Sen clasificar 13 Feb 2011 04:04 p.m.

CONSTRUÇONS PANTASMA NA CALVELA – GOLMAR

Que agochara o paissano debaixo da saia? Quanto misterio … mira que 
mesmo se achegarom
a tomar nota a policia municipal e a garda civil do Seprona … e, 
como se lhe colheram
medo ao assunto, nada passou; ali seguiu tapado este anticipo de 
monumento a corruptela continuada,
ate que …
 
nom, nom, ilussos nom;  no cortelho sabem destas cousas mais nom lhes
estarrecem; fam como que nom vem, ademais nom hai nada que ver, nom? 
Bem tapado que esta
por todos lados e pola passividade ou complicidade dos que aspiram 
algum dia em ter participar tamem na ganga da
construçom pantasma. Seica che e de espabilado: para parvos, os que 
pidem pernissos e respeitam as normas.
 
A ver por que, hominhos coma istes, nom vam poder construir o que lhes 
pete, como lhes pete, quando lhes pete, ainda que seja zona de 
proteçom agricola na Calvela … Como se fora enriba dumha mamoa! Nom 
e del a leira, mais a auga, mais a cuneta, e as vistas … ? mais o 
que se lhe ponha por diante.
 
Mais o tempo soe ponher as cousas no seu sitio … e a natureça
botou-lhe abaixo o refaixo …. a ver se poidera botar outra mao para 
lhe tirar a careta aos
artistas que nom se vem na foto. Aos que se vem da-lhes igual, nom ha 
de haver careta que os faga
bons.
 
Os interssados em novas praticas arquitectonicas podedes passar a ver 
a evoluçom do monumento ao disparate urbanistico, e de balde. Seica os 
artistas decidirom retirar o que ficava de telom estes dias.
 
Bem mereceria umha placa dissas tam nossas e tradicionais do tipo “foi 
inaugurado as agachadas, pola comenencia duns poucos e coa beizom do 
grande cacique”.

31 ResponsesCONSTRUÇONS PANTASMA NA CALVELA – GOLMAR to “”

  1. on 14 Feb 2011 at 10:46 p.m. 1.dalleavolta said …

    jajajaja faime gracia o de querer tapar o galpon con sacos. No casco urban tamen poden facer asi, construir un edificio de 4 plantas sin licenza e tapalo con plastico de invernadoiro, e cando tea rematado , tachan tachan, edificio feito xD

  2. on 15 Feb 2011 at 11:02 a.m. 2.Cochiquí said …

    hahaha, tes razón Dalleavolta.Este polo que sentín é o caso dun votante do PP de Gholmar. No plan xeral tocoulle a leira non edificable e polo visto a el eso dalle igual. Os do concello miran para outro lado non vaia ser que perdan algún voto.Disque xa fixera obras na sua casa de Golmar sen contar con patrimonio,xa que vive ao lado da casa rectoral protexida por patrimonio.Conclusión de todo esto: Se es votante do PP fai o que queiras.Se non telo fodido.
    Saudos

  3. on 15 Feb 2011 at 3:17 p.m. 3.dalleavolta said …

    Non é que si es do PP podes facer o que queiras, si eres do PP aplicanche outra lei , a das republicas bananeras. Si eres da oposicion metenche un contencioso pola via do penal xD

  4. on 15 Feb 2011 at 4:43 p.m. 4.avogado defensor said …

    Incrible meu amigo Cochiquí (como xa temos trato permítome o luxo de publicar a nosa “amizade”), eres a hostia.

    Sempre me convences cos teus comentarios. Expolos con tal rotundidade que me teño que rendir á evidencia: “Este polo que sentín é o caso dun votante do PP de Gholmar.” Xa me queda máis claro e vindo de ti, como sei que corroboras sempre a información quedo moito máis tranquilo.
    Eu polo que sentín é o caso dun votante do partido pola legalización da María, de feito as veces penso que os artículos están escritos baixo os efectos dela.

