Sen clasificar 20 Ago 2010 09:57 p.m.

Un DOBERMAN na “CAIXA GHALISIA” de TORÁS

Escoitamos queixas de un novo empreghado que trouxeron para a Caixa Ghalisia de Torás, e alí fomos a comprobar se as lerias que escoitaramos eran certas ou non. Dito e feito, os veciños estaban no certo. O fulano cun castelán moi refinado encarase e rechinalle os dentes a moita xente. Ate alghúns prefiren cambiar de fila ou perder a ves para que lles atenda a súa compañeira. Disque a este empreghado cambiárono por outro que levaba ben anos alí e que co cal os veciños estaban ben contentos. Os clientes critican que enriba que levan alí os cartos aínda lles falan mal. De feito alghún xa dixo que quitara de alí os cartos  e fora para a nova Caixa (catalana) que abriron na parroquia. Ou o director fai algho o respecto  ou val máis ghardar os cartos a antigha usanza, “Debaixo da bigha”. Pero non faghades coma o paisano que os meteu nunha caixa de cartón e os aghachou no pallote. Cando foi a por eles, xa llos rilaran os ratos. A quen se lle ocorre.

Xa sabedes, se non botan o Doberman, ghardade os cartos nas bighas!!

8 ResponsesUn DOBERMAN na “CAIXA GHALISIA” de TORÁS to “”

  1. on 23 Ago 2010 at 11:34 p.m. 1.dalleavolta said …

    O director tamén é un finolis de coidado, gente de la curuña que enlleja a la aldea y atolea. O que levaba moitos anos referidesvos a un que tiña barba e é calvo ? Creo que era bo paisano…

  2. on 24 Ago 2010 at 4:11 a.m. 2.elvispresli said …

    pois nada, haberalhe que levare un pouco pienso, affinity ou friskis ou algho deso…

  3. on 25 Ago 2010 at 12:48 p.m. 3.Cochiquí said …

    A este se no botan seghuro que un dia de estos vaille caer un rebolazo, dighovo-lo eu.Non é normal ir así de chulo po-la vida sen que che caía alghunha ostia ghratis. Boletos tenos de sobra… xo veremos.

  4. on 25 Ago 2010 at 8:32 p.m. 4.estantia said …

    OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA ,lo atenderemos con una sonrisa siempre, o un mordisco en su defecto .Que vaian tomar moito por onde se empezan os cestos

  5. on 25 Ago 2010 at 9:00 p.m. 5.dalleavolta said …

    escoitanse os berros xa dende fora ao pasar pola caixa xDDD

  6. on 31 Ago 2010 at 4:01 p.m. 6.O demo de Bichocuntín said …

    ¿Quén aposta conmigo?

    Aposto a que a este tipo o ascenden cagando hostias, esto é o que andan buscando os FUSTIGADORES MERCENARIOS que nos ultimos tempos abundan nesta CAIXA AMIGA.

    Xa se sabe DEUS OS DA E ELES SE AXUDAN PRA DAR POLO CU ÓS DEMAIS.

    SEÑOR…SEÑOR………..

  7. on 31 Ago 2010 at 5:38 p.m. 7.merlo said …

    Pero hai que entendelo,pode ser que leve moito tempo sen ir ás cadelas¡¡¡(anda á xaneira)
    E por iso cando vos fale mal hai que dicirlle:
    -a usted lo que le pasa es que anda a la ghanera,pero no lo tome conmigo.

  8. on 31 Ago 2010 at 8:32 p.m. 8.Cochiquí said …

    este aparte de mercenario non fode oh. O que había e que encirrarlle os cans. Ou quentalo …e o que lle pide o corpo.