Clarisadas &Escolas e escolantes 15 Xan 2011 09:08 p.m.

IES Alcalde RAMA BECERRA

Esta é unha historia máis de caciqueo; unha historia, como outras moitas que se poderían contar, sobre aqueles que levan xa unha eternidade mandando na Laracha, eses da ghaviota, e do afán do seu xefe, antes tamén alcalde, por controlalo todo, por satisfacer a súa egolatría e pretensións mafiosas, coa inestimable colaboración de Monchinho de Xoios: o Enviado.

Hai xa doce ou trece anos, cando había que bautizar cun nome ao IES de A Laracha, convocárase unha reunión do Consello Escolar, máximo órgano de decisión do centro para que este decidiría cal ía ser o nome que ía levar aquel instituto que levaba un par de anos xa de funcionamento (e que caía a cachos e se lle inundaban as aulas). O Consello Escolar, para quen non o sepa, é o órgano onde se toman as decisións máis importantes que afectan a un centro educativo, e conta con representantes do profesorado, do alumnado, do resto do persoal (conserxes, limpadores, etc), dos pais e do concello, aínda que neste caso os representantes do concello e dos pais representabano mesmo, sendo unha soa voz en cada reunión, votando a favor das mesmas decisións e apoiando en cada reunión todo o que o alcalde de agora (antes concelleiro de cultura), mandaba. De feito, algún dos representantes dos pais viña ás reunións no coche do agora alcalde, signo inequívoco de que o concello, cando se anunciaban eleccións a representantes dos pais, tiña a uns cantos candidatos ao seu favor que conseguía que gañaran e ocuparan os postos reservados a representantes dos pais de alumnos no consello escolar, co fin de asegurar votos a favor das súas correntes de opinión e ter máis forza no Consello Escolar.

O caso foi, que, nunha iniciativa saída da dirección do centro, e co obxectivo de que todos e todas poideran participar dalgunha maneira na demoninación que levaría o que ata daquela era coñecido simplemente como IES de A Laracha, abriuse, un mes ou dos antes da reunión final na que se lle poría o nome, unha recollida de propostas anunciada entre o alumnado co fin de que o Consello Escolar escollera entre elas. Os alumnos entón comezaron a propoñer diferentes denominacións, como Agra de Leborís, Rosalía de Castro, e outros que o autor deste artigo xa non é quen de lembrar. Os do concello, que ben sabemos que o queren controlar todo, non souberon sin embargo que se abrira un prazo de recollida de propostas que se pecharía uns días antes da reunión definitiva na que o institituo quedaría definitivamente bautizado. Por aquel entón, xa o que fora concelleiro de cultura e represante do concello no Consello Escolar pasara a ser alcalde, e fora sustituído polo señor Monchiño de Xoios, que era o novo concelleiro de cultura e representante do caciquismo no Consello Escolar.

Antes das reunións, enviábase unha carta á casa a tódolos representantes dos diferentes colectivos coa orde do día, isto é, os puntos que se ían a tratar e, conseguintemente, os temas sobre os que se ía decidir. Os do concello, co Clariso xa na sombra, manexando fíos por detrás, e o que fora representante do concello no Consello Escolar xa de alcalde, enteráronse de que o punto principal da orde do día era a decisión sobre o nome que levaría o instituto, e, inocentes eles, descoñecedores de que houbera un proceso democrático de presentación de propostas, chegaron co seu nome para propoñer na mesma reunión, que non podía ser outro que o do alcalde vello: Alcalde Rama Becerra. Moncho de Xoios foi o encargado de presentar unha proposta que respondía ao más feroz caciquismo e á egolatría dese tipo mafioso que popularme é coñecido como O Clariso.

