Porras 09 Xuñ 2010 11:27 a.m.

REMATOU a 1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA

Mira ti oh, que caladiño o tiñan!!.  Aínda se presentou ben xente a praza de auxiliar administrativo no Cortello, pero a ghañadora ( como xa se esperaba) foi ” Eleniña Lópes Barre-ela”. Ghañaría por méritos propios, por enchufe, copiaría ou levaría chuleta os exames ???. Quen sabe. Na 1ª porra do cortello da Laracha, dábase como elixida, e así foi. Din que non é da familia do Kaseiro que só se parecen nos apelidos, pero que queredes que vos digha, eu véxolles que teñen un aire…

Pois a dia de hoxe remata a 1ª porra do cortello da laracha, e o ghañador ou ghañadora de esa fantástica botella de cacique 500(pódese cambiar por unha de licor café) serán unha de estas tres persoas ( aínda que eu tamén acertei, non quero entrar no concurso por si se pensa que fagho chanchullos):

Tacirupeca (1-4-7), Brétema (2-5-8), Litoral (3-6-9)

Pois o sorteo vaia ser da seghuinte maneira. Aos acértantes  adxudiqueilles  uns números.  O  que coincida  co primeiro nº  do cupón dos ceghos de este venres 11 de xuño, tócalle a botella. Se tocara ó “0”, repetiríase o sorteo o sábado. Sorte os participantes.

De tódalas maneiras, eu sigho dicindo que teñen un lixeiro parecido….

(“LITORAL” GHAÑADOR  DA 1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA)

22 ResponsesREMATOU a 1ª PORRA DO CORTELLO DA LARACHA to “”

  1. on 09 Xuñ 2010 at 12:49 p.m. 1.estantia said …

    felicidades os acertantes e felicidades a foto tan boa que lle fixeches o caudillo

  2. on 09 Xuñ 2010 at 1:58 p.m. 2.fjrms said …

    No, si es que hay unas casualidadeeeees en esta vida que no veas!!

  3. on 09 Xuñ 2010 at 2:58 p.m. 3.Cochiquí said …

    Graciñas Bretema, pero pero o caudillo ten moita percha e queda ben nas fotos,hahaha.
    Ei fjrms, e que o digas, moita casualidade,hahahaha.

  4. on 10 Xuñ 2010 at 12:13 a.m. 4.Pericám said …

    O chaval merecia-o, que era o mais estudoso ó, nom sejades tam envejosos.

  5. on 10 Xuñ 2010 at 5:17 p.m. 5.chuza.org said …

    1ª porra anticaciquil do Cortello da Laracha…

    Mira ti oh, que caladiño o tiñan!!. Aínda se presentou ben xente a praza de auxiliar administrativo no Cortello, pero a ghañadora ( como xa se esperaba) foi “Isa-veliña Lópes Barre-ela”. Ghañaría por méritos propios, por enchufe, copiaría ou levaría ch…

  6. on 10 Xuñ 2010 at 7:36 p.m. 6.Cochiquí said …

    Pericám é unha rapaza, e ben seghuro que era a máis estudosa,ha ha ha….

  7. on 11 Xuñ 2010 at 1:18 p.m. 7.tacirupeca said …

    Ola,
    que ben,que ben,… son unha das acertantes, a verdade é que tampouco era moi difícil, pero síntome leda por elo.
    Deséxolles sorte aos outros dous gañadores, pero sen que vos pareza mal, espero que me toque a min, jejejeje pero non vos preocupedes que xa faremos unha quedada para beber todos/as.

    Saúdos.

  8. on 12 Xuñ 2010 at 5:22 p.m. 8.Cochiquí said …

    Este día tiven un erro co nome da ghañadora da praza, Eleniña, pero xa está solucionado. Ademais non influiu no sorteo. O nºdo cupón dos ceghos de onte foi ó 34345. Así que o primeiro nº foi ó “3”. Daquela o ghañador\ghañadora foi “Litoral”.Xa che envio un correio electronico para saber onde queres que che mandemo-la botella, ou onde queres recolle-la. Graciñas a tod@s por participar.