    Un saúdo.

  5. on 15 Feb 2011 at 6:07 p.m. 5.fustigadora said …

    Ja,ja,ja,ja….vese q o avogado defensor non da puntada sin fio!!!
    …e q….cochiqui, como se che ocorre dicir esas cousas dos do PP, sin antes ir a falar o concello e CORROBORAR os datos? Co sinxelo q é falar cos concelleiros e co alcalde para que recoñezan q é certo q eles NON miran para outro lado, q o militante do seu partido TEN licencia de obras (nin falta q lle fai polo q se ve), en esa zoa na q clarisimamente PODESE obrar,( de feito, chega con ollalos edificios colindantes)
    o AVOGADO DEFENSOR faltoulle tempo para chamarlle a algun… FUMETA, pero en calquera caso…queda claro q o FUMA NON É EL.
    Xa hai un dito q di..”LA MIERDA ES BUENA, TANTOS MILES DE MOSCAS NO SE PUEDEN EQUIVOCAR”…e si non…
    para muestra un boton!!!

  6. on 15 Feb 2011 at 11:14 p.m. 6.dalleavolta said …

    Estaria interesante ter un censo dos militantes do PP e ver cantas irregularidades cometen.

  7. on 16 Feb 2011 at 11:16 a.m. 7.avogado defensor said …

    Bo día,

    Por alusións;

    Dito por cochiquí: “Este polo que sentín é o caso dun votante do PP de Gholmar.”

    Dito por avogado defensor: “Este polo que sentín é o caso dun votante do PP de Gholmar.” Xa me queda máis claro e vindo de ti, como sei que corroboras sempre a información quedo moito máis tranquilo.

    Dito por fustogadora: “cochiqui, como se che ocorre dicir esas cousas dos do PP, sin antes ir a falar o concello e CORROBORAR os datos?”

    Fustogadora, explícame que me perdín polo camiño e nen iba fumado nin intoxicado por outras sustancias psicotrópicas. Só fixen referencia a esta frase de cochiquí e digo eu: ¿Cómo o corrobora no Concello? ¿Ten o concello un listado cos votantes do PP? E daquela por pura lóxica filosofal, tal e como 2×2 son 4, 4 e 2 son 6, 6 e 2 son 8 e 8 16, ¿tedes vós un listado cos votantes do BNG? La virgen, pero vós sodes unha mina, xa sabedes a quen vota cada quen antes de que se celebren as eleccións. Fustogadora, chama xa mismo as empresas das encuestas esas, e dalle o resultado das eleccións de Maio na Laracha, contrátante fijo e, senon, alo menos de futurólog@ non terías prezo.

    Saúdos.

  8. on 16 Feb 2011 at 4:31 p.m. 8.avogado defensor said …

    Perdón polo erro de nick, pareciume ler fustogadora en vez de fustigadora.

    Un saúdo.

  9. on 17 Feb 2011 at 11:17 a.m. 9.ALfurtivo said …

    Non sei coma algunha xente pode xustificar aos caciques estes, ven lle irá tamén. Abaixo cos señores feudales e a idade media no Cortello da Laracha.

  10. on 17 Feb 2011 at 2:01 p.m. 10.avogado defensor said …

    Hola Alfurtivo,

    Entendo que o comentario vai por min.

    Eu tampouco entendo esa xustificación… ay sí, debe ser porque estamos nun Estado social e democrático de dereito, donde unha das premisas básicas da Constitución e a liberdade de expresión.

    Respeto a túa opinión, así como ti has de respetar a miña, e gracias pola túa preocupación de que tal me irá? A min vaime ben, ti que tal?

    Un saúdo.

