Sen clasificar 07 Set 2010 11:34 a.m.

DE QUÉN É ESTA BOSTA?

                                                

                                                  BANDO            

                                     DO ARCALDE DA CARRACHA

 

Dende aghora “a nova ordenanza cívica”  prohibe as vacas caghar nos camiños e corredoiras públicas. O dono das infractoras vaille caer unha multa que se vai a caghar pola pata abaixo.

 

                                                O   ARCALDE

 

Aínda que parece unha “coña”, non o é. Estes do PP a cabeciña non lles da pra máis, que copiaron o pé da letra “ a nova ordenanza cívica” do concello de Castro Urdiales ( Cantabria ). Non sei porque non se “irmanaron” con estes e non cos ghavachos xa que lle gustaban tanto as súas leis.  Alí en Cantabria se cadra teñen ben ensinadas as vacas e caghan na corte antes de ir pros pastos.

Xa sabedes labreghos e labreghas, poñede a caghar as vacas ( ovellas, cabras, cochos…) antes de saír da casa, ou poñédelle un caldeiro no cu pra que non caghen nos camiños públicos, se non o arcalde vaivos meter un paquete.

7 ResponsesDE QUÉN É ESTA BOSTA? to “”

  1. on 08 Set 2010 at 11:30 p.m. 1.dalleavolta said …

    Pois vanse poñer as botas…quen verá a estes dous facendose pasar por CSI-Laracha ‘en busca de la bosta perdida’

  2. on 14 Set 2010 at 11:19 a.m. 2.bretema said …

    jajaja, xa me gustaría ver como recolle a merda e a analizan pa saber de quen é . O mellor probandoa saben de que leira comeron a herba, jajaj
    ¿ Farán oposicións pa cubrir esa plaza?

  3. on 14 Set 2010 at 11:46 a.m. 3.Cochiquí said …

    Quen sabe secadra fan e todo unha praza pra recolledor\a de bostas. Seghuro que xa teñen alghe pra ese posto.

  4. on 25 Out 2010 at 11:35 a.m. 4.suGus said …

    Gustaríame saber segundo a nova normativa de conductas cívicas, cál e a condena para o Alcalde e o séu desgoberno por pasarse a léi de prevención de incedios forestáis polo forro dos co… ou esto do civismo so e para o populacho?

  5. on 26 Out 2010 at 1:42 p.m. 5.gU said …

    Non sei pa que fan leis e normativas estes do PePe que desgobernan na Laracha, pois logo non as fan cumprir. MENOS AMIGUISMOS NA LARACHA! CACIKES!

  6. on 27 Out 2010 at 10:32 a.m. 6.CHI said …

    MENOS DEMAGOXIA E MAIS XUSTIZA NA GROVA. PePe NUNCA MÁIS!

  7. on 30 Out 2010 at 10:20 a.m. 7.suGus said …

    Manda hüevos, os corruptos estes dando leccións de civismo, empezade por barrer o CORTELLO porcos!!…