Chegado o momento da reunión, procedeuse a votar sobre os nomes que se postularan como propostas de posibles denominacións para o instituto, e ahí foi cando o señor Moncho de Xoios espuxo a súa proposta de Alcalde Rama Becerra, e tentou, por non ter tempo a manipular a reunión a gusto, que esta decisión se adiara, ante a perspectiva de que non había maneira posible de que a súa proposta tivera éxito. Algo tiña entre mans, algo que tiña que planificar e que na mesma reunión non era quen de levalo a cabo. Para empezar, a maioría dos profesores eran partidarios de votar xa sobre as propostas feitas de antemán, e repetían que o prazo de presentación de propostas estaba pechado e polo tanto había que votar sobre as xa existentes. Monchiño, visiblemente nervoso, acojonado, por dicilo dunha maneira máis clara e fiel ao seu estado, interrumpía constantemente, obviaba os argumentos dos demais, e tentaba forzar que a decisión sobre o nome do IES se pospuxera para outra reunión. Ao fin, e vendo que esa estratexia era un fracaso, o discurso mudou co fin de que a proposta Alcalde Rama Becerra fora aceptada na mesma reunión e puidera ser votada. Esperanza tiña, pois os tres representantes dos pais –un deles o actual concelleiro de obras- sabía que ían estar do seu lado, e sumado ao seu propio voto, eran catro votos á mesma denominación, sobre un conxunto de cinco ou seis propostos e dez ou doce persoas na reunión. Os profesores vían a xogada e a maioría eran contrarios a que se aceptara como proposta válida para votala, pero certa profesora alcumada “a conexa” polo alumnado, seguramente simpatizante dos da ghaviota, foi a primeira en pórse a favor de incluír Alcalde Rama Becerra nas propostas a votar: “Dejémosle, si al final los que tenemos que decidir somos nosotros”. Alguén, representante de alumnos por aquel entón, dixo que “que fixera ese tipo pola cultura, que vagaxe tiña para mercerse estar ao lado doutras propostas de personaxes relevantes da cultura”. Entón, puxo dacordo ao demais representantes de alumnos, que parecía que ao lonxe vían a xogada, para votar á mesma denominación, que era a que máis lóxica tiña: Agra de Leborís, por estar ubicado o insituto na zona coñecida como Leborís. Tamén a unha parte dos representantes dos profesores lles parecía a máis axeitada e orixinal, pois Rosalías de Castros ou nomes doutros escritores xa hai moitos centros educativos que se chaman así. Segundos antes de votar, a man alzada, a cara de Moncho era un poema: vermella, non controlaba os nervios, e inda sendo aceptada a súa proposta, insistía en que o mellor era posponer a decisión sobre o nome, erre que erre.

A votación levouse a cabo. Como era de esperar, os tres representantes dos pais e Moncho de Xoios votaron a favor de que o instituto se chamara Alcalde Rama Becerra. Os tres representantes de alumnos votaron a favor de Agra de Leborís, e sen mal non recorda quen esto escrebe, dous ou tres profesores tamén votaron a favor de tal proposta, co cal, o instituto foi bautizado aquel día con nome co que hoxe o coñecemos, que no fondo, é o máis lóxico. A cara de Moncho de Xoios, cobarde mandado, era dun tono voioláceo; non dicía verba, parecía perdido, seguramente abstraído nas presións que recibira para que o insituto levara o nome do mafioso do alcalde vello. Con final feliz, asistimos os que alí estivemos a unha maniobra bochornosa que, sin embargo, non nos estraña aos que estamos acostumados a saber como funcionan as cousas neste concello. Moncho, o cobarde chaqueteiro, foise co rabo entre as pernas, abochornado e avergoñado da súa propia actitude que provocaba unha mestura de noxo e vergoña allea, alucinación nunha parte dos profesores, que sin emabargo, non foron quen de respostarlle con contudencia e botar para atrás as súas pretensións. Os progres é o que teñen, ás veces, pasánse de tolerantes e rematan por rendirse ás pretensións do inimigo. Así imos como imos.

33 ResponsesIES Alcalde RAMA BECERRA to “”

  1. on 16 Xan 2011 at 10:09 a.m. 1.Eddie Cochram said …

    Deixade de metervos cos do Concelho. É umha injustiça que o instituto nom leve o nome do alcalde velho. Com todo o que fixo polos vecinhos da Laracha, conho. Quem sería o paiaso que escreveu isto?

