Escolas e escolantes 29 Out 2010 02:35 p.m.

NOVO PROFE NO AGHRA DE LEBORÍS

A cousa non é de coña.  Esta nova Xunta dos PPes, co conto da “austeridade” teñen os rapaces do Aghra de Leborís  acurrados a moreas de estudantes na mesma clase, por mor de que lles faltan mestres.  Impórtalles un carallo o fracaso escolar e o futuro destes mozos e mozas. Disque non lles queren traer un novo mestre de matemáticas. E os PP da Laracha que?, seica tamén lles importa  un carallo?. Notase que os raparighos non votan. Iso si a “austeridade” ben sei eu por onde a pasan, porque  aghora para traer o PaPa ben que se ghastan máis de 3 millóns de Euros. Eu digho que para sacarlle partido os cartos que se van ghastar en traer a este, que podía polo menos vir de suplente do mestre de matemáticas mentres non traen un novo. Pero mellor pensado val a pena tar sen el non vaia ser o demo e se lle de por darlle máis ca mates…

13 ResponsesNOVO PROFE NO AGHRA DE LEBORÍS to “”

  1. on 29 Out 2010 at 5:11 p.m. 1.chucho said …

    parece mentira en pleno seculo XXI e case estamos no secula XVI.
    aqueles que queiran ensinanza de relixión que vaian a misa ou a igrexa, do mesmo xeito que nela (na igrexa) non se ensina nin física nin matemáticas nos centros educativos tampouco se ten porque ensinar relixión CATOLICA. Cos meus impostos estanlle a pagar a “profes” de relixión, e estamos nun pais LAICO o que a queira, repito que vai a catequese os domingos.
    En canto a “viaxe do papa” que veña ou vaia a onde queira, pero o mesmo, que pague a viaxe a IGREXA CATOLICA non a administración cos nosos cartos, mentres según din estamos nunha crise tremenda.
    Por último, sinto ser tan pesado, se queren ensinar relixión na escola poderían empezar por:
    – O Concilio de Trento.
    – O Papel da Igrexa na II Guerra Mundial.
    – A Sta Inquisición.
    – Relación Igrexa- Franco: Condenados a morte,etc
    – O Mostesiros en Galicia na Idade Media: nº de terras, latifundios…
    – Ratzinger: cando era bispo
    – Pedofilia na igrexa

  2. on 30 Out 2010 at 12:29 a.m. 2.chucberri said …

    E logo que pasou?? Chegou un novo reaccionario?? Que ben que o fascista de Juan Carlos, profesor de Lengua Castellana que non deixaba entrar ás rapazas en falda e aos rapaces en pantalón curto nas súas clases até o punto de botar á xente fóra, e ridiculizaba o galego continuamente empregándoo só en palabras como “ignorantiños” “pobriños” e outros iños varios, xa terá un amigo. Xa poden ir tomar o café xuntos e dárse polo cú nos despachos (que os fachas son os máis viciosos, de rectos e castos e pudorosos nel de nel).

  3. on 31 Out 2010 at 5:53 p.m. 3.Cochiquí said …

    ISTO ESTÁ ABERTO A TODOLOS COMENTARIOS QUE QUEIRADES POR MOI LONGHOS QUE SEXAN. SAUDOS OS DOUS.

  4. on 31 Out 2010 at 8:56 p.m. 4.estantia said …

    o neghocio xa lles ta durando de mais os do esprito sant e a blanca paloma, tiñan que ir todos pa cadea polo mal que fixeron no mundo,as gherras que probocaron e mais ainda x se aprobeitar dos nenos, morte as relixions xa !!!

  5. on 02 Nov 2010 at 11:07 a.m. 5.Cochiquí said …

    O neghosio aínda non se lles remata estes dias oh!!

  6. on 04 Nov 2010 at 1:47 p.m. 6.Táuntempomatón said …

    Unha pregunta,¿e para que nos preocupamos tanto dun profesor de matemáticas cando xa temos unha de E.Física e de E.Plástica que vale por 10 ou 12, ou 13…::?.¿Ninguén escoitou falar da interfecta?.Creo que tendo a susodita profesora, dito sea de paso chámase Izía, penso que non hai que preocuparse se no Agra de Leboris hay un profesor de matemáticas mais ou menos.

  7. on 05 Nov 2010 at 12:53 a.m. 7.esKrapote said …

    O que está claro é que esta crise está sendo a coartada perfecta para que “Frijolito” reparta os euros ó seu gusto persoal e ó dos seus amigos (e deben ser moi relixiosos). Que non hai profesores, a crise, que non hai noitebús, a crise, que non hai medios nas galescolas, a crise, que non hai axudas á dependencia, a crise… E despois para novos libros de texto en castelán, para licencias Microsoft, para a Iglesia, para publicidade… sobran cartos.

  8. on 05 Nov 2010 at 10:41 a.m. 8.Táuntempomatón said …

    Pois nada, xa estamos outra vez como onte, non me está facendo moita gracia esto de que me consideredes “correo basura”,jajaja.

  9. on 05 Nov 2010 at 11:05 a.m. 9.Cochiquí said …

    Eu penso que a culpa non é da crise senon do bipartito,hahaha. Se eles o fan mal e por mor dos que estaban antes… estes do PP

  10. on 06 Nov 2010 at 3:39 a.m. 10.fustigadora said …

    Temos o q merecemos!!!! q a xunta non lle importa gastarse a pasta co papa, pero para darlle os libros gratis os nenos…non hai pasta!! a igrexa esta libre de impostos, q mais ten…os españolitos xa nos sobra.. e pagamos nos todo….
    en canto as clases de relixion….eu non sei ahi, pero donde son eu…sustituironse as clases de informatica polas de relixion (e fundamental nos tempos q corren q un sepa o catecismo antes que informatica)
    pero esta claro…si estan ahí é porque alguen que NON SON EU lles vota.

  11. on 06 Nov 2010 at 9:18 p.m. 11.Cochiquí said …

    Benvida ao mundo dos comentarios do cotello, “Fustighadora” do clero… ti pro ceo non vas oh. Con estes comentarios que fas, vas pro inferno de cabeza,hahaha.

  12. on 07 Nov 2010 at 11:18 p.m. 12.chucberri said …

    Canta razón, fustigadora, temos o que nos merecemos. Se manda o pior da clase política será porque unha parte da sociedade tén unha conciencia e pensamento nefastos. Éche o que hai…

  13. on 08 Nov 2010 at 10:02 p.m. 13.fustigadora said …

    jajajajajaja

    …eu xa non contaba ir para o ceo…..pero estou segura q verei moitos do clero ardendo a canda min!!!

    q cada santo cargue ca sua vela!!! (e algun ten un bo cirio)
    eu estou plenamente de acordo con Chucho, os feitos están ahí…