  11. on 17 Feb 2011 at 7:56 p.m. 11.Cochiquí said …

    Fustigadora: Eu creo que me esta chamando fumeta, hahaha.TEs razón eh, aí vense claro as edifcacións…casas por todos lados, vaia engano o noso ao final a bio-construcción esa, vai estar en zona urbanizable,hahaha.
    Avoghadooooooooo:non me faghas rir oh. Ti nunca escoitaches eso de ” Ti vai facendo que se non denuncian ti podes facer o que queiras”…?
    E non é por defender a Fustigadora, que na coñezo de nada ( pero o seu nome é a ostia) pero listas de votantes hainas. Non hai máis que ver os probes dos mandados do PP ver que xente vota por uns e por outros.Cas suas listas apuntando. Mirando nas cabinas , disimuladamente as veces, que papeletas se moveron do sitio pra saber por quen votou a vitima. Saben a quen bota cada un e cada unha ( bueno de todos seguro que non pero dunha ghran maioria. POr certo haberá que facer unha porra para as elecións,non?. E con respecto ao Bnghaitas,non sei se teñen listas de votantes, pero eso será mellor preghuntarllo a eles.
    Saudos a todos, todas, e ghrasiñas por comentar.

  12. on 17 Feb 2011 at 11:02 p.m. 12.dalleavolta said …

    O das listas e o control de votantes do PP é totalmente certo, so tedes que estar na mesa electoral para ver o movemento que hai un dia de eleccions. Tamen se dan casos de chamadas de ‘ultima hora’ a votantes rezagados…e a maquinaria electoral do PP funciona asi, pero ala eles e os outros partidos, que se movan. Eu si teño unha compañia de telefonos, ou de chourizos tamen me moveria en busca de clientes, non?

  13. on 18 Feb 2011 at 11:37 a.m. 13.Cochiquí said …

    hahaha, aí falaches Dalleavolta. Máis claro auga

  14. on 21 Feb 2011 at 1:41 p.m. 14.fustigadora said …

    Bos dias Avogado “defensor”:
    Vexo q foches a escola e q aprendeches a tabla do 2!!!!, ainda que por esas explicacions coa tabla de multiplicar, dame que pensar que non superaches a primaria…pero tampouco pasa nada.. “como o falar non ten cancelas”…
    Voume poñer o teu “nivel” e explicarche as miñas palabras:
    Todo estaba “claramente escrito en un tono ironico”, pq ti eres o q sempre te consideras en posesion da verdade, e todolos demais, estamos enganados (segun ti).Comentabas que cochiqui nunca corrobora a sua informacion,pero eu referiame a q esta claro que no concello algo q esta prohibido non van admitir que se “permite facer”.
    E si esta prohibido..pq non vexo un precinto da policia? pq non se derruba eso? e q acaso ninguen o viu? levantouse eso nun dia?…E q si non se toman medidas, antes casos asi…esta claro q algo “pasa”.
    En canto a chamarlle “fumeta”, faltouche tempo tamen, pero vese q aqui fumamos todos nos , e colocaste ti!!, pq si non…moita explicacion para o deste caseto non hai…
    E por ultimo remato, decindoche que non concello no q habitamos, somos “4 gatos” (esto e unha expresion q quere decir q somos poucos), e coñecemonos todos…non fai falla unha lista nin dos do PP, nin do PSOE nin do BNG…repitoche…COÑECEMONOS TODOS!!

  15. on 22 Feb 2011 at 7:31 p.m. 15.avogado defensor said …

    Boa tarde.

    Pensas ben fustigadora, non pasei a primaria, acórdome porque cando aprendín a táboa do 2 ti estabas en “parvuliños” e non sabías sumar e ahí te quedaches ti tamén… pero tampouco pasa nada.. “como o falar non ten cancelas”…

    É imposible que te poñas ó meu nivel, queda xa explicado no párrafo anterior, para que imos a falar máis.

    A túa ironía resúltame sospeitosame “irónica”, e valla a redundancia. Está claro que sempre teño razón e estou sempre en posesión da verdade, xa sempre o expoño nos meus comentarios, son Deus todopoderoso e omnipotente, mándache carallo, non te me poñas de victimiña anda, non fai falla que cos teus comentarios me botes a xente enriba, que xa a teño en contra muller, ou que cres? que non sabía donde me metía cando comecei a escribir aquí, jajaja, non me fagas rir.

