Sen clasificar 28 Nov 2010 04:25 p.m.

O PAPA-BÚS alternativa ao NOITE-BÚS

A semana pasada o PP da Laracha dixo que non quería que seghira  o noite-bus nun pleno do concello.  Ben seghuro que se fora asfaltarlle a eira  a alghún vello non estaban en contra, pero xa se sabe coma a xuventude non vota, e se vota, vota  o que lles mandan na casa, tíraslle da ghaita que a xente nova se mate polas corredoiras.  Custou , pero aghora que  a xente nova , e non tan nova se acostumara  a ir  e vir no noite bus de  festa van e quítanllo. A escusa e a famosa austeridade que prometeu o Feijoo cando entrou na xunta e bla,bla,bla…. De risa!!! Nós non sabemos se rir ou chorar. Acábanse de ghastar catro millóns de euros en traer o Papón por unhas  horas, e o noite bus que custaba 3 millóns e medio de euros todo o ano quítano… Coma dicía miña avoa ,“ me cagho no deus que os abatanou , son uns larpeiros”. Despois din que a xuventude ten vicio, e logho eles?. Eu preguntaríalles canto val para eles a vida da xente nova. Val menos de tres millóns e medio o ano?.

Nós propoñemos que para amortizar a  visita do Papón e matar dous paxaros dun tiro, reciclar o Papa-bus , e destinalo a recoller a rapazada para ir de festa. Que carallo, se se  paghou entre todos, que  se aproveite para ir a  de carallada as fins de semán.

18 ResponsesO PAPA-BÚS alternativa ao NOITE-BÚS to “”

  1. on 29 Nov 2010 at 9:57 p.m. 1.esKrapote said …

    Non me sorprende nada a votación no Concello. Se mañá Feixoo saca unha lei que diga que tódolos domingos as 8 da mañá se hai que tirar en pelotas no río de Gabenlle, estou segurísimo que os mesmos que votaron en contra do Noitebús, votarían que si. A cachola utilízana para o sombreiro e pouco máis. Eche unha pena o do Noitebús…

  2. on 30 Nov 2010 at 2:49 p.m. 2.avogado defensor said …

    Sí, certo é, e se Touriño gasta medio millón de euros por cada coche blindado que fai, que máis da? Xa se reciclará en Celsa pa que non se perda de todo.

    A verdade é que é incrible o poder que ten o PP da Laracha, van eles e quitan o Noitebús porque lle sal das pelotas, tou chegando a pensar que é o noso alcalde o que lle da as ordes a Feijoo, que carallo, dallas hasta o mamalón de ZP. Mándache nabo na Habana!!! Qué poderío!!!

  3. on 30 Nov 2010 at 9:54 p.m. 3.Cochiquí said …

    hahaha, tirarse o rio en ghavenlle as 8 da mañá e neste tempo… ti non des ideas meu.Estes din amén o que lle manda o partido, aínda que perxudique a rapazada. Xa se verán as consecuencias de quitar o noitebús. Saudos Eskarapote

  4. on 30 Nov 2010 at 10:04 p.m. 4.Cochiquí said …

    A ver Robin dos bosques, defensor dos caciques, pero que carallo dis?. Se Zp, se Touriño… podes falar tamén da filla do rei que lle saiu un ghrano no cu. O tema é que o PP da Laracha está a favor de que quiten o noitebús, ou non?. Desminteo se me enghano. O outro dia votarono nun pleno. Se coma ti dis, eles non son o que o quitan porque votan encontra da proposta para que non o quiten?.Saudos.

  5. on 30 Nov 2010 at 10:21 p.m. 5.esKrapote said …

    Eu aínda non mo podo crer, é contradictorio. Se fai pouco solicitaran dende o Concello novas rutas de Noitebús pola Laracha. Á hemeroteca remito a quen teña dúbidas (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/02/24/0003_8315065.htm).
    Nesta decisión non pensaron moito na xente nova do Concello.

  6. on 30 Nov 2010 at 10:53 p.m. 6.avogado defensor said …

    Tranquilo oh, non te me exaltes, que tou por pensar que a quen lle saiu o grano no cú foi a outro.

    O único que che digo é exactamente o que che dixen na anterior mensaxe, que saquen ou poñan o Noitebús non depende do Concello da Laracha, xa voten a favor ou en contra. Agora ben, ti sigue enmerdando o tema coma sempre, que a culpa toda é sempre do mesmo. Cando faga algo ben o alcalde avisa tamén, bueno claro, eso sería imposible porque pa ti sería coma dicir que onte o Madrid perdiu por culpa do árbitro.

