Sen clasificar 27 Set 2010 02:11 p.m.

QUEN QUEIMOU A PISCINA DA CARRACHA??

É un secreto a voces. Hai un rumor que é ben coñecido por todos. O día que ardeu a piscina alghuén viu unha misteriosa sombra cunhas  ferramentas entrar na sauna, que foi onde se iniciou  o lume despois.  Casualidade da vida que eses días acabase a concesión da piscina. A sombra tamén a viron na piscina de Betanzos, e que casualidade, alí tamén o lume comezou pola sauna… En Santa Pomba, haberá 9 anos, cando rematou a concesión  hai quen aseghura que unha sombra queimou con ácido as tubarias, e tiveron que levantar a piscina enteira para poñer todas as tubarias. Será un mito, unha superstición, unha  crenza maldita  a visión de esta sombra. Hai quen aseghura que é tan certo que a teñen visto coma que ardeu a piscina. Estarán as piscinas enmeighadas?. Haberá que chamar a un cregho para exorcizalas? ( o de Soandres non que sae moi caro, mellor chamar o de Torás que cuns viños xa se apaña)

O outro día disque se escoitaban berros dentro, coma choros dun neno. O tío Manuel de Leborís  xa dixo que non eran berros se non que era unha ghata que ten Carballido que andaba toda quente a xaneira. Outros disque eran Psicofonias, a sombra que berraba de noite. Haberá que chamar os de Cuarto Milenio para que resolvan este misterio…..

8 ResponsesQUEN QUEIMOU A PISCINA DA CARRACHA?? to “”

  1. on 29 Set 2010 at 11:10 p.m. 1.dalleavolta said …

    jajajajajajjajaja diosss o da gata de carballido é boissimo jajajjaja non paro de rir

  2. on 22 Out 2010 at 4:58 p.m. 2.ALfurtivo said …

    Pois parece que o alcalde da Laracha se relaciona con empresarillos pantasmas, pois estes están tamén envoltos no incendio das caldeiras da piscina de Sada, que vai pra un ano pechada. DIOS LOS DA Y ELLOS SE EMPEÑAN EN JUNTARSE!

  3. on 25 Out 2010 at 1:02 p.m. 3.suGus said …

    Tedes para un anaco co peche da piscina, a ver se pra o 2012 con un pouco de sorte a reabrides.

  4. on 12 Nov 2010 at 2:12 p.m. 4.Conchinchina said …

    Pois agora se comenta que a empresa que gañou o concurso non se quere facer cargo da instalación nas condicións iniciáis do pliego, a ver que fai agora PEPE, que prometíu reabrir en Xaneiro.

  5. on 12 Nov 2010 at 3:16 p.m. 5.Cochiquí said …

    Que a colla o concello que é como tiña que ser. Tiñas razón, que a piscina para xaneiro non estaba nin de coña. Pras elecións , asi aproveitan e fan campaña.

  6. on 13 Nov 2010 at 1:08 p.m. 6.CHI said …

    Eu estou con vos, máis cooperativismo e asociacionismo e menos privatización con ánimo de lucro…

  7. on 03 Dec 2010 at 11:15 a.m. 7.Morcego said …

    POIS SE COMENTA QUE A VAN VOLVER A SACAR A CONCURSO, ¿¿CANTOS LEVAN XA??, SERVIZO OU NEGOCIO, QUE A PISCINA A PAGAMOS TODOS…

  8. on 04 Dec 2010 at 1:12 p.m. 8.Cochiquí said …

    A ver en que queda a cousa?. Ti xao dixeras.