Património 02 Ago 2010 03:15 p.m.

DESAPARECE UNHA MEDORRA (dolmen) EN MONTEMAOR

Eu sospeito que é obra de unha banda orghanisada de irlandeses. Deduzo iso, xa que en Irlanda unha das fontes de riqueza do país é o turismo. Alí os turistas  a torrarse nas praias non van precisamente, se non máis ben a visitar e coñecer a súa cultura e sobre todo o seu patrimonio arqueolóxico ben conservado. E estes dixeron: “ Imos  a Galiza e traemos uns cantos dolmens, que alí téñenos a milleiros e  por riba destrúenos”. 

“Coñas” aparte, eu non sei se rir ou chorar. O patrimonio Larachés  sufre tódolos anos  aghresións de todo tipo, moitos de eles irreparables coma a destrución da Medorra do Outeiro en Montemaor, cataloghada e incluida no Plan Xeral da Laracha coa súa correpondente proteción. Pero a proteción pasana os políticos ghobernantes  do PP ben eu sei por onde.

Pero o que é pavero é que aghora estes “quixotescos personaxes” solicitan  a inclusión da Laracha no Parque do Meghalitismo, cando estes se negharan a facelo cando o ghrupo do BNGhaitas o propuxera. Ademais  de iso andan paseandose co director de patrimonio (exalcalde do PP de Carballo)  facendo o PARIPE e saindo na foto de rutina para ese xornal amigho e tan neutral chamado “ La Coz de Ghalisia” . Logho estes son os que falan de que hai que cumplir a lei, a constitución, o estado de dereito ou de maria-santisma… Se as súas leis se cumpliran estes terían que pasar alghún tempo en Teixeiro. Por certo da ghusto  ver coma a nova Xunta  pon a xente competente nos postos de patrimonio. Vaía fichaxe a do exalcalde de Carballo. Como xa dixen outra ves: “Sabe máis  o noso can de patrimonio ca todos estes xuntos”.

2 ResponsesDESAPARECE UNHA MEDORRA (dolmen) EN MONTEMAOR to “”

  1. on 03 Ago 2010 at 8:14 p.m. 1.galizalivre said …

    Destruem dólmen na Laracha
    Redacçom / O blogue anticaciquil O Cortelho da Laracha denuncia a destruiçom da Medorra do Outeiro, na paróquia de Monte Maior situada na serra do mesmo nome. O blogue acusa o alcalde do PP do total abandono a que tem submetido o património histórico do concelho da Laracha, contando numersosas agressons. A medorra -que alberga o dólmen no seu interior- estava catalogada e incluída no Plano Geral de Ordenaçom Municipal da Laracha com a sua correspondente protecçom, mas de pouco lhe serviu. D´O Cortelho criticam que estes “quixotescas personagens” solicitem agora a inclusom da Laracha no Parque de Megalitismo, quando antes se negaram a fazê-lo quando o BNG o propugera em pleno. Acusam também o actual Director de Património, e ex alcalde do PP de Carvalho de nom respeitar a própria Lei de Património e ser um incompetente.
    http://www.galizalivre.org/?q=noticia/02.08.2010/destruem-d-lmen-na-laracha

  2. on 25 Ago 2010 at 8:37 p.m. 2.estantia said …

    asi lles valgha de fosa comun