  7. on 01 Dec 2010 at 1:53 a.m. 7.luscofusco said …

    creo que se quita o noitebus pero autorizase ás empresas a seguir con esas liñas algo lin por aí. o final será o mesmo pero máis caro digo eu. saúdos xente

  8. on 01 Dec 2010 at 12:30 p.m. 8.Táuntempomatón said …

    “Feijoo se pregunta si es «razonable» mantener líneas de autobuses nocturnas en líneas pensadas «para llevar a jóvenes a sitios de ocio en momentos de crisis» los fines de semana, cuando no las hay siquiera para que sus padres vayan a trabajar. En su opinión, «eso es una prestación adicional que no sería responsable mantener».”(LVdeG)
    E en cambio éste mismo señor parece ser que vai triplicar a axuda para que supostamente eses mesmos pais que non poden darlle 2,50€ os seus fillos para que paguen o noitebus ( que a todo esto non era gratis), vaian e se compren un coche.Axuda por suposto que logo hai que declarar a Facenda, que non pense nadie que é un regaliño.
    Supoño que a esto se refire Freixoo (Follazo) cando fala de “las ayudas que no tienen los papás para ir al trabajo”.
    Igual quere que eses pais lles compren un cochiño os fillos, para levantar o país, por que claro as ventas de coches caeron bastante, e que vaian no seu cochiño de cachondeo.
    No caso do Follazo entendoo porque non ten fillos, pero os altos cargos do PP da Laracha si os teñen, pero bueno igual eles non necesitan o noitebus, poden votar man de outro tipo de vehículo que poida haber por ali polo cortello.

  9. on 01 Dec 2010 at 1:52 p.m. 9.Táuntempomatón said …

    Outra cousiña.. ¿porque non quitan tamén os autobuses dos funcionarios?.
    Todo-los días saen da Coruña levando os pobriños dos funcionarios o seu posto de traballo en Santiago para que así cheguen relaxadiños e o mesmo tempo non gasten moito do seu sueldiño agora que lle lo recortaron.
    Meu Deus..¡canta razón tiña túa avoa!!!

  10. on 01 Dec 2010 at 2:18 p.m. 10.Cochiquí said …

    A ver Robín dos bosques, estou moi relaxada .Cando queiras de falar de coches blindados empeza polo de Carrero Blanco, ó que lle tedes adicada unha rúa en Caión.Podes seguir polos dous que tiña Fraga Iribarne na xunta,e así os que ti queiras.. ata Freixo ( ou fullazo como lle chama tauntempomatón).Ese non era o tema.Centrate.
    Danos a risa. Agora a según dis ti, o que se aproba nos plenos non val pra nada.Ou só ó que convén?. Se non val pra nada porque non apoiaron o noite-bús?Por certo fill@s altos cargos dos do PP van no noite-bús
    Se aos políticos lle poñen coches, paganlle dietas de desplazamentos,etc,etc,… pra ir ao chollo,cos soldos que teñen… e a rapazada aínda lle queren quitar o noite-bús.
    A xente nova fai ben loitar polo noitebús, e é xusto loitar por el, e por non morrer un sábado pola noite nun acidente de coche.
    E de falar ben do kaseiro, xa ten quen fale ben de el,que cos cartos de todos, coma por exemplo o periódico de la laracha o que lle dan ben pasta para facerse publicidade e falar ben del, por non decir outros medios.
    SAudos a tod@s e graciñass polos comentarios.

  11. on 01 Dec 2010 at 2:24 p.m. 11.Cochiquí said …

    Si que a tiña tauntempomatón, e tou de acordo co que dis.A ver a cantos traballadores, estudantes… lles poñen un bús pra desplazarse a conta de todos. Veña saudos.

  12. on 02 Dec 2010 at 12:11 a.m. 12.Johnny B. Good said …

    E que o de Frijolito é moito macho. Ten que desfacer todo o que fixo o bipartito senón non queda agusto. É unha boa maneria de gobernar, cando non tés outra idea que a de presentarse como “el galleguito bueno” diante da ala máis dura do PP de Madrid e foder aos que gobernas: desfás todo o que fixeron os que taban y a otra cosa mariposa. E a crise, qué gran excusa!
    Había que botalos a hostias se neste mundo xustiza houbera.

  13. on 02 Dec 2010 at 10:06 a.m. 13.avogado defensor said …

    A ver Cochiquiño, que agora xa somos íntimos e daquela voume permitir termos cariñosos. Eu estou bastante centrada.

    Está claro que o Noitebús foi unha idea caralluda, evitáronse moitos accidentes e moitas mortes, ata ahí ben, pero home, culpar desas mortes o Concello da Laracha xa me parece de traca. Digo eu que algo de culpa neses accidentes terá a xente non? Vén porque veña despistada, porque lle dea o drinking ou a outras sustancias estupefacientes, etc etc etc. Así a todo, a culpa das mortes que se vaian producir a partires de agora non lla botaredes ó alcalde da Laracha?

