Sen clasificar 19 Set 2010 05:05 p.m.

CORRUPSIÓN EN CAIÓN

Vaia peliculón están a botar no cine. A “peli” discorre nunha vila mariñeira. Un dos casiques locais que é patrón maior da cofradia de mariñeiros da vila, que está confabulado co alcalde do consello, dan un “ ghran pelotaso urbanístico”. Venden terreos da cofradia coa escusa de que van para vivendas para os vesiños e o final resulta que é falso. O que se van a faser alí son vivendas para os ricos. O pelotaso é ben soado. Todo quisque fala del. Leria por aquí, leria por alá, pero só lerias. Daquela aparese como caído do seo o bo da “peli”. Un diretor dun xornal de Ghalisia que lles destapa o entramado que tiñan os corruptos e denúnsiaos a xustiza. Un peliculon, onde se pode ver corrupsión, visio, cochazos…faltan as tipas boismas, pero no ía ter todo. Ide a vela se podedes. Non vola perdades. É da produtora ghalegha “Juan-de-bros” e está nominada os premios do alprende do festival de Cans.

Máis información nas carteleiras:

http://www.sietecruces.com/asociacion/index.php

http://xornalgalicia.es/Article25961.phtml

8 ResponsesCORRUPSIÓN EN CAIÓN to “”

  1. on 20 Set 2010 at 12:14 p.m. 1.Ips said …

    Hahahaha, que bo!

  2. on 20 Set 2010 at 9:38 p.m. 2.dalleavolta said …

    quen é o do pelo blanco? o concelleirisimo por caión?

    O noso alcalde hoxe estará farto, que onte foi de enchenta co de coristanco á festa da pataca. Comer si que sabe carallo.

  3. on 21 Set 2010 at 1:06 p.m. 3.Cochiquí said …

    O do pelo branco é o patron maior de Caión.
    O arcalde ta que reventa…a papar que son dous días,hahaha

  4. on 21 Set 2010 at 8:52 p.m. 4.dalleavolta said …

    ahhh o evaristo lareo famoso, cando fora do prestixe ben que estaba a favor dos que mentiron e ben que lle dou polo cu os mariñeiros.

  5. on 21 Set 2010 at 9:35 p.m. 5.Pss said …

    Bos peixes si senhor…

  6. on 24 Set 2010 at 4:18 p.m. 6.Sebastián Armesto said …

    Por esta clase PPolítica, o estado caspañol caiu no ranking de corrupción a case un posto por ano nesta década. Agora compite con Botswana, literalmente:

    http://www.transparency.org/policy_research/surveys_indices/cpi/2009/cpi_2009_table

  7. on 24 Set 2010 at 6:33 p.m. 7.Cochiquí said …

    No ceu , imos de cú…- no ranking

  8. on 25 Out 2010 at 3:03 p.m. 8.suGus said …

    Non permitamos que o desgoberno do PePe nos leve a cabeza dos Concellos máis corruptos, non os votedes nas próximas municipáis, cambio de goberno XA!