Memória Histórica 24 Nov 2009 02:42 p.m.

CARRERO BLANCO SUBEU O CEO EN CAIÓN

carrero blanco

Carrero Blanco subeu o ceo en Caión. Animaliño, sen tempo non era. Eu sempre pensei que estaba no inferno, este sucesor de Franco, pero non oh, non era así. Estaba no Purghatorio. Pois mira que lle meteron os da ETA un bo petardazo , debaixo do auto,  que lle debeu deixar o cu fino. Aínda que pasara  todos estes anos na cadea de Teixeiro, non ia ter  “a porta de atrás” tan furada.

As pregharias dos do BNGhaitas , por fin foron escoitadas. Mira que levaba anos pedindo a retirada dos nomes das rúas do  Cortello da Carracha, adicadas os Fascistas “Carrero Blanco” e a praza do “Generalísimo”. Disque o Kaseiro lles dicía:

-“Si oh, nos imos retirar os dos nosos  pra poñer os  dos vosos”.

E nada , o Espírito Santo, (que é moi bo rapas) baixou, e dixo:

AlaCarrerito”  vamos pro ceo que xa levas ben tempo aí colghado, e xa che pasoú a penitencia”.

Daquela colleu ó Almirante nas  mans, e levouno pro ceo. E colorín, colorado, este conto non está rematado. Aínda queda o ghran asasino colghado na praza do cortello da Carracha….. e a este cabrón tamén lle cheghará o seu San martiño.

Mais información en:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Ciudadanos/anonimos/retiran/placas/franquistas/pueblos/elpepiautgal/20091124elpgal_17/Tes

4 ResponsesCARRERO BLANCO SUBEU O CEO EN CAIÓN to “”

  1. on 01 Dec 2009 at 7:00 p.m. 1.Roxo said …

    Para min o nome de esas ruas é o reflexo da forma de pensar dos que están gobernando na Laracha.que se velen os que a quitaron que se ven outro 36, van quedar estrados polas cunetas.

  2. on 05 Dec 2009 at 11:49 a.m. 2.Excalibur said …

    Lo que más me preocupa es la pasividad de la gente, sobre todo de las nuevas generaciones. Que no saben lo que les rodea ni lo que sus abuelos o familiares vivieron con la dictadura. No saben cuáles son sus derechos ni obligaciones. Ni saben que ese derecho de poder votar a un partido o a otro en una democracia fue recuperado después de muchos sufrimientos, humillaciones, sangre e incluso la muerte. Pido a los maestros de historia que no solo inculquen fechas, o datos históricos. Si no que intenten despertar la curiosidad de los alumnos y preguntarles por su opinión y criterio sobre la dictadura. Explicarles que las obligaciones son a favor de todos y que hay metas en las que creer, y que con esfuerzo y pasión todo se alcanza en esta vida.

  3. on 13 Xan 2010 at 8:28 p.m. 3.O tirapedras said …

    Ao Estado Espanhol e á Galiza ainda nom chegou a democracia, ainda seguen os nomes nas ruas dos que nom respeitarom os direitos humanos, políticos… ainda seguem os nomes dos que mataban se nom pensavas coma eles. E todo grazas ao PP, o partido herdeiro do franquismo.
    Deducimos, pois, que o alcalde da Laracha é un franquista, un ditador, un cómplice de todos os assassinatos que se cometerom durante a ditadura franquista.
    Este individuo nom deveria dedicarse á política… todos os políticos deveriam passar un exame de democracia e, os que suspendessem, sacálos dos seus postos… estou seguro que ese alcalde nom passaria, nim coa ajuda do Feijoo, nin da conselheira do opus, nin coa da santa madre de deus.

  4. on 26 Feb 2011 at 12:44 a.m. 4.o cortelho da laracha » CONCELLEIRAS FRANQUISTAS NA LARACHA said …

    […] http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/2009/11/24/65/ ), pero a lei pasouna polo forro. Pero bueno alá el, hoxe non vai a ser o protagonista do artigo, […]