  2. on 16 Xan 2011 at 3:00 p.m. 2.O. Mnh said …

    Grazas rapazes por manter-nos informados das maquinaçons desta banda de delinquentes que pretendem vender umha aparencia de governantes democraticos. Que saibam que por moito que se disfrazem o unico que dam e moito NOXO.
    Apertas

  3. on 16 Xan 2011 at 7:57 p.m. 3.A história de por quê o instituto da Laracha se chama assim said …

    […] A história de por quê o instituto da Laracha se chama assim ocortellodalaracha.blogaliza.org/2011/01/15/ies-alcalde-rama…  por bascombegz hai 2 segundos […]

  4. on 17 Xan 2011 at 12:53 a.m. 4.dalleavolta said …

    Fai uns anos escoitara dicir a un mestre unha historia sobre o nome do instituto, e tiña o recordo que fora unha decision polemica. Hoxe , grazas ao cortello sei como foi aquel bautizo dun nome que a min pareceme, orixinal, xusto e bonito.

    Tamén me sorprende que o nome de Rama Becerra non se extenderá á fabrica de pifanio, ao campo de futbol, ao polideportivo…asi como que non apostaran polo nome de I.E.S ‘ Francisco Franco’

  5. on 17 Xan 2011 at 12:12 p.m. 5.anonimo said …

    eddie cochram….
    O unico payaso que escribiu algo aqui eres ti, intenta non faltar o respeto a nadie.
    O gracioso do tema e que ata levan o caciquismo as urnas do istutito.

    pd:mira que non hay escritores, filosofos, pintores,etc que ten que levar o nome de rama becerra.
    ¡Nin que o pagara el¡

    aguante cortello da laracha
    bo traballo e viva a republica

  6. on 17 Xan 2011 at 3:23 p.m. 6.Cochiquí said …

    Anónimo benvido ao mundo dos comentarios do cortelho da Laracha e grasiñas polo teu comentario.De tódolos xeitos creo que o comentario de Eddie foi con retranca.
    Dalleavolta as pintadas sempre dan efecto. Miraremos as pintadas esas que dis ti.Saudos

  7. on 17 Xan 2011 at 3:31 p.m. 7.Táuntempomatón said …

    Home, tanpouco vexo porque se alporizaron tanto os do cortello porque o Alcalde Rama Becerra xa ten bastantes fontes co seu nome, jajaja,

  8. on 17 Xan 2011 at 3:47 p.m. 8.Cochiquí said …

    Táuntempomatón (mira que me ghusta o teu nome, jajaja)o clariso xa ten ata á lápida na praza co seu nome, e vese ben. Non será por por placas, jajaja. Saudos.

  9. on 17 Xan 2011 at 7:49 p.m. 9.Galeguzo said …

    Escachei a rir! Impagável documento!

  10. on 18 Xan 2011 at 12:02 a.m. 10.dalleavolta said …

    Mirade si ten placas, que fun ao Valle dos Caidos e habia unha placa que poñia ”este recinto foi inagurado en 1940 sendo alcalde XESUS RAMA BECERRA”

    bien jrande pa que se viera. Chamame a atencion que poña Xesus en troques de Jesus, ahi ainda foi fino.

    E non vos olvidedes do Clariso II de Comians

  11. on 18 Xan 2011 at 1:58 p.m. 11.Cochiquí said …

    No ceu, no val dos caidos tamén,hahaha. O Clariso II, é Ventura non?.

  12. on 18 Xan 2011 at 11:27 p.m. 12.dalleavolta said …

    jajaja si, Ventura aventura. A min pareceseme moito a Boris Yeltsin, outro bo cacique como el xD

  13. on 19 Xan 2011 at 12:22 a.m. 13.Eddie Cochram said …

    Dios, o Ventura ese sóame moitíssimo…tenho oído falar del cantidade já fai anos.
    Anónimo, nom fai falha pararse muito para ver que o meu comentário é ironía pura. Ademais, ti acreditas em que um simpatizante do Clariso ía escrever em galego reintegrado? Home, todo pode ser, pero…

  14. on 19 Xan 2011 at 11:38 a.m. 14.fustigadora said …

    un bó artigo!!!

    Pero lembro q cando eu era mais noviña chamabanlle de outro xeito….
    Chucho Pola Cucha!!!
    Lembradesvos??

