Sen clasificar 03 Xan 2011 08:10 p.m.

Rouban a porta da traída de augas de Paiosaco

Aproveitando a noite levaron a porta da traída de augas de Paiosaco esta fin de semana. Sospeitase duns moinos que andan polas noites pola zona. Estes foron vistos as tantas da noite polos Bidueiros e polo Campo de Trixezo. Disque van nunha furgoneta branca (C15 ??). Será a mesma que intentou entrar no bar O Estanco de Soandres. Non sabemos. Ben seguro que hai máis roubos pola zona, pero moitas veces non son denunciados pola veciñanza. Tamén roubaron os parafusos das vías do tren no Cotaredo en soandres. Alí disque viron uns morenos que andan normalmente o ferro…

8 ResponsesRouban a porta da traída de augas de Paiosaco to “”

  1. on 03 Xan 2011 at 9:54 p.m. 1.fustogadora said …

    Calquera dis roubanbos no Cortello!! e q…xa non saben q roubarbos…q si unhas pedras, q si nas casas, q si os parafusos do ten, q si a porta….eu non sei q vai ser isto!!

  2. on 04 Xan 2011 at 5:05 p.m. 2.Cochiquí said …

    Fustighadora no cortelho xa rouban… pero os políticos. E o da porta non sei, non sei, pero pra min que son de Carballo…de Riba ou de Baixo, hahaha.

  3. on 04 Xan 2011 at 6:57 p.m. 3.avogado defensor said …

    Calquera día roubanvos da cama e non vos enterades, tede coidado!!!

    Que ben enlazas as frases cochiquí, pódete o subconsciente, en realidade querías dicir:

    Fustighadora, no cortelho de Carballo xa rouban… pero os políticos. E o da porta non sei, pero pra min que rouban os da pranta.. de Riba es os de Baixo, hahaha.

    Ai, ai, a ver se tedes máis sorte ahí, que este ano véxovolo fodido tamén. Evenciño xa vai todos os domingos a misa con Viña, rezan os 2 xuntiños: “Virgencita, virgencita, que nos quedemos como estamos” jaja.

  4. on 06 Xan 2011 at 2:36 p.m. 4.Cochiquí said …

    Vaia avoghado, quedouche a tiro o de Carballo,hahaha. Máis “pensa o ladrón que todos son da sua condición”. Ben seghuro que se rouba, pero non moito máis de cando estaba O Varela e o de Terra Ghalegha, dous Peperos de carallo. Canto ghanaba o Varela… disque un millón de pesetas como mínimo ao mes. E o de terra ghalegha unhas setecentas mil pesetas ao mes…Non teño nin dea do que cobra Evencio, pero o que si sei e que ten a mesma nómina de cando era mestre. E eso pareceme ser bastante humilde no mundo dos políticos. O que está claro e que as mans no lume nas metemos por ninghún. Canto cobra o alcalde da Laracha, o memmo que cobraba de mestre…PPero polo que sei nunca cheghou a exercer de mestre nin sacou as oposicións. Un fulano que era de esquerda galega, que mesmo andivo recollendo votos para o nacionalismo galego, e agora é un admirador do fascismo, proba de elo a praza do concello adicada a Franco. Un fulano que por non facer a mili metiuse no PP.Canto ghaña xa que ti o sabes podes decilo?.
    E o de ir a misa cada un e libre de faser o que queira.O que si duvido e que Evencio se reza, que reze en castelan…. non creo
    A todo esto a ver se cando comentemos, comentamos algho que teña que ver co post que corresponda. Un saudo

  5. on 12 Xan 2011 at 1:07 p.m. 5.avogado defensor said …

    La virgen, ti si que sabes, un pouco máis e me contas a biografía completa do noso alcalde. Oe, ¿ti non serás familia del? Incrible, a cabeza non che paaaaaaaara, juju. Saúdos pra ti tamén.

  6. on 14 Xan 2011 at 2:23 p.m. 6.Cochiquí said …

    Si que tocamos na familia, somos curmáns dun ghrano que ten no cu. Ei se che ghusta podesmos seghire coa bioghrafia … que da pra moito.

  7. on 14 Xan 2011 at 4:14 p.m. 7.Táuntempomatón said …

    ¿¿¿¿Elogo o alcalde da Laracha é mestre????
    ¿¿¿De verdade???

  8. on 15 Xan 2011 at 9:14 a.m. 8.Cochiquí said …

    Din iso que quitou a carreira de mestre, máis nunca exerceu. Dunha vez, cando eran as eleccións fixeronlle unha entrevista para A Coz de Ghalisia, e preguntaronlle se botaba de menos o seu traballo de docente?. O moi ipócrita respondeu que non, que o traballo no concello …bla,bla,bla. El nunca exerceu de mestre así que nunca ó poderá botar de menos.