    Comentas: “eu referiame a q esta claro que no concello algo q esta prohibido non van admitir que se “permite facer”.” -> Ou carallete, seica caeches dun guindo ou qué? jaja, e que non o van reconocer nin no concello da Laracha, nin en ningún outro concello, nin en ningunha empresa, nin en lado ningún, ou sí? Ti sí, non me digas máis, jojo.

    Veña va, seguinte párrafo, parece mentira que me recrimines que non entendo o teu ton irónico e despois me saltes co de “fumeta”, coño muller, que tamén iba en plan ironía, a ver se foi que a ti explicároncho cun exemplo e a min con outro eso da ironía, o día que fuches ti a escola non fun eu e viceversa, ay ay, menuda es, jaja. Eu sempre tou colocado, hoxe máis porque teño que aguantar toda a túa parrafada e creme, teño que rirme de máis pa contestarche.

    E por último remato, coma ti, gracias por aclararme o da frase dos “4 gatos”, non cha coñecía, jojo, o concello moi moi grande non é, tes razón, pero de ahí a que coñezas a todo o mundo media un treito, o que hai é moita falsedade, eso sí… por moita xente que coñezas sempre cha poden meter doblada, hai un bo marxe de xente que lle pon cara de cordero degollado ó alcalde e despois vota a quen lle sal dos collóns usando o sobre do PP, así como haberá outros que lle rin as gracias a Sande e despois danlle polo cú.

    Por certo, ti a min coñécesme? Eu a ti non… 2 DESCOÑECIDOS… repítoche… 2 DESCOÑECIDOS!!

    Vai pola beira veña.

    Unha aperta.

  16. on 23 Feb 2011 at 1:58 a.m. 16.O Ghrilo said …

    Avogado, olvidaseche comentar alghun parrafo,non?

  17. on 23 Feb 2011 at 12:00 p.m. 17.Cochiquí said …

    A ver avoghado, que te enrrollas máis ca un novelo de lán e daslle voltas ao tema e non contestas nada. Vese qeu a ironia e a retranca de Fustighadora entendela a tua maneira ou na entendeches e penso que ben claro cho deixou.
    Dis que …moita falsedade na xente (ou creo entender eso) e que lle poñen unha cara por diante e logho votan aoutros… E logho que van morder ao Alcalde se non lle pensan votar?. Cada un pode falar co alcalde, saudalo e non ten por que votalo.Acaso teñen que pagar os favores?. Para ti eso é falsedade?. Estades moi enghanos ninghuen lle debe nada aos políticos. Acaso lle meteron unha pistola no peito para que se meteran na política. Os políticos teñen que ghovernar para todos e intentar facelo o mellor posible para todos, aínda que ao final o seu intento non ghuste ou non se demostre nas elecións. Falsedade é só ghovernar para os seu votantes, amighos… eso si que é falsedade.Falsedade e deixarlle facer o caseto ese ao votante do PP .Falsedade decirlle a xente que vote ao PP ( e esto tamén vai para calquera partido que faga o mesmo) que se entran outros que lles quitan as paghiñas aos vellos.Falsedade e carretar xente nas elecións , facer favores a conta do concello a cambio do voto;falsedade é coma fixo o teniente-alcalde o tal Moncho de Xoios ir pedindo o voto polas portas das casas despois dos atentados dos trens de Madrid, onde morreu tanta xente, co medo de perder votos ….. eso e moitas máis cousas son falsedade para min. Se ti defendes eso, pois ala ti. Mágoa que non haxa un pouquiño, só un pouquiño de humildade en xente coma os políticos (seguro que non todos) pero todo iria moito mellor. Ah, e outra cousa, e vai para os do PP ou calquera outro,pero en especial para os do PP da Laracha: vos pensades que o poder vos pertence por ghloria divina do espirito santo, coma os BORBÓNS, e non é así.Sabes, cando morra Fragha, vai haber vida…vai haber luz detras da porta do PP, non escuridade nen medo coma sempre sembrades. Se alguén é imprescindible neste mundo precisamente, non é un político.
    Un saudo.
    Ghrasiñas Grhilo por comentar e benvido ao cortello da Laracha