  15. on 19 Xan 2011 at 12:04 p.m. 15.Cochiquí said …

    Ostia Fustighadora nós nunca escoitamos ese alcume, pero pode ser, aínda que o máis coñecido será sempre O Clariso. Non sei os anos que tes ti, secadra se es do tempo do Clariso pode que lle chamaran así de novo as rapasas. Disque era un can pras mozas, moita idea lle levaba ir picar nas dosnoutros, hahaha.

  16. on 19 Xan 2011 at 1:29 p.m. 16.Táuntempomatón said …

    ¿O Ventura ese non será un que sempre andaba cos pantalons polos nocelos?.Vaia personaxe!!!

  17. on 19 Xan 2011 at 9:04 p.m. 17.dalleavolta said …

    siiiiiiii ainda agora anda que parece un pelele,sempre cons dentes rechinados, por iso digo que se parece a Yeltsin

  18. on 20 Xan 2011 at 12:42 a.m. 18.Español said …

    !Esto es increible!. Una pandilla de niñatos a los que se les da por insultar y difamar a alguien que ni siquiera conocen. Esto hace unos cuantos años, cuando vosotros seguro que aún no nacierais, no pasaría, porque a la primera ya os estaban cayendo unas buenas ostias.
    En mi opinión, el instituto de Laracha bien podría haber llevado el nombre de Don Jesús, que mucho hizo por este ayuntamiento.Que tonteria es esa de ponerle nombres de escritores.Que cojones hicieron por el pueblo de Laracha me pregunto yo.Pandilla de iluminados…. respeto

  19. on 20 Xan 2011 at 1:48 p.m. 19.Táuntempomatón said …

    Español, mira, un pequeno apunte, se pides respeto tes que predicar co exemplo, e ti precisamente non o fas.
    Pasaches de ofrecernos “ostias” a todos, coma nos tempos de antes a dicir a maior tontería que escoitei en moito tempo de “que cojones hicieron los escritores por Laracha para ponerle su nombre a un Instituto?.Lembroche que é un I.E.S (Instituto de EDUCACIÓN Secundaria), por si non o sabes.
    A verdade é que nin sequera merece a pena comentar nada porque ti soíño te pos en evidencia e deixas ven clariño o que es.
    Só espero que ca xente que te rodea sexas un pouquiño máis respetuoso e non lles vaias a dar de ostias a mínima de cambio porque (grazas a Deus) como ti moi ben dis, xa non estamos nos tempos de antes.

  20. on 20 Xan 2011 at 11:32 p.m. 20.dalleavolta said …

    eu creo que este español falou en ton ironico eh

  21. on 21 Xan 2011 at 11:44 a.m. 21.Cochiquí said …

    Temos alghún problema cos comentarios e o bloge estes días, deveron-nós botar mal de ollo os do cortello ou o español este.Ou é alghuén de coña ou un pirado destes resentidos que bota de menos o Franquismo.Pero para mín debe de ser unha frustración sexual. Este fode pouco e de aí ven a sua xenreira e violencia. Ei español xa que non les moito, polo menos menea un pouco oh, que o que decian os creghos de que saían pelos nas mans e mentira,jajaja. AS ostias deixamolas pros creghos que lles ghusta ben dalas. Un saudo a todas e todos.

  22. on 21 Xan 2011 at 1:10 p.m. 22.estantia said …

    hai español español,se foses a escola de julito de cacheiro saberias que en el castellano se usan perifrasis verbales, ou ti es deses que dician “los pagaros de guadalagara” ,animaliño

  23. on 21 Xan 2011 at 10:52 p.m. 23.Cochiquí said …

    Ó Julito ese creo que era dos de “A Letra con Sanghe entra”, polo que teño sentido. A ver quen se anima a falar de el alghún día. Eu tamén creo que o español este e dos ghalegos reneghados.Ei meu que Franco xa hai que morreu…

  24. on 22 Xan 2011 at 4:04 p.m. 24.Roxo said …

    Eu flipo co comentario do español, pero en verdade existirá xente que pensará así. POr certo o do nome De Agra de Leborís, se mal non recordo, creo que fora Esteban, “Zanocas” o que o propuxera.

