Sen clasificar 08 Nov 2010 05:10 p.m.

PERIGHO, FALSO APALPABARRIGHAS!!

Xa lle saíu un imitador ao noso Apalpabarrighas . Pero coidadiño este é moi perighoso. Disque foi visto por Santiagho de Compostela o sábado.Disque pertense a unha orghanisasión que ten dous mil anos de antighüidade , que van de humildes e son  dos máis ricos do mundo. Ghustan das riquezas, andan carghados de ouro…   e obre todo alghúns  ghustan de abusar sexualmente dos cativos. Estes casos de pederastia case nunca son castighados pola xustiza. A asociación esta sóelles dar protesión. As súas vítimas ghardan tamén silencio non sei se pola vergoña, ameasas… De feito algúns de estes “Falsos Apalpabarrighas”  din que eran os cativos  que lle pedía o corpo leña… Eu digho que hai que capalos. E que deixe de plaxiar ao noso ben querido  Apalpador, que non traerá ouro nin riquesas no Nadal  aos  nenos e nenas, tan só castañas quentes, pero e bo e querelle as crianzas.

12 ResponsesPERIGHO, FALSO APALPABARRIGHAS!! to “”

  1. on 09 Nov 2010 at 1:40 p.m. 1.O extranxeiro said …

    De casualidade urgando en internet, topei este blog que me parece interesante nalgúns comentarios e noutros a falta de cultura e educacion que ten algunha xente remexelle o estomágo a calquera. Non sei en que herba se inspira o dono do blog pero polo menos no Lemaire Coult (verdade que sa bes do que falo ).O tema do papa da moito que falar,non estou dacordo nos cartos que se gastaron pero taménm cando veñen os rollings e outros concertos a parte do ruido que fan tamén molestan e temonos que aguantar.Cos xuros dos galegos tamén se pagan a rotura de contenedores de lixo e mais non vexo que se critique, o bandalismo que hai cada fin de semana, as cagadas que hai dos cans nos parques e os nenos non poden ir xogar, bueno unha morea de cousas,.como dixen mais enriba hai cousas do blog que son moi interesantes, por exemplo o da abelhariza que hai no Formigueiro, pois eu ,MDC digoche donde ahi outra que e todo un espectáculo, parece mentira que non saibas dela eu pódoche decir onde está e fas un estudo porque segun teño entendido sabes moito de animais e plantas. Sobre outros artigos benqueridos compañeiros pódovos decir que son moi bos pero por exemplo sabes que cando falades do concello hai xente que non se pode meter no mesmo saco, que añinda ahi categorias…. A propósito sabe alguén donde se pode topar Mentha Suaveolens…

  2. on 09 Nov 2010 at 10:00 p.m. 2.Cochiquí said …

    Boas “Urgador de internet”.Imos a ver por partes:
    – O bloghe e libre e cada cortelleiro pon o que quere.Xa que trouxeron ao Papa e aos lotes de pederastas, que ben seghuro que os habia alí no medio de todo o clero, tamén poideron traer a “Maria Santisma” para que nos esplicara cando perdiu a sua virxinidade co pombo ese. A ver se era un familiar de Pombo de Carballo, e Cristo o final vai a ser que era Moino
    – A herba … a alghun virialle ben fumar algho a ver se aleghraba algho a sua vida… a falta de sexo.
    -O Lemaire, ese era de Corcoesto?
    -O dos Rolling,das desfeitas dos contenedores, caghadas, etc, etc, eso dilo ti. Estamos nós a favor?
    – O da Abellariza tes que preghuntarllo o que escribiu eso, e a pranta esa tamén.
    -E por último, se non che ghusta algho dos comentario cos do consello podes criticalos, ou desmentilos por si pensas que son falsos.
    Saudos meu e benvido o mundo dos comentarios do Cortello da Laracha.