  18. on 24 Feb 2011 at 1:20 a.m. 18.fustigadora said …

    Querido “Letrado”:A ti vaiche a marcha!! jajajajaja

    Nótote algo “tenso”….xa ves q pq ti quedaras en primaria e eu en educacion infantil…non me enfado!!…eso si, na miña clase dabase mais educacion que na tua!!! (para mostra un boton)
    O q si me gustaria pedirche, e que manteñas un pouco as formas, pq tantas palabrotas….quedan moi feas..é nunha boca coma a tua….peor!!
    En canto a q che voto a xente enriba…eu creo q son as tuas “palabras” as q alporizan o personal…as miñas..só te alporizan a ti!!
    En canto a coñecernos….pelo oscuro, non moi alto…
    repitoche “coñecemonos todos”

    Meu pai sempre me ensinou que unha persoa ten que defender os seus puntos de vista con argumentos…q a falta de educacion e de respeto,non che vai a dar a razon !!….Todo o contrario…cando perdes as formas…perdes a razon!!
    Un saudo a todos e graciñas.

  19. on 24 Feb 2011 at 3:21 p.m. 19.avogado defensor said …

    Boa tarde.

    Donde perdín as formas? jajaja. Máis quixeras ti miña ruliña. Qué tou alporizado? Buff, alporizadísimo. Tou tenso, alporizado, son un maleducado, téñoas todas…

    Fustigadora: “En canto a coñecernos….pelo oscuro, non moi alto…
    repitoche “coñecemonos todos””. Faltouche dicirme o que me mide a pirola (uy perdón), que en clase de educación dixéronme pene, jajajajaja (para mostra 2 botóns, jaja).

  20. on 25 Feb 2011 at 12:44 a.m. 20.fustigadora said …

    Perdiches as formas expresandote de ese xeito tan vulgar…
    Non sei o q che mide…nin me importa, a verdade…pero seguro q pouco…xa sabes…dime de q presumes….
    jajajaajjaja

  21. on 25 Feb 2011 at 1:57 p.m. 21.avogado defensor said …

    Outra vez perdín as formas, caguental… pero se che dixen “pene”… non podo ser máis académico.

    Ei ei, que non presumín, non digas cousas que non dixen ruliña.

  22. on 26 Feb 2011 at 4:02 a.m. 22.Azu said …

    XDDDDDDDDD hay que joderse!!!!

    miremos o lado positivo….E o ben que lle veu a Cotelo vender eses palets de ladrillo!!?? polo menos o constructor de tamaña edificación gastou os cartos dandolle ganancia ós veciños! jajajaj

  23. on 26 Feb 2011 at 1:33 p.m. 23.fustigadora said …

    Deberias de voltar a leer o q escribes….ti eres de eses q din “donde digo, digo, digo..diego!….
    En canto as formas…sigo mantendo as miñas palabras;
    hai un dito q di “o q nace burro..nunca chegara a ser cabalo”…e a ti…vaiche o pelo!!!

  24. on 26 Feb 2011 at 4:02 p.m. 24.avogado defensor said …

    A ver miña ruliña, a frase correcta é: “donde dije digo, digo Diego…”

    Pero mecaguental, ¿tásme chamando burro?, cajonatosferina, mira que tas perdendo as túas grandiosas formas… aplícate el cuento.

    Hai outra canción que di: “el patio de mi casa es particular, cuando llueve se moja como los demás…”…e a ti… vaiche ó pelo.

    Bicos rula, xa sei que no fondo non podes vivir sin min (moi no fondo vale), jiji. Eu tamén te quero.

