Sen clasificar 24 Set 2010 01:51 p.m.

ROUBOS E TIMOS NA LARACHA

Os roubos non paran. En Montemaior  entraron nunha casa da Ferreira e leváronlle unha televisión destas novas, das planas oh. En Lestón tamén estes días pasados a outro veciño tamén lle levaron a caixa tonta. A un veciño de Peisaco entráronlle tamén na casa e disque  que lle levaron 600 ouros que tiña no peto do pantalón ( carallo pra xente que aghora xa non anda con catro pesos no peto). Tamén un veciño de Erboedo nos enviou unha mensaxe, informándonos dun roubo que alí houbo : “…hai novos roubos en Erboedo,una veciña saíu da casa as 11 da maña pra ir a farmacia na Laracha e voltou as 12 menos vinte cando chegou roubaranlle as xoias todas sen revolver nada e con a súa nai enferma na cama, comentase que ela sospeita do sobriño e do “pillagaliñas ” que o parecer son moi amigos…”

 Ei que carallo pasa na terra dos da Bocaneghra?, como carallo deixades que estes trepas rouben as patronas ?.  Noutra hora isto non pasaba. Eu douvos un consello. Collédelos e atádeslle os pes cunha corda e levádelos a Ponte do Nó . Logho tirádelos no río Ghrande ata que se lle laven ben esas malas ideas. Xa veredes como se lles cura a enfermidade da roubeta.

Hai un par de semanas andou pola parroquia de Lendo un fulano timando  a veciñanza facéndose pasar por un do butano e cambiándolle a ghoma da bombona. E ala paquetazo lle metia aos patróns.

Este mesmo, déuselle por ir facer a mesma operación a Estramil e claro o fulano non sabía onde se metía. Acabárono correndo  os veciños e veciñas cos ghavillos.  A quen se lle ocorre querer timar aos de Estramil, a xente máis brava da parroquia de Torás. Aí Estramil, lume cos timadores!!!

4 ResponsesROUBOS E TIMOS NA LARACHA to “”

  1. on 26 Set 2010 at 8:39 p.m. 1.anonimo said …

    teño unha nova interesante pa a proxima entrada.
    os desvios en lendo por culpa do poligono.nn contentos con cerrar unha carretera cortan 2 deixando os veciños da zona cun rodeo de 10 minutos por carreteras de cabras(ralli de terra), e vai para largo.
    ademais as escasas señalizacions atraen a moitos “turistas” extraviados conocendo lendo.
    saudos

  2. on 26 Set 2010 at 11:59 p.m. 2.dalleavolta said …

    Estramil ten o seu propio exercito xDD

  3. on 04 Nov 2010 at 3:36 p.m. 3.Táuntempomatón said …

    Non estou en absoluto de acordo con “anonimo”.Penso que ai que darlle as grazas o cortelho e a fcc (Fodendo Con Consentimento , do cortelho claro está)por que se preocupan por que a xente fagamos turismo rural, de ai que fixeran ese desvío de case 4 Km., ademais para que o pasemos ben “habilitaron dicho camino ” (palabras da Voz de Galicia) e fixeron un tipo Scalextrix e, por riba para darlle mais emoción puxeronlle ben grabilla para que o coller as curbas che dé un subidón de adrenalina.Eso si, algo que vexo mal e a señalización,e dicir : non hai; tes que levar un TON-TON ou un mapa porque igual vas a aparecer na “Pedra da Señora” ou no “Picoto da Estrela”.

  4. on 05 Nov 2010 at 2:47 p.m. 4.Cochiquí said …

    Ei nunca escoitara iso de FCC,hahaha, está ben eh.