Natureza 09 Mai 2010 07:09 p.m.

OS PLATANEIROS (platanus hispanica miller ex münchh)

Os Plataneiros. Así lle chaman na Laracha as árbores que están a veira da estrada  de Torás aos Muíños de abaixo – Coiro. Antigamente habíaos tamén pola estrada xeral, dende o lugar de Cillobre ata o lugar de Santa Lucia. Hai quen recorda cando  facían un túnel natural entre elas. Hoxe xa quedan moi poucas, e as que quedan, teñen que sufrir cada ano unha poda brutal e algunha que outra obra a carón das súas raices que fixo secar varias  .Este ano volveu a repetirse o ciclo de “podamentos”. A quen se lle ocorre podar os plataneiros cando están a botar a flor?. Ademais no plan xeral do cortello aparecen como protexidas. Ista e a maneira que teñen os mandatarios de protexe-los?. É unha magoa que desaparezan ou se traten así estas centenarias árbores orixinarias dos Balcans e o Himalaia. Moito lle queda que aprender a estes políticos de outros de antes. Fai máis de cen anos xa prantaban árbores nas zonas urbanas e hoxe na Laracha, os parques nen teñen erva, nen árbores nin ostias… teñen cemento. “ Eche o que hai oh!”…Por certo pra que carallo lle deixan os cornos eses?, será para espantar  mal de ollo dos do cortello?.

21 ResponsesOS PLATANEIROS (platanus hispanica miller ex münchh) to “”

  1. on 10 Mai 2010 at 7:39 p.m. 1.Pericám said …

    Umha curiosidade: na Galiza nom temos os problemas que tenhem os espanhóis, que confundem o “platanero”, árvore ornamental, e o “platanero” que dá “plátanos”. Em galego ao segundo chama-se-lhe bananeira. Lá por Ordes a popularmente conhecida como “rua das Árvores” (oficialmente “Calle del Generalísimo” até há pouco) era a mais bonita da vila precisamente por ter às suas beiras estas árvores. Agora já cortárom moitas por interesses urbanísticos.

  2. on 10 Mai 2010 at 7:46 p.m. 2.Cochiquí said …

    Bem falado, é assim como dis ti.

  3. on 10 Mai 2010 at 9:08 p.m. 3.Subcomandante Marcos da Portela said …

    Ola xente do Cortelho, en Ordes abrimos un blog anticaciquil inspirado no voso e no da Cochikeira de Cerceda: http://marcosdaportela.blogspot.com/

    Boletíns anticaciquís, en todas as aldeas!

  4. on 11 Mai 2010 at 6:48 p.m. 4.Cochiquí said …

    Adiante meus!!

  5. on 13 Mai 2010 at 1:03 p.m. 5.o merlo f. said …

    Eche unha pena o das arbores,cos saturninos e ghorions que habia neles,peghabas un tiro e caian vinte,fasias un arros caralludo,pero o mais grasioso e que as arbores que non fan mal ningun non lle deixan crecer unha folla e as cunetas que temos xa case podemos ir ó toxo a elas,é moita artistada esta..un saudo pos de ordes,e se queredes un trator de herba vinde,ou toxo pa estrar ai de todo.De hai saiu o de es de aqui ou ves o toxoo

  6. on 13 Mai 2010 at 1:20 p.m. 6.merlo f. said …

    Eche unha pena o das arbores,cos saturninos e ghorrions que habia,peghabas un tiro e caian vinte,eee fasian un arros de carallo,pero o mais triste e que as pobres arbores teñenas esquilmadas e en troques as cunetas tan a monte que meten medo,é algo bo pa algun,o que queira herba pas vacas sal a rua ca vaca da corda e veña a pacer…..

  7. on 13 Mai 2010 at 3:13 p.m. 7.merlo f. said …

    bo,colgouseme o ordenador e pensei que non mo collera o bloc e escribin outro,pero son os dous bos ou non?

  8. on 13 Mai 2010 at 6:43 p.m. 8.Cochiquí said …

    Ti moi ecoloxista non es eh,eso de andar matando paxariños. Ti fai o amor oh que é moito mellor. Ou fode, como lle queiras chamar, que é mellor que ver a televisión.