  9. on 14 Xuñ 2010 at 1:31 a.m. 9.merlo said …

    Esta era a foto que debian de mandar na postal de nadal do concello,jajajaja,

  10. on 14 Xuñ 2010 at 1:51 p.m. 10.brétema said …

    Jajajaja facía ben tempo que nun vía a Eleníta, sigue coma siempre. E o alcalde tamén coma sempre.jaja
    Fecicidades Litoral!!!!

  11. on 14 Xuñ 2010 at 9:27 p.m. 11.Cochiquí said …

    Están moi riquiños os dous, hahaha….

  12. on 16 Xuñ 2010 at 11:55 a.m. 12.tacirupeca said …

    Noraboa Litoral!!!

  13. on 19 Nov 2010 at 10:54 p.m. 13.avogado defensor said …

    Por moito que vos joda, quero apuntar unha lanza en favor de “Eleniña”, coñézoa dende hai moitos anos e é unha curranta nata é moito mellor persoa se cabe. Se está ahí será porque realmente o merece, e senón xa sabedes, sempre tendes a opción xudicial para reclamar, non poñades excusas, o que non esté contento xa sabe o que ten que facer.

    Ah, é dende logo, se ata agora non sabedes cales son esas prazas de promoción interna para os auxiliares administrativos e a quen lle pertencen é que daquela sodes bastante máis parvos do que eu pensaba.

  14. on 20 Nov 2010 at 8:45 p.m. 14.Cochiquí said …

    Ola avoghado defensor,nós pensamos que a quen lle fodeu máis foi a toda a xente que se presentou a praza, e que xa estivera amañada de anteman. E ter que presentarse sabendo que a praxza xa pillara unha persoa enchufada.Nos sei se nas bases da praza viña algho de que se valoraba ser boa persoa ou ser moi traballadora. Se cadra ten outras cualidades que se valora moito o arcalde….
    E xao denunciamos , pero aquí publicamente. Pareceche pouco.Grasiñas polo de parvos.

  15. on 20 Nov 2010 at 11:41 p.m. 15.avogado defensor said …

    Bueno, de verdade, eu non sei se o que dicides é de coña, se queredes confundir a xente ou se non tedes nin puta idea do que falades. Realmente non sei cal das tres opcións é a correcta.

    Vaiamos por partes.

    1) Creo que a política que facedes na web é totalmente inapropiada polo que a min respecta, e falo desde miña humilde opinión. O de criticar ó persoal laboral do concello é a forma máis ruín de intentar facer política, se se lle pode chamar así. Pódense criticar, dende o meu punto de vista, a política e os feitos tanto do alcalde como dos concelleiros, pero de ahí a criticar ó persoal laboral paréceme, canto menos, unha medida cuestionable e altamente denigrante. ¿Qué culpa ten Belén de Cabezas ou a neta da jhorila (digo estas persoas porque son das que máis se fala) de traballar no concello? En todo caso, será culpa da xente que as meteu alí a traballar, pero delas en ningún caso.

    2) Vamos a ver, andades dicindo e requetedicindo que a praza xa a pillara Elena porque taba enchufada. Manda caralho, de verdade, que non vos pareza mal pero é que non dades unha. Hai 1 ou 2 anos convocouse unha praza de funcionario de carreira libre a que optou Elena pola rama administrativa. Elena xa traballaba no concello (xa levaba uns anos) e, sen embargo a praza a que optaba gañouna un tal Fernando (joder, se a querían enchufar máis fácil que o tiñan ahí imposible, sen embargoesa praza gañouna un rapaz que posiblemente non soupera nin que existira A Laracha), así que non me jodades. A praza a que optou Elena este ano foi unha praza de concurso-oposición, repito concurso-oposición (non libre), no que contan os méritos académicos, ademáis de cursos e tempo que levas traballando na administración entre ó mellor outras cousas que rezaban as bases, que non as desmenucei por completo. Que sexa xusto ou inxusto este sistema é outra cuestión, pero estas prazas de concurso-oposición hainas en todolos concellos de Galicia. Ou sexa, que non por sacar máis puntos no exame escrito tes máis dereito a praza, xa que contan outros conceptos. Que o denunciedes aquí non val pa nada, xa me dirás a forza xudicial que ten un blog (ser é de coña que me digas isto), pero todos os presentados teñen dereito a denunciar ante a xustiza se consideran oportuno revisar os exames e os méritos (en definitiva a praza), por se o tribunal concedeu favoritismo a certos aspirantes, así que non tratedes de confundir a xente.