  25. on 26 Feb 2011 at 8:00 p.m. 25.LEOVIXILDO said …

    ><
    por moito k se estudie se nn se saben abrir os ollos, e veres o k pasa diante da tua cara…

  26. on 26 Feb 2011 at 8:07 p.m. 26.LEOVIXILDO said …

    ai xente k nn tivo a oportunidade de estudar(vellos do concello,por exemplo)e da gusto falar con eles,porque saben o que din.
    outros so din parrufadas
    sinto entrar tan critico,pero ai comentarios que me amolan e me ponhen de mala ostia
    as cousas claras e o chocolate mariño
    ;)saudos

  27. on 26 Feb 2011 at 8:53 p.m. 27.Cochiquí said …

    Saudos Lovixildo e benvido a caixa dos comentarios. Azu polo menos sempre se pode sacar algo bo de todo,hahaha, neste caso o vendedor dos materiais non ten culpa de nada.
    Fustigadora estivo moi ben eso do burro, aínda lle botei unhas risas, pero penso que xa que as vosas diferencias nas ides amañar aquí, debedes quedar para tomar algo, digo eu. Ti que pensas avogado?

  28. on 27 Feb 2011 at 4:17 p.m. 28.avogado defensor said …

    Boa tarde, xa sabes o que din Cochiquí… canto máis reñidos máis queridos.

    Se quedáramos ben seguro que non habíamos chegar a moito acordo, porque cada un defendería as súas ideas sen dar o brazo a torcer, pero canto menos sería un debate interesante, jaja.

    Saúdos.

  29. on 27 Feb 2011 at 4:29 p.m. 29.fustigadora said …

    Perdoa, olvidava q te quedaches na primaria….o dito de q o q nace burro nunca chegara a ser cabalo, quere decir, que por mais que te esforces en utilizar palabras “academicas”, sempre acabas perdendo as formas…
    Ti volta a leer os comentarios, de todos nós e os teus, e daraste conta como ninguen se expresa tan vulgarmente e con tantas faltas de respeto coma ti.
    E xa che dixen, q na tua boca mais, un funcionario do concello con esta leria….asi nos vai neste concello!!

  30. on 27 Feb 2011 at 10:45 p.m. 30.avogado defensor said …

    Jajajajaja, y vuelta la burra al trigo.

    E despois a min vaime a marcha, ela hostia e na máis, admiro a túa perseverancia.

    Que vulgar son Dios mío, e a pesar de todo síguesme querendo e mentándome en todos os teus comentarios. Sintes verdadeira paixón por min, estou abraiado.

    Ay fustigadoriña querida, quen me dera ser funcionario… se o fora non me metería contigo muller, correríamos un tupido velo e ala e esta conversa non tería sentido. Non ves que sendo funcionario importaríame unha “caca” (que senón chámasme vulgar) ser do pp, do psoe, do bng ou do plval (Partido pola Loita das Vacas da Laracha). Non te das conta que é un sinsentido o que dis? Pa que se vai meter un funcionario nestas verzas?

    Sabes o qué? Sí que teño unha curiosidade, teño a curiosidade de saber quen pensas que son, porque seguro que nos riríamos moito os dous (eu sobre todo). Desgranando este tema e xa que tampouco hai tantos funcionarios na Laracha, dime, porfa porfa porfa, quen cres que son? Acaso son José Sánchez? ou serei Fernando o tesorero? ou tal vez Miguel o secretario? ou pode que sexa Eduardo o interventor? qué máis funcionarios homes hai no concello da Laracha? Dime quen son deles, porfa porfa porfa.

    Bicos ruliña.

  31. on 28 Feb 2011 at 10:01 a.m. 31.avogado defensor said …

    Bueno, olvidábame duns funcionarios (que cabeza a miña), tamén podo ser un dos policías, quen son pa ti de todos eles?

    Fumando espero… á muller que eu quero.