  9. on 13 Mai 2010 at 9:58 p.m. 9.braisinho said …

    Discrepo contigo cochiqui. A pesares de que non me caen moi ben os cazadores (e menos os subnormais que van matar nos rapasos ou nos esquíos), non creo que pase nada por coller uns paxarinhos dos que hai a centos pa facer un bo arros ou o que sexa. Tinha un vecinho alo polas terras de Lestón que comía os merlos. Nin creo que sexa ser anti-ecoloxista pescar ou cazar se é para comer e non polo pracer de matar.

    No que si estou dacordo é que é moito melhor foder ca ver a televisión.

  10. on 14 Mai 2010 at 12:59 a.m. 10.merlo f. said …

    grazas por volver por min,taria ben que todo o mundo soubera facer os merlos canda o arros,non polos hormonados,que despois saennos os FILLOS con tetas.

  11. on 14 Mai 2010 at 3:21 p.m. 11.Cochiquí said …

    Eu penso que non é preciso matar paxariños para comer. Non sei se vos precisades matalos para comer. Recomendovos criar un bo cocho do pais e uns bos polos do curral. Estas pequenas aves libran-nos ven dos mosquitos e pragas nos cultivos. Son o mellor sulfato que hai.Non sei se na galiza se precisa cazar paxariños para comer ou sobreviver. Non estou en contra da caza para sobreviver, pero penso que aquí non é preciso.Non fagamos coma oss andaluces que se papan a estes paxariños de tapas. Pero cada un que pense o que queira

  12. on 17 Mai 2010 at 5:01 a.m. 12.merlo f. said …

    Se queres saber dum bo repenlente dos mosquitos,que me ensinou meu visabo,voucho dicir,vas o monte e entroques de limpar o cu cas fieitas,polas na cabeza xa veras como non te pica ningun mosquito,porque se non o sabes,moitos dos aerosois que empregamos saen das fieitas.E pas colleitas botas uns ourizos cachos xa veras como nin hai laghachemas nin ratos.
    Asique se collo algun ghorrion non te enfades,que collerei dos que non comen mosquitos,ei dir os que lle ghoden o pienso das ghaliñas a miña avoa,os de enghorde.

  13. on 18 Mai 2010 at 9:43 a.m. 13.Cochiquí said …

    Ei Merlo Falso, se pos as fieitas na cabeza, daquela con que carallo limpas o cu?, hahahha

  14. on 19 Mai 2010 at 12:03 a.m. 14.merlo f. said …

    pero quen dixo que habia que limpar o cu.Eso é un invento totalmente comercial.

  15. on 19 Mai 2010 at 12:09 a.m. 15.merlo f. said …

    falando x falar,onte visitei a paxina dos de ordes e gustoume moito,recomendovos que botedes un vistazo e vos riades un pouco,ali tamen teñen un cortello de CARALLO

  16. on 19 Mai 2010 at 11:43 a.m. 16.Pericám said …

    Limpar o cu é de pequeno-burgueses! 🙂
    Laracha-Ordes fazia umha boa equipa Merlo! Temos marisco de cortelho da mesma raça, cacicada da boa. Por certo, vistes que os de Mediasiete fôrom-se aos que levam o blogue de Ordes? Andam os cans doentes!

  17. on 19 Mai 2010 at 5:24 p.m. 17.merlo f. said …

    vin vin,pro o subcomandante debe seghir adiante e non baixar a cabeza,se os cans se viran á canghalla por algho será. ANIMO SUBCOMANDANTE

  18. on 19 Mai 2010 at 6:12 p.m. 18.Cochiquí said …

    Mediasete???, quem caralho som isses?

  19. on 20 Mai 2010 at 12:25 a.m. 19.merlo f. said …

    tes que ler o blog dos de Ordes pa entendelo,lee o blog do subcomandante,ta hai,no ds ameazas. un saudo cochiqui

  20. on 20 Mai 2010 at 12:28 a.m. 20.merlo f. said …

    Ei eiqui o lughar,http://marcosdaportela.blogspot.com/.

    un saudo po subcomandante

  21. on 20 Mai 2010 at 11:36 a.m. 21.Pericám said …

    Os de Mediasiete som uns do PP de Santiago que montárom o periódico gratuíto Santiagosiete a base de subvençons, e também o blog Amessiete e Ordessiete, que som panfletos políticos disfraçados de periodismo.