    Bueno ti sí, xa o sei, porque todo o malo que ocurre na túa rúa, na túa aldea, no teu concello, na túa provincia, na túa comunidade, no teu país, en Europa e ata diría no mundo enteiro é culpa do alcalde da Laracha.

    Saúdos.

  14. on 02 Dec 2010 at 12:32 p.m. 14.Cochiquí said …

    Ei jonni o Feixoo e bravismo….!!!
    Ei Avogado,… no mundo non é culpa del, creo, hahaha.
    Dende logo que o que se mata porque tomou de máis ou o que sexa, e por culpa do que ó fixo, e porsuposto que non ten que ver nin o alcalde nin… ata aí chegamos.
    O que sí e que se está a favor (el e o resto dos concelleiros do PP) ben por que se evitarian mortes da xuventude neste caso, porque non votan a favor de mantelo?.POrque teñen que facer o que lles manda o partido?. Terian que mirar polos vecciñ@s da Laracha e non polos intereses do seu partido , pensamos nós. Neste caso serian culpables indirectos.
    Saudos.

  15. on 02 Dec 2010 at 5:40 p.m. 15.abcdef said …

    QUE FÁCIL É FALAR SEN SABER. AQUÍ O CASO É ATIZARLLE Ó PP DA LARACHA E DA IGUAL SEXA CON MOTIVO OU NON. EN 1º LUGAR HAI QUE INFORMARSE UN POUQUIÑO ANTES DE LANZAR FALSEDADES COMO QUE SE VAI SUPRIMIR O NOITEBÚS.A XUNTA NON ELIMINA OS SERVICIOS DE NOITEBÚS, SIMPLEMENTE ESTÁ ESTUDIANDO CALES SON AS LIÑAS QUE REALMENTE FUNCIONAN, PORQUE NA ACTUALIDADE HAI LIÑAS QUE VERDADEIRAMENTE TEÑEN MOITO USO PERO TAMÉN HAI ALGUNHAS RUTAS CUNHA MEDIA DE VIAXEIROS CASE NULA, E COA ACTUAL SITUACIÓN ECONÓMICA PARÉCEME DO MÁIS LÓXICO.
    VEÑA VOS Ó VOSO, QUE SE VOS VE MOITO O PLUMERO: A VER CANDO SE VE ALGO A FAVOR DO PP NESTE BLOG. NIN NADIE FAI TODO TAN BEN PERO TAMPOUCO TAN MAL.

  16. on 03 Dec 2010 at 1:52 a.m. 16.Cochiquí said …

    Dende logho Abcde, nin ninghén o fai tan ben nin tan mal, en iso estamos de acordo. Pero nós non imos publicitar ao PP. Esa orghanización xa se fai publicidade e que se defenda ela
    Penso que haberá liñas que teñen pouca xente, e ben seghuro que se terían que suprimir alghunhas. Pero tamén quería matizar algho sobre isto. Nas aldeas ou lughares cada ves queda menos xuventude. Moita desta xuventude vai nestas liñas de noitebús. Non me parecería lóxico que a esta rapazada se lle quitara este medio de transporte, xa que pouco se fai por que a xuventude se quede no rural , como para sacarlle o pouco que teñen para ir a pasalo ben. En cambio rapaces coma os da Coruña teñen liñas de noitebús ata Vilalva,( e ben seghuro que van cheos os buses) cando teñen movida xa alí sen ter que ir ata Lugho.
    E no que dis que o PP non quere quitar o Noitebús….non sei,non sei. As declaracións de Freixoo non parecen dicir iso. O que está claro e que se hai unha resposta social, e sobre todo da xuventude, ben seghuro que o pensen antes de quitalo ou secadra non.
    SAudos

  17. on 03 Dec 2010 at 11:11 a.m. 17.Morcego said …

    Hoxe publica a Voz: La situación económico-financiera del Concello de A Laracha es «moi boa», según la conclusión del informe elaborado por la Diputación de A Coruña sobre las cuentas de los ayuntamientos de la provincia en el período 2006-2009. «Tamén se resalta -indican desde el gobierno municipal- que todas as magnitudes económicas e orzamentarias son positivas e presentan un resultado axeitado para un concello do tamaño da Laracha».
    El estudio se realizó en 73 municipios de menos de 20.000 habitantes -todos los de la Costa da Morte excepto el de Carballo-. Según destaca el ejecutivo larachés, su concello está entre los primeros en cuanto a remanente de tesorería o ahorro, y el propio presidente de la Diputación lo ha felicitado por su gestión económica.

    POIS QUE PAGUE O NOITEBÚS O CONCELLO E SE DEIXEN DE GARDAR OS CARTOS NA VIGA…

  18. on 04 Dec 2010 at 1:37 p.m. 18.esKrapote said …

    Estou con Morcego. Canto lle costarían un par de rutas de noitebús ó Concello? Pois menos dietas e máis servizos… xa que os amigos de Feixóo teñen cartos para pagar taxis.