    3) Por último, cando me refería ó de parvos utilicei esta palabra por non decir que non tedes puta idea. A ver, vós que tanto sabedes do Concello da Laracha, decídeme, ¿dende cando caralho Belén de Cabezas e funcionaria no Concello? Porque que eu sepa, por moitos anos que leve alí segue sendo persoal laboral. Se estamos a falar de 2 prazas de funcionario administrativo de promoción interna, joder, serán pa 2 persoas que xa son funcionarias pero que ascenden de nivel ou categoría. Deixádesme abraiado co pouco que vos enterades de como funciona o mecanismo da administración pública, ou eso, ou é que queredes desviar a atención pa botarlle toda a merda enriba ó alcalde da xente que oposita ou contrata o concello.

    Creo que gañaríades máis se vos centrarades máis no aspecto político e non no tema persoal de contratación, ó fin e ó cabo, se alguén fai ben ou dano no Concello é a corporación municipal e non o persoal laboral que nada de culpa ten.

    Saúdos.

  16. on 21 Nov 2010 at 2:05 a.m. 16.Cochiquí said …

    Carallo aínda te quentaches ou.Imos a ver oh, os nomes da xente que saiu nos comentarios, foron de xente coma ti que comentou libremente.Si a tal Belen ou a ghorila esa que dis…Por certo como entrou esa xente alí, ti que tanto sabes?.Mira ti, dalle as voltas que queiras, aí a Elena entrou enchufada o mesmo que moita xente.Que hai xente que está enchufada e curra, eso é outra cousa. O mesmo que aí outra que entrou leghalmente e non pegha pau, e ben seghuro que non merecía estar aí.
    Ghrasiñas por comentar, que estás no teu dereito coma os\as demais, podes comentar cando queiras.De todolos xeitos neste mundo todos\as somos criticables… e nesto van incluidos tanto empregados\as do concello coma a corporación…

  17. on 21 Nov 2010 at 5:14 a.m. 17.avogado defensor said …

    Certo é o que dis, neste mundo todos somos criticables, neso estou dacordo contigo.

    Se tanto falamos de que Elena entrou enchufada no Concello (cousa que pa min non é certo, pois creo que gañou a súa praza honradamente), daquela polo mesmo véxome na obriga de dicir de tanta e tanta xente que entra na empresa privada polo mesmo motivo.
    ¿E en que difire en sí mesmo unha empresa dun Concello? Vale que os fins non son os mesmos, xa que un concello aporta ou debería aportar un servizo público ó cidadán, pero o funcionamento desde dentro éche a mesmiña cousa.
    Sexamos realistas, ¿qué ocorre no Concello da Laracha que non acontezca noutros concellos da volta? Porque como poñamos de exemplo, sen ir máis lonxe, ó Concello de Carballo dominado polo bipartito BNG-PSG daquela sí que temos que botar as mans á cabeza. Se ahí non hai xente enchufada que veña Dios e o vexa, só fai falla subir as escaleiras e visitar a primeira planta do concello, á man dereita os enchufados por Don Evencio Ferrero (alcalde do BNG) na atención ó cidadán e a man esquerda os enchufados por Don José Antonio Viña (concelleiro do PSG)nas oficinas técnicas de Urbanismo, eso sí que é un caso flagrante de enchufismo total onde non vou dar nomes.

    Ahh, e na Laracha que eu sepa, poderíamos falar doutra persoa do BNG (non dou nome) con dedicación exclusiva na Deputación da Coruña (cun enchufe de carallo)que pediu unha excedencia do seu posto de funcionario no SERGAS, posto que ocupaba no ambulatorio de Carballo para máis señas, que está cobrando miles de euros ó mes na súa poltrona da Deputación (porque, pregúntome eu, ¿por qué cambiaría a súa praza de funcionario en Carballo pola da Deputación? claro, porque a silla da Coruña era máis bonita e non tiña que levar a bata branca, xD).

    Se de enchufismo falamos, falemos de todos, porque en todos sitios houbo, hai e haberá toda esta puta vida e, desgraciadamente, non seremos nós quen o cambie.

