Sen clasificar 04 Xan 2011 06:36 p.m.

O QUEIMA-PALLOTES

Xa informaramos aquí de que lle prenderan lume al alpacas de herba seca  e tamén a  unha chousa dunha veciña do Campo de Trixezo. Pouco tempo despois prendéronlle lume ao Coto de Trixezo.  Non hai moitos días queimáronlle a un veciño dos Bidueiros  uns rolos de herba seca, que tiña nun pallote na Brea da Alta de Soandres. Outro día queimaron un “contenedor “ da varredura en Bocixa. Tamén se fala que en Golmar queimaron outro pallote.  Moita casualidade de que lle prendan lume máis ou menos na mesma zona. Máis o paxaro que anda prendendo no lume vai caer… tarde ou cedo. E ademais de caer … vanlle caer … e ben delas. Porque os veciños xa están ata o carallo. A ninguén lle chove os cartos do ceo. Agora terán que mercar  máis herba para darlle o gando no inverno. As autoridades fan algo?. Si están nas tabernas controlando que ninguén se salte a lei do tabaco. Pois non hai que ser moi listos para dar co pirómano. Aquí imos dar algunhas pistas para pillalo,(aínda que no podemos probar xa que no vimos cos mistos nas mans… e ata que non se teña probas non se pode condenar … ) .

Ten nome dun personaxe da serie dos Simson. Fáltalle media fervedura… Non é de lonxe dos lumes.

Máis pistas para o vindeiro episodio.

4 ResponsesO QUEIMA-PALLOTES to “”

  1. on 08 Xan 2011 at 9:32 a.m. 1.Roxo said …

    Xa escoitei falar do tema,e pensase que é un de Montemaior.Podense decir nomes?

  2. on 10 Xan 2011 at 12:43 p.m. 2.Cochiquí said …

    Podes dar os nomes que queiras. De tódolos xeitos é mellor non acusar a ninghén ata que se esté ben seghuros. Saudos Roxo.

  3. on 17 Xan 2011 at 8:01 p.m. 3.O queima-palhotes da Laracha said …

    […] O queima-palhotes da Laracha ocortellodalaracha.blogaliza.org/2011/01/04/o-queima-pallote…  por bascombegz hai 2 segundos […]

  4. on 21 Xan 2011 at 2:07 p.m. 4.Cochiquí said …

    Outra`pista dete personaxe, ten un seat ib… de cor verm…