de A Laracha (A Coruña)
    Veciñanza: Cabo Vilaño, A Laracha (A Coruña)
    CNT, Do Sindicato de agricultores e profesións varias de Cabo Vilaño
    Morto o 13 de septembre de 1936
    Morte rexistrada a causa de lesións por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Fonte Loureira de Armentón-Arteixo.