  18. on 21 Nov 2010 at 4:15 p.m. 18.Cochiquí said …

    Ola de novo home. A ver ben seghuro que nós non imos cambiar isto do enchufismo, máis por que non poidamos cambia-lo non imos a estar de acordo con el.
    O da empresa privada eu penso que te enghanas, aínda que depende por onde se mire ben seghuro que tamén hai enchufe. Pero si ti tes unha empresa, ti poderás contratar libremente a quen queiras, por iso é túa. Se despois non cumpre é o teu problema ,se túa empresa perde e por culpa túa, por ter a alghuén que non che val. Pero o concello é público, ou sexa de todos… aínda que inxustamente hai xente que non val e nos prexudica a todos\as
    O que ti dis de que acontese no concello da Laracha ben seghuro que pasa en tódo-los concellos. Nós falamos do da Laracha e ben nos chegha.
    O dos políticos que vivan da política, nós non estamos de acordo. Os políticos que vivan de traballar, e se queren nas súas horas libres que se adiquen a política, coma outra xente se adica a traballos sociais, culturais…. e non cobran un peso, pero está montado así.
    Se falas do deputado da Laracha polo Bnghaitas, tamén podes falar do alcalde do PPeido da Laracha (que ten dous soldos), de Freixo e compañía , ou sexa de moitos políticos, moitismos.
    Que vaia ben oh.

  19. on 23 Nov 2010 at 5:06 p.m. 19.avogado defensor said …

    Hola de novo.
    Gústame moito esa frase de “Nós falamos do da Laracha e ben nos chegha”. Faime gracia. Está claro que levar un blog de semellante calibre e unha tarefa moi moi complicada e ademáis quita moito tempo coma pa falar doutros concellos, por deus.
    Oe, unha cousa ¿cómo fixeches a selección do concello? Por sorteo puro estilo champions league cas boliñas? Co xogo do palillo máis corto perde? Anda que, ca de concellos que hai en Galicia xa é mala sorte que lle toque o da Laracha, claro, a algún lle tiña que tocar e foi precisamente o da Laracha. Joer, que sorte ou que desgracia, según se mire claro.

    E respecto ó último, e certo sí, o alcalde da Laracha é deputado tamén pero non ten adicación exclusiva, non coma o voso coleguilla da bata branca. Poñamos os dous soldos na mesa sí (a ver se queren eles claro), a ver quen cobra máis, ou por así dicilo, a ven quen ten a picha máis larga. O noso alcalde teraa larga, pero a do voso tamén lle mide uns centímetros de carallo, pregúntalle pregúntalle. Se non sabela nómina do voso coleguilla tamén te informo eu, se queres, xa que tanto sei, por outra cousa máis que sepa tampouco vai ser a morte de nadie.

    Un forte abrazo oh (pero sen mariconadas oh).

  20. on 23 Nov 2010 at 7:28 p.m. 20.Cochiquí said …

    Aleghrome que teñas humor oh, nota-se que ti fodes (ou a chupas) e moito. Veña meu coidate, e a ver se participas tamén na vindeira porra do cortello ou no especial de enchufismo que imos quitar. Ala con deus ou maria santisma (a escoller se prefires as mulleres)

  21. on 23 Nov 2010 at 10:10 p.m. 21.avogado defensor said …

    Si oh, eu teño moito humor oh, e fodo moito oh, pero sobre todo coas palabras oh, que son as que máis doen oh.
    Espero que a seguinte porra sexa do estilo desta:
    ¿É o da bata branca o que anda facendo exhibicionismo polas rúas da Laracha?

    Se é esa non o dubides, hei votar oh, varias veces incluso se podo oh.

    A ver que regalas desa vez, eu voto por un tanga que lle aprete ben os collóns ó da bata branca. Anímate oh!!!

  22. on 25 Nov 2010 at 10:02 p.m. 22.esKrapote said …

    Vaia putada!! Aquí todo dios fode máis ca min…

    Despois de ler estes últimos comentarios quedoume unha cousa clara. Menos mal que o avogado defensor non participou na porra, porque íbamos todos ó carallo, iba pillar unha boa moca de cacique á nosa saúde.

    Pero alégrate home, avogado!! Deixa que a xente fale, opine…