Património 02 Out 2010 03:15 p.m.

PRANTAN ALCOLITOS NUN “FORNO DOS MOUROS” EN SOANDRES

Hai un mes xustamente, informabamos aquí da desaparición de unha medorra en Montemaor. A de hoxe non é moito mellor. A un dos Fornos dos Mouros de Soandres fixéronlle unha prantación de alcolitos enriba .  En maio o alcalde da Laracha pedía a inclusión de este e outros monumentos arqueolóxicos no Parque do Meghalitismo.

( http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/05/14/0003_8482536.htm )

E claro o xornal amigho “La coz de ghalisia” sácalle todo o que lle mandan os do PP. Pois tanto o señorito do sillón coma os reporteiros debían de espiñar un pouco as pernas  e mirar primeiro cal é o estado destes dolmens. Dende que se fixo o Plan Xeral da Laracha no 2003, ó patrimonio arqueolóxico sufriu unha animalada de aghresións e estes políticos que terían que protexelos non fa nada de nada.

Estes túmulos funerarios, a nosas pequenas pirámides, chegharon ate os nosos días despois de miles de anos e aghora nun abrir e pechar de ollos están a desaparecer. Que carallo nos está a pasar aos ghalaicos e ghalaicas?. Fomos un pobo que sempre respetou o noso pasado, o que nos deixaron os devanceiros. Proba de elo, os milleiros de restos ( castros, medorras, pedrafitas…) A nosa tribo sempre venerou a natureza, viviu con respeto  co medio. Hoxe desaparecen os bosques ghalaicos que antes eran culto para Nós, córtanse e quéimanse. Desaparecen especies que dende o longho dos tempos víronnos camiñar por esta terra, Ghaliza. E a nosa linghua….

Volvémonos avariciosos , soñadores de cartos rápidos, que importa o mañá…?, cando os anterghos nos deixaron para este mañá. Que lle deixaremos aos que veñen?

Este bloghe non durará tantos anos coma ten O Forno dos Mouros, máis mentres dure, aquí quedan os nomes de quen debían coidar que non desaparecera e non o fixeron. Poden poñer os seus nomes nunha placa no Forno dos Mouros que digha: “Quen deberon coidarte e non o fixeron. José Manuel  López  ( alcalde), José Ramón Martinez ( T. alcalde e ex-concelleiro de cultura) e Patricia Bello (concelleira de cultura)”

12 ResponsesPRANTAN ALCOLITOS NUN “FORNO DOS MOUROS” EN SOANDRES to “”

  1. on 04 Out 2010 at 6:07 p.m. 1.Santocan said …

    Que enterren os caciques eses no Forno dos Mouros

  2. on 05 Out 2010 at 1:43 p.m. 2.dalleavolta said …

    e mellor idea penduralos deses eucaliptos e tiralle pedras con tirachinas

  3. on 05 Out 2010 at 3:11 p.m. 3.Cochiquí said …

    De que parte do corpo dis ti de penduralos?

  4. on 05 Out 2010 at 11:47 p.m. 4.dalleavolta said …

    pois queria polos collons…pero claro, estos non os teñen !! alomenos no seu sitio…

  5. on 06 Out 2010 at 12:14 a.m. 5.luscofusco said …

    aquí o único decente é o moncho q o alcalde é un mamarracho

  6. on 06 Out 2010 at 11:20 p.m. 6.dalleavolta said …

    moncho es mucho

  7. on 07 Out 2010 at 10:09 a.m. 7.Cochiquí said …

    Moncho é Mucha ou Nucha?

  8. on 08 Out 2010 at 6:17 p.m. 8.elvispresli said …

    Vosotros también….que más os da cuatro piedras amoreadas del neolítico. Lo que tiene interés es el cemento, que es lo moderno y lo bonito, como hacer mesas y bancos en el coto de santa marta y ríos de lavar. No os parece una brillante idea recebar la fachada de la catedral de Santiago?? Hay que proponerselo a Feijoo, que no se como no se le ha ocurrido aún.

  9. on 09 Out 2010 at 8:21 p.m. 9.Cochiquí said …

    Ti dalle ideas… ainda son capaces de botarlle coteghran ou calquera material que hai aghora pras fachadas.

  10. on 12 Out 2010 at 2:30 p.m. 10.dalleavolta said …

    e os tabiques de pladur xD

  11. on 22 Out 2010 at 4:34 p.m. 11.GUs said …

    Que os caciques estes traian o Dolmen pra Grova e leven os eucalitros do lado da miña casa para Soandres ou pra diante do concello, que tamén han quedar moi ben. Por certo se os caciques sabedes ler tede coitadiño cando veñades pedir o voto a grova, non vos caia un pino na cabeza

  12. on 22 Out 2010 at 4:38 p.m. 12.GUs said …

    Larpeiros traede o Dolmen pra Grova e levadevos os eucalitros pa Soandres, ou pra diante do concello que tamén vos han quedar ben bonitos. Por certo tede coitadiño cando veñades a Grova polo voto, non vos caia un pino na cabeza. XUSTIZA NA GROVA!!!