Escolas e escolantes 06 Ago 2010 10:13 a.m.

“A LETRA CON SANGHE ENTRA”

No Priorato, en Soandres hai unha pedra (monólito) que pon “ Soandres os seus devanceiros”. Na pedra recordan os nomes de varias persoas relacionadas coa parroquia. Ben, todas, todas, non eran persoas. Un era un animaliño, e del quero falar, do mestre “Barbeito” (Manuel Barbeito Ramos).

Aínda a dia de hoxe moitos dos que foron alumnos del, recordan a súa maneira de dar  escola e ostias tamén. Máis ben recordan esta última. O paisano tiña varios métodos de represión cos cativos. Unha era botarlle areón no chan e os rapaces que antes andaban con pantalón curto mandáballes poñerse de xeonllos  cos brazos en crus e cun libro en cada man. Outra maneira de poñer os rapaces en verghoña,  era leva-los para a escola do Vilar da Fragha, que era de rapazas. ( Os rapaces ían a escola a Vista Aleghre e as rapazas ao Vilar da Fragha). Alí deixábaos todo o día diante das rapazas para facer burla deles. A alghún tamén o ten castighado sen ir xantar a casa. Pero o castigho máis temido era “a vara”. O Barbeito mandáballes traer as varas aos rapaces. Ten mallado en alghúns cativos máis co labregho máis fero da parroquia os seus animais. Alghún ten botado días sen ir a escola da malleira que levara e non se poder poñer nin en pé. “Te tengo debajo de la muela”, dicíalles como ameaza e ala, erghuía a vara e a zoupar a man alzada.

Ate había alghúns pais que traían aos  fillos de lonxe, xa que o mestre tiña fama de ensinar ben, pero a verdade e que este tiña poucos coñecementos e aos pais que eran analfabetos xa lles parecía que sabía un mundo.

É incríbel que en Soandres  se lle fagha un monumento a esta besta escolante, pero polo visto aínda hai xente que bota de menos aqueles tempos de “A letra con sanghe entra”.

13 Responses“A LETRA CON SANGHE ENTRA” to “”

  1. on 07 Ago 2010 at 12:00 a.m. 1.braisinho said …

    Rercórdame a Fino, que daba escola en Peisaco e seica mandaba ós rapaces poñerse en fila e ir pasando para levar cada un a súa variada nas mans. Seica unha ves unhas cuantos escapáronlle pola ventá e mandou ó resto da clase detrás deles para pillalos.

    O de mandar os nenos para o colexio das nenas…que castigo máis doce…;-)

  2. on 08 Ago 2010 at 2:36 p.m. 2.Cochiquí said …

    Daquela o Fino ese foi outro animaliño da ensinanza. Tiñamos que facer unha lista de estes personaxes … ben seghuro que hai moitos máis.
    Mira ti o outro ghustouche o do castigho coas rapazas,hahaha.

  3. on 09 Ago 2010 at 8:45 p.m. 3.dalleavolta said …

    En Soandres non haberá a quen adicarlle monolitos carallo, mesmo podian facerlle un jrandismo a Manolo do Estanco jajaja

  4. on 09 Ago 2010 at 9:35 p.m. 4.Cochiquí said …

    A Manolo hai que facer-lle un “MANOLITO” máis ben, e ben ghrande, si señor.

  5. on 10 Ago 2010 at 10:15 p.m. 5.dalleavolta said …

    Manolo, alcalde da Laracha por ‘Unidade por Soandres’

  6. on 11 Ago 2010 at 11:52 a.m. 6.sodes moito said …

    a min doume escola Fino en Peisaco e nunca vin que fora un animaliño da ensinanza… Eque tamen habia cada personaje mais asilvestrado có carayo…parece que vivia nas cuadras co jando…joder¡¡¡ si non lle poñian educacion na casa mellor seria que se quedara nela e facelo salvaxe ali….

  7. on 15 Ago 2010 at 8:46 p.m. 7.Cochiquí said …

    Ei “Dalle a Volta” non o dubides, para face-lo como o Kaseiro non tes que ser un lumbreras. Manolo no facería peor.”Manolo do Estanco” para alcalde xa!!!

  8. on 15 Ago 2010 at 9:18 p.m. 8.Cochiquí said …

    Ola “como sodes”. Imos a ver, a min non me dou escola ese tal fino, non son de esa quinta supoño. Pero o que penso eu e que ninghún mestre lle ten que peghar a ninghún alumno. Por esa reghra de tres, cando un adulto fai unha infracción de trafico, tamén tería un Ghuarda e meterlle unha ostias o infractor. ( E infraccións facémolas todos). Se alghuén fai un ghaliñeiro na casa e non pide permiso o concello, tería que vir o alcalde e meterlle uns paus o veciño. Quen defrauda a facenda tería que vir un matón de parte de facenda a repartir uns sopapos……
    Se un mestre non val para dar escola que vaia apañar nas pinas. Os cativos sempre paghan o pato dos adultos. Ademais a educación comeza nas casas… en todo caso serían os pais os que deberán levar os sopapos…..
    Ghraciñas polo teu comentario. Podes comentar cando queiras e dar a túa opinión. Un saudo.

  9. on 18 Ago 2010 at 4:47 p.m. 9.paiaso said …

    Sobre Fino hai outra anécdota que me contaron. Cando mandou aos nenos nunha ocasión a recoller a esmola po Domund, estes chegaron cos cartos e díxolles “bueno, como habeis recaudado muy poco me los guardo yo para una caja de puros”.

  10. on 23 Ago 2010 at 8:15 p.m. 10.Roxo said …

    Teño sentido que un que lle leva moita idea levar o sobre do domund pola escola de Soandres é o crego. Non sei se eso é legal.

  11. on 25 Ago 2010 at 8:35 p.m. 11.estantia said …

    o sobre da domus que o meta no cu, que lle vaia pedir o porco depe e o priorato de toras

  12. on 23 Mar 2011 at 10:28 p.m. 12.ramonazo said …

    eu fun a escola do vilar da fraga empecei con cinco anos e medio.os das placas conocinos a todos a don david o medico que me recetou moita penicilina,o cura que me bautizou,a maestra doña jesusa que me ensinou as primeiras letras,e o fillo de puta do home, por unha malleira que me dou, que me deixou astas orellas mazadas,primeiro doume ca man e como cain despois dabame patadas ese era un bo mestre

  13. on 24 Mar 2011 at 11:18 a.m. 13.Cochiquí said …

    Ola ramonazo, benvido a caixa dos comentarios. Vaia recordo che deixou o mestre ese, por chamarlle de algunha maneira. Xa sabes podes comentar cando queiras e dara tua opinión sexa cal sexa.Saúdos.