Sen clasificar 06 Out 2010 02:30 p.m.

TRANSXÉNICOS EN CERCEDA

Hoxe imos sacar algho do cortello limítrofe de Cerceda ou tamén coñecido coma “ A Cochiqueira”.  Procuraremos non meternos moito cos arrabaldes do noso cortello, que ben nos abonda co que temos aquí.

Pois resulta que nun pleno as tres mulleres do BNGhaitas, pediron que Cerceda se declara “concello libre de transxénicos”, e que alí non se poideran prantar ou sementar, coma fixera días antes o concello de Mesía.

A moción só foi apoiada por estas tres concelleiras. Os do PPeido e os do PsoEspañol votaron en contra.

A contestación do arcalde, o tal Liñares, foi “que cada quen que prante nas súas leiras o que queira, menos marighuana e coca”. Que “pavero” o Liñares este. Aghora o fume da erva para el é peor que os fumes da merda que se queima alí. Mira ti oh, aghora os do pp e psoe daselles por colocarse con furanos, pcbs, dioxinas e transxénicos…e cubalibres tamén.

Na entrada de  Cerceda tiñan que poñer un letreiro que poña:

“Benvidos a Cochiqueira . Cortello da merda…e libre de marighuana nas beiras dos camiños”.

8 ResponsesTRANSXÉNICOS EN CERCEDA to “”

  1. on 06 Out 2010 at 11:23 p.m. 1.dalleavolta said …

    Iso non é do todo certo, cantos fardos que incautaban queimaban ali?? sin contar cos que se quedban para eles claro

  2. on 07 Out 2010 at 10:07 a.m. 2.Cochiquí said …

    Canta razón tes Dalleavolta

  3. on 10 Out 2010 at 2:24 a.m. 3.merlo said …

    vos tamen,se non hai nada mais natural que un tomate que parece un melon.o que tiña que haber era marighuana transgenica,mecagho en dios,que foran como palmeras….jjajaja

  4. on 11 Out 2010 at 11:10 a.m. 4.Cochiquí said …

    Xa merliño , xa sei quen dis ti… coghollos coma un mundo… non hai coma o natural oh

  5. on 11 Out 2010 at 7:49 p.m. 5.marcelinho said …

    O artigho tá ben, pero ten un fallo: o BNG ten dúas concelleiras e un concelleiro, que aínda que é melenudo, é home.

  6. on 11 Out 2010 at 8:38 p.m. 6.Cochiquí said …

    Carallo sera polo pelaso polo que pensamos que eran tres.

  7. on 29 Out 2010 at 4:12 p.m. 7.cerzeda_blues said …

    Realmente Garcia Liñares está máis preocupado por que o carbón siga emporcando Cerceda e o mundo! Debe de ser a primeira vez que se tira aos camiños para reivindicar algo. Increible! Van andando para defender a Fenosa e Endesa mentras os directivos se rín no seu despacho. Ademáis serviralle para irse ao PP que é o seu sitio natural…ou para quedar de heroi!
    Desde logo que ademáis de ser un sinvergonza maleducado e intransixente e demagogo…é un corrupto e estafador!
    vaia tropa de politicos no poder na zona.
    Unha panda de “puteros” que xogan co traballo das prostitutas decentes argumentando que censurando a publicidade de sexo se solucionan os problemas de trata de persoas!!!! Eles que son habituales dos clubes!

  8. on 29 Out 2010 at 4:14 p.m. 8.undeaqui said …

    Mesmo hai acosadores na corporación do psoe! e Silvita la rancia que vai de güai! pobriña