  25. on 24 Xan 2011 at 7:36 p.m. 25.O bo Moinante said …

    Parabéns ao que escreve todo isto. Mais parece ser que A Laracha está cheia de moinantes políticos… Som uns franquistas… isto nom é Europa, é o outro mundo, com todos os respeitos para os que estám nel.
    A ver, hai muito que fazer neste país… Hai que viaxar para saber onde estamos… somos do pior, sobre tudo, polos políticos que nos governan.

    Em Irlanda tenhem os retratos dos seus loitadores nos sitios de cerveja e música, aquí estamos apampados co futébol e as caralhadas da tele…

    Hai que espertar para sonhar e luitar!!

  26. on 25 Xan 2011 at 1:09 p.m. 26.Cochiquí said …

    Graciñas Bo moinante, A Laracha ou Galiza porsuposto que non son europa… son Sitio Distinto, coma dicia Antón Reixa. Saudos.

  27. on 25 Xan 2011 at 4:08 p.m. 27.Eddie Cochram said …

    O Español ese que vaia para Espanha coa súa merda de proclamas e conselhos. Por certo, creo que a proposta de IES Agra de Leborís fora do Estevo, si.

  28. on 25 Xan 2011 at 10:18 p.m. 28.chucho said …

    Poido dicir que o que se narra aqui é totalmente certo, seino de primeira man. aquel consello fora moi comentado algíns profesores daquela época sentiron vergoña allea e sentiron baixar aos anos máis escuros da nosa recente historia.
    Pero bueno, que se lle vai facer, a humildade é caracteristica dos homes sabios e xenerosos…

  29. on 26 Xan 2011 at 12:08 a.m. 29.Cercedil said …

    Non hai picho que piche na Laracha que non mereza 5 minutos de choio para arrancar as plácas RamallobBecerriles que nelas emporcan!
    Xa foderon a maioria das fontes convertindoas en mausoleos!
    Avante Cortelho!!!

  30. on 26 Xan 2011 at 11:43 a.m. 30.Cochiquí said …

    Eddie este máis que proclamar e dar consellos este quere repartir ostias.
    Chucho ser humilde non é o mesmo que deixar que te pisen.Eles smpre se aroveitaran de eso.
    Cercedil aí queda a tua proposta.A ver quen é o primeiro en tirar a primeira pedra…
    Saudos a todos e graciñas por comentar.
    Quen non estea de acordo tamén pode comentar es ser libre de dar a sua opinión. Saudos a todos e todas que visitades o bloge, que aínda que non se vexa reflexado nos comentarios, si ó é nas visitas.

  31. on 27 Xan 2011 at 11:15 a.m. 31.Morcego said …

    A voz publica:
    El gobierno de A Laracha rechaza la retirada de los símbolos franquistas
    El alcalde, José Manuel López Varela, le respondió que hacer cambios en los nombres de las calles, les supone a los vecinos tener que modificar los papeles de empadronamiento, remitir los cambios al Instituto Galego de Estatística, cambiar la documentación personal de los vecinos y también toda la referida a los vehículos «co conseguinte custe económico para as familias». El regidor se comprometió a efectuar los cambios tan pronto como sea posible. PERO DENDE CANDO LLE IMPORTAN OS VECIÑOS AOS CACIQUES ESTES. PAREDON CON ELES!!

  32. on 27 Xan 2011 at 9:47 p.m. 32.dalleavolta said …

    Pareceme unha actuacion tan simplista e hipocrita que non dou credo ao leido. Seguro que si houbera unha rua Santiago Carrillo, Casares Quiroga ou Manuel Azaña non haberia problemas en cambialas nin ter que facer papeleo e causar molestias

  33. on 28 Xan 2011 at 1:40 a.m. 33.merlo falso said …

    mecajo en dios,
    q somos animales¡¡¡
    Se cheja a pasar o do nome de rama becerro diante do MIÑATO no sitio de la Coneja,(NON QUEDAN NIN OS OSOS)
    SE LOS PAPA.
    Eso si,si xa latabamos co nome de agra de levoris,co nome INSTITUTO RAMA BECERRO,dijoche eu q nos daban ghanas de colgharnos a todos,pensando en ir cara alí¡¡¡ un saudo pra todos #gz