  3. on 10 Nov 2010 at 4:08 p.m. 3.Farda said …

    Gústame moito este blog e sempre que podo, vótolle un vistaciño. O que pasa ás veces é que as opinións son moi, como diría sin ofender a ninguén, un pouco extremas. Por exemplo agora mesmo Cochiquí. Ti abogas por que todo o mundo pode expresarse e dicir o que queira. O que pasa é que cando che comentan algo que non che gusta xa saltas coma un can dando a impresión de que ti es o posuidor da verdade do mundo e o que din os demáis non val un carallo porque o que dis ti é a verdade e punto. Xa sei que agora van a saltar o resto de cadeliños que te rodean e intentarán morderme ó igual ca ti cando leas isto, pero dame exactamente igual, seguirei lendo o blog porque me gusta aínda que as túas opinións con respecto ás dos demáis seguirei sin telas en conta xa que non és imparcial. Saudos a todos.

  4. on 10 Nov 2010 at 4:29 p.m. 4.Táuntempomatón said …

    Bueno, bueno, que teñamos paz.
    Efectivamente as maiores atrocidades que se cometeron na historia saíron da Igrexa,e por desgraza aínda se seguen a cometer, pero o mesmo ocurre con médicos, mestres, exército…e saen cada día cousas a luz que fan que se encolla o corpo.
    Efectivamente non se pode medir a todos polo mesmo raseiro,aínda que por desgraza a merda vese en todos os lados.
    Eso das cagadas dos cans, ¿non son os do cortello os que se deben de ocupar do tema?
    Categorias si que as hai,do 1 a 10, hai moito donde meterse.

    A min non me fai dano ningún o Papa, o que si me fai dano é toda a parafernalia que se monta o seu redor.

    E digo eu, para que queres a Mentha Suaveolens,tómate unha manzanilla ou mellor aínda, non abuses da Lemaire Coult.

  5. on 10 Nov 2010 at 9:12 p.m. 5.esKrapote said …

    Paréceme penoso que o Benedicto este e a súa pandilla de caciques ande paseando polo mundo a gastos pagos, e dicindo tonterías propias doutros tempos, creo que había relixiosos no medievo máis avanzados que este personaxe. Menos mal que hoxe en día a maioría da xente pode pensar líbremente e impórtalle pouco o que diga o papa e a igrexa.
    Pero máis penoso me parece que a clase política que goberna financie con millóns de euros de ateos, cristiáns, musulmáns, agnósticos… a visita do papa, e despois se recorten gastos en educación, investigación, sanidade, porque non chegan, mete medo a cousa!! E por riba ningún destes políticos ten o que hai que ter para contestarlle ó papa públicamente cando fala de laicismo agresivo e do acontecido na Segunda República. Igual deberíanlle explicar a Benedicto os privilexios que ten a igrexa actualmente en España, tamén, como actuou a Igrexa durante a dictadura. Non é tarefa do estado evanxelizar.
    Por certo, ninguén sabe se dende o Concello da Laracha fletaron buses para o evento? Porque normalmente para estes actos de gran peso político van todos en manada, facer bulto.

  6. on 11 Nov 2010 at 12:24 p.m. 6.Cochiquí said …

    Olá MCD, abelharizas há moitas, eu nom sei de todas elas. De qualquer forma nom sei de que abelhariza fala vostede, mais pode enviar umha foto, se quiser, ou escrever sobre isso, e mandar aqui sem poblema ocortelhodalaracha@gmail.com As abelharizas eram algo comum nos lares, mas nom só aquelas que estavam dentro das casas, há também no campo. A verdade é que existem algumhas que realmente som espetaculares, como vostede diz.
    A menta pode atopar-se em lugares que hoje estam abandonados, nas hortas(pomares). Era uma planta que se costumava ter na casa, como a erva Luisa,te bravo, mazela … mas nom deve ser confundida com “borraxa”.
    Que vaia bem

  7. on 11 Nov 2010 at 8:38 p.m. 7.Pericám said …

    Ánimo Cochiquí!

  8. on 12 Nov 2010 at 1:03 a.m. 8.Cochiquí said …

    Ola Farda. Aleghrámonos que che ghuste o bloge e que tamén faghas comentarios. A ver, falas de que non che ghustan os nosos comentarios, que non somos imparciais, de que sempre queremos a razón. Mira cada un\unha temos unha forma de pensar, e penso que aínda que nos trabuquemos, e ben seghuro que moitas veces nesta vida, cústanos dar o brazo a torcer, pero se hai que recoñecelo recoñecese. Que alghunha ves contestamos a alghúns comentarios bravamente, si é así. Máis creo que tamén contestamos a altura de cómo nos estaban a falar. De tódolos xeitos, se hai que mandar a alghuén a rañala mandase e xa está, ou ti non o fixeches nunca?. Se nos temos que morder a lingua xa non fariamos este bloghe. Ou temos que “darlle a razón coma os tolos” a cada un que non estea de acordo co que pensamos só porque fai comentarios . Nin a ninghuén que lle ghuste este bloghe nos ten que dar a razón, nin pensar da mesma maneira. Sería unha hipocrisía por parte de todos\as. Mira coñecín un cregho que lle ghustaba xoghar a partida e dicíame que cando xoghaban alghún caghábase en Deus e a acordábase de tódolos santos. Díxome que sabía que era unha forma de expresarse e non ía máis aló de unha expresión, unha forma de falar, que nunca llo tomaba a mal. Díghoche o mesmo, todo o mundo discute ou iso creo.
    Ti neste comentario dixeches:-“…saltas coma un can…”, “…o que din os demais non val un carallo…”, “…van saltar o resto dos cadeliños que te rodean e intentarán morderme igual ca ti…”. Dixeches o que pensabas e xa está. Por certo moi do país, e iso está ben. Ah e Cochiquí non salta coma un can, faino coma un cocho do país,hahaha. Ademais nunca, nunca, mandamos a ninghuén que lle ataque nos comentarios a alghén que estea encontra nosa. De feito nin coñecemos a maioría dos que fan os comentarios, e tamén queremos que sexa así.
    Ola Táuntempomatón , os teus comentarios seghen a ir para o caldeiro do lixo,hahaha. Vas ter que trocar o nome por outro, fai unha proba a ver se vai así.
    Saudos Pericam, Escarapote…

  9. on 12 Nov 2010 at 10:22 a.m. 9.Táuntempomatón said …

    ¡Boh!, ¿pero non me dixeches que che gustaba o nome?, non hai quen te entenda, jajaja.

  10. on 12 Nov 2010 at 3:15 p.m. 10.Cochiquí said …

    VAs ter que cambiar de tempo,hahaha. Si que é boisimo o teu nome. De todolos xeitos despoís aprobamoschos e xa está.Veña.

  11. on 15 Nov 2010 at 2:08 a.m. 11.braiszas said …

    Eu propoño a expropiación do Vaticano, a venda de todo o patrimonio da Igrexa (inmenso) e coa guita, que dá para moito, rematar coa fame en África e liberar aos miles de nenas prostituídas en diversos lugares do mundo, como Asia ou América Latina, por poñer só dous exemplos de boas causas nas que invertir todo o diñeiro desta inmensa secta de ladróns e corruptos.

    Quitar escolas e comedores,deixar de financiar libros de texto, que nen@s de preescolar teñan que percorrer hora e media de camiño en autobús antes de comezar a clase en aldeas nos Ancares ou o Courel, argumentando para todo isto que non hai cartos, e despois gastar o que se gastou en traer a este tipo é rirse do povo. Pero aquí xa estamos acostumados, espero que até 2013 nos pisen a todos ben a cabeza.

  12. on 15 Nov 2010 at 6:15 p.m. 12.Cochiquí said …

    Estamos de acorodo contigo Braiszas….