Natureza &Património 08 Xul 2010 12:05 p.m.

DESFEITOS OS CAMIÑOS DO MONTE DA MEDA

Este inverno pasado os fraghueiros (madeiristas) estiveron cortando nos alcolitos nos montes  da Pedra  da Meda en Soandres e Montemaor, e devido as choivas e a maquinaria que utilizan para quitar a madeira os camiños quedaron todos  desfeitos. Cheghou o verán e os camiños seguen sen amañar. E normal que teñan que sacar a madeira dos montes, pero o que non é normal e que desfaghan os carreiros e logho nos aranxen. Mentres ninghén se fagha cargho  de facelos transitables ( concello ou fraghueiros?) por alí non hai quen pase. Ademais de desfacer os camiños, tamén deixaron alí tirados moreas de latas de bebidas, botellas de plástico e latas de aceites e ghasolina ( algho moi común en eles), cometendo un delito ecolóxico nunha zona de nacemento de fontes.

A Pedra da Meda é a extrema de Soandres e Montemaor, ademais de ser a zona máis alta de Soandres ( 547m.). Alí tamén se divide a comarca de Ordes da de Berghantiños. A Pedra da Meda é unha fermosa pedra da que se contan ben contos-lendas.

No plan xeral do concello da Laracha aparece o lugar sinalado coma unha zona de posibles xacementos arqueolóxicos, i eu dou fe de iso. O concello fai algho o respecto??. NON.

Outro dia falarei deste monte máxico e as súas pedras.

2 ResponsesDESFEITOS OS CAMIÑOS DO MONTE DA MEDA to “”

  1. on 13 Xul 2010 at 3:09 p.m. 1.Pericám said …

    Estou desejando que contes as lendas da Pedra Meda! Vai dous territórios delimita, Ordes e Bergantinhos, terras bravas! xD

  2. on 26 Out 2010 at 1:52 p.m. 2.suGus said …

    Non vos preocupedes que o secretario do Cortello velará polo cumprimento da lei de regularización das plantacións e cortas do propio Cortello con celeridade, coma no caso da Grova, so levamos 3 anos escoitando que xa está a solucionarse o problema; mentres os pinos e eucaliptos medrando